Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2005.

02/05/2005

Fraude electoral en EEUU

fraud_esp.gifAs eleccións do ano 2000 foron amañadas para que saíse escolleito o candidato G.W. Bush, futuro dirixente do Imperio dos Estados Unidos de Norteamérica.
Cando as enquisas de todos os medios informativos daban como principal aspirante á presidencia estadounidense ó candidato do partido demócrata, Al Gore.
A Fox, canal moi influinte en EEUU, da cal o director é o irmán de Bush, deu outros resultados, o gañador sería G.W.Bush. Ditos resultados fixeron que o resto dos canais ratificasen, pedindo desculpas e reafirmando o dito (é sabido que os resultados que mostran as enquisas, soen ser determinantes nas eleccións posteriores).
Ademais, a encargada de levar a cabo o rexistro dos votos no estado de California, membra da organización Bush, impediu votar a 180.000 afroamericanos que poderían cambiar o resultado final, decantando a balanza en favor do candidato republicano .
As manifestación destes habitantes do estado de California non se fixeron esperar, e saíron ás rúas masivamente durante os días posteriores, recriminandolle o fraude electoral ó partido replublicano.
Ningún destes datos chegou a nós! Os informativos que se fartan a vomitarnos información partidista, non teñen afán de denuncia, e ocúltannos datos.
02/05/2005 10:36 Enlace permanente. Tema: EEUU Hay 3 comentarios.

05/05/2005

Máis protestas.

moore premio.jpgO escritor Ray Bradbury esixiu desculpas a Moore por "inspirarse " no título do seu romance Fahrenheit 451, un clásico da ciencia ficción que foi adaptado ó cine en 1966 por François Truffaut. Bradbury quere que o documental de Moore, titulado Fahrenheit 9/11, reciba un novo título.

A razón, segundo o escritor de 83 anos, é que Moore "non solicitou o meu permiso (...) Non é o seu romance, non é o seu título, polo que el non debeu ter feito isto". O romance de Bradbury, publicada en 1953, retrata unha sociedade futurista na que o corpo de bombeiros queima vivendas e bibliotecas para destruír os libros e evitar que a xente teña pensamentos independentes. O título da obra débese á temperatura á que arde o papel. Moore sinalou que Fahrenheit 9/11, que fai alusión aos atentados do 11-S en EEUU, é "a temperatura á que se queima a liberdade".

O seu filme, que gañou en maio o premio principal no Festival de Canns, denuncia que o goberno do presidente George W. Bush actuou en forma inepta antes dos atentados terroristas, e entón aproveitou o temor da xente cara ataques futuros para obter apoio cara a guerra contra o Iraque.

Bradbury, quen non vira o filme, dixo que chamou fai seis meses á compañía de Moore para protestar polo título. Sinalou que se lle prometera que Moore respondería ó seu chamado. A resposta chegou o sábado anterior, dixo Bradbury. Agregou que Moore lle dixo que estaba "avergoñado". "De pronto deuse conta de que deixara transcorrer demasiado tempo", considerou o escritor por teléfono dende a súa casa no vecindario de Cheviot Hills, Nos Anxos.

Bradbury, quen se considera independente, dixo que evitaría recorrer a un litixio, pois espera "amañar isto como cabaleiros, se el me dá a man, e me devolve o meu libro e o meu título".

Todo sexa polo recorte da liberdade de expresión.
05/05/2005 03:33 Enlace permanente. Tema: Michael Moore Hay 1 comentario.

06/05/2005

Proliferan as denuncias contra Michael Moore

michaelmoore_I.GUAPA.jpgA polémica segue acompañando ao cineasta Michael Moore. O seu último traballo, Fahrenheit 9/11, segue erguendo revolto en todo o mundo por multitude de razóns

Ademais, Moore tivo que defenderse de diversas acusacións no seu país pouco antes do estreo do documental. Por un lado, o lexislador republicano Mark Kennedy acusou a Moore de acurtar esceas das súas declaracións sobre a guerra no proceso de montaxe do filme porque non se axustaban á súa tese. Moore negou este feito.

Por outro lado, ante as acusacións de parcialidade, Moore tivo que explicar que o seu obxectivo é contribuír a que George Bush "deixe a casa branca (...) O meu filme é unha editorial e non pretendo que sexa un traballo de periodismo neutro e equilibrado". A pesar diso, asegura o director, os feitos presentados no documental son exactos.

Un grupo de conservadores denominado "Move America Forward" lanzou tamén unha campaña para que os propietarios de salas de cine renuncien a exhibir o filme, ó que consideran antiestadounidense. "É escandaloso dicir iso. Todo o que fago, e este filme en particular, proclama que eu amo a este país. Tento salvar ó país do que a administración Bush lle fixo".

Non sei cal é a vosa opinión, pero dende o meu punto de vista, en xente coma Michael Moore deben residir todas as nosas espranzas.

Menos mal que coas armas non se matan as palabras.
06/05/2005 03:18 Enlace permanente. Tema: Michael Moore Hay 1 comentario.

10/05/2005

Algunhas verdades sobre o 11-s.

bin_bush_$.jpgAs relacións do goberno Bush con Arabia Saudí foron sempre extraordinarias. En teoría o causante do 11s, o señor Bin Laden, é saudita, non?. Entón porque se deixou marchar, ou máis ben se invitou a abandoar o país á familia de Osama Bin Laden o día despois dos atentados?. Sen facerlles as preguntas previas, propias do paripé policial. Que se pensaría se Bill Clinton deixase marchar a familia do causante da matanza de Texas? A verdade e que sería unha incoherencia.
E convinte saber que nos EEUU un 7 ou 8 % do capital invertido é saudí, co cal, máis razóns para coidalos e mimalos, así como para buscar outros países culpables ós que poder atacar, deixando de lado ó que nun comezo, era o verdadeiramente importante, a vinganza contra o “terrorista” Bin Laden. Familia do cal, foi das máis enriquecidas logo do 11-s.
Cómpre saber de igual xeito, que no momento do “atentado”, as personailidades máis influintes non estaban no Wall Trade Center.Outra anécdota. Dise que se atopou un coche no aeroporto, no cal había un libro en musulmán, en plan, “manual para pilotar un avión”. A verdade e que semella ridículo que, dentro da estúpida moral estadounidense non teñan cabida feito como o de Janet Jackson, e si outros tan irracionais como os mencionados anteriormente.
Como remate, dicir que nada disto seria posíbel, sen un premeditado medo fomentado na poboación, que fixo crer que os EEUU era un país susceptíbel de ser atacado (alarma vermella, alarma laranxa...) A xente gastou moitos cartos en defensa, aumentado así, entre outras cousas, a venta de armas.
Considero que a mentira e a manipulación informativa, é unha constante na organización Bush.
10/05/2005 19:36 Enlace permanente. Tema: EEUU Hay 2 comentarios.

11/05/2005

Unha alternativa política.

izquierda revolucionaria.jpgA continuación algunhas propostas do partido PRT-Esquerda Revolucionaria, se vos interesa saber algo máis relcionado sobre este mundo, podedes visitar este websitewebsite.
PRT- ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización anticapitalista que loita polo transformazón socialista da sociedade.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA fundamentase no marxismo como ferramenta para a acción revolucionaria.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización internacionalista que busca a unidade dos traballadores e pobos por encima das fronteiras nacionais e culturais.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA loita ó lado dos pobos esmagados do chamado "III Mundo" contra o imperialismo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA sostén a necesidade de construír unha Internacional Obreira revolucionaria que unifique as loitas dos traballadores e os esmagados de todo o mundo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA oponse a todas as formas de explotación e opresión social, en particular, ás que sofren as mulleres e os xoves.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA defende que todas as loitas son, en realidade, a mesma loita por acabar co capitalismo, por iso apoiamos todas loitas progresistas.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA defende a acción de masas contra o fascismo e o nazismo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA oponse ó stalinismo xa que, representa unha concepción burocrática e autoritaria do socialismo, allea por completo ás ideas de Marx e Lenin.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización democrática que funciona segundo o principio da máis ampla liberdade na discusión e a máis firme unidade na acción.

Xuzgade vós mesmos, o artigo somentes tenta destacar que existen máis partidos que o PSOE ou o PP... existen alternativas políticas.
11/05/2005 05:41 Enlace permanente. Tema: A política Hay 1 comentario.

12/05/2005

Algún día tivemos outra bandeira...

viva a republica.jpgO 14 de abril de 1931, fai agora 70 anos, as rúas das principais cidades de España víanse asulagadas por un tremolar de bandeiras tricolores que celebraban a proclamazón da Segunda República, e trece días máis tarde o Goberno Provisional promulgaba un decreto que determinaba no seu artigo 1º a adopción como bandeira nacional da formada 'por tres bandas horizontais de igual ancho, sendo a vermella a superior, amarela a central e morada moura a inferior', unha disposición ratificada posteriormente pola nova Constitución. Con estas disposicións rompíase unha tradición bicolor que contaba xa con case século e medio de existencia.
A bandeira que a nova República adoptaba como propia, era a mesma que numerosos grupos republicanos -aínda que non todos- viñeran usando como alternativa á aprende roxigualda, identificada por eles coa monarquía, e polo tanto representaba unha idea de troco radical no sistema de goberno do país. A súa disposición en tres franxas de distinta cor estaba probabelmente influenciada pola tríada xacobina de ' Liberdade, Igualdade, Fraternidade ' que os revolucionarios franceses estenderan por toda Europa, pero a característica máis chamativa da nova aprende era a introducción da cor morada.

Dende o punto de vista político a bandeira tricolor representou durante a maior parte do século XIX, a idea dun troco radical que trouxese a España un réxime republicano na que as distintos pobos de España estivesen representados equitativamente.

En relación ó escudo, e para finalizar cunha nota local, dicir a título de curiosidade que un dos poucos exemplares que se conservan do escudo republicano coa coroa mural se atopa na comisaría da Policía Nacional de Alcalá. Despois de setenta anos, trátase dunha auténtico testemuña da nosa axitada historia.

Aaaaiii... algún día tivemos outra bandeira...
12/05/2005 03:37 Enlace permanente. Tema: O cine Hay 1 comentario.

13/05/2005

Loita pola supremacía mundial.

chinaComo era de esperar, o imperio dos Estados Unidos de Norteamérica, comeza a situarse estratexicamente nos ámbitos territorial e político, para o que será sen dúbida o grande enfrontamento pola supremacía mundial no século XXI: CHINA VS EEUU.

No que atinxe á situación territorial, cabe mencionar, o achegamento dos Estados Unidos á zona oriental, mediante a colonización de Afganistán e do Iraque, e a parece que próxima conquista de Irán.

Asemade, posicionáronse a favor de Taiwan, xunto con Xapón, no conflicto pola independencia que mantén con China.

Os próximos artigos tratarán máis fondamente este tema.
13/05/2005 22:49 Enlace permanente. Tema: EEUU Hay 2 comentarios.

15/05/2005

Os Séculos Escuros.

seculos escuros.jpgÓ final desta etapa medieval (s. XIV-XV), a máis gloriosa das nosas letras, o idioma e a literatura galega entran nun período de decadencia.

Diversos foron os factores que provocaron este progresivo declive;entre eles cabe salientar: o asentamento no noso país dunha nobreza estranxeira, Intransixente coa cultura e coa língua de Galicia, que vén substituír a unha nobreza galega derrotada tras apoia-los perdedores nas loitas dinásticas pola coroa de Castela, Pedro I e máis tarde(1475-1479) Xoana a Beltranexa; a ausencia dunha burquesía capaz de defende-los seus intereses e os do país; a diminución da poLoación; a perda de autonomía da Igrexa galega, etc.

Estes feitos e a crecente política centralista e intervencionista de Castela, afianzan gravemente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e impiden a consolidación do galego como língua literaria. Neste sistema centralizador aparece, xunto ó concepto de "Estado nacional", a necesidade de uniformización lingüística como factor de cohosión da nova estructura política.

Neste contexto político, a língua galega, durante o longo penodo de tres séculos —XVI, XVII e XV111, denominados SÉCULOS ESCUROS— estivo ausente dos usos escritos. En contraste con esta situación, outras variedades europeas, entre elas o castelán e o portugués, entran nun proceso de fixación e codificación, que lles confire a categoria de línguas de cultura. A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue a se-la vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación.

O exclusivo uso oral carrexou a dialectalización e a fragmentación do idioma e, xa que logo, a súa consideración como língua aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.

A nosa literatura queda así á marxe do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa escura das nosas letras co Século de Ouro da literatura castelá. Así e todo posuímos algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos dan unha mostra da língua da época. Paralelamente a este baleiro de literatura erudita, pervive a vea da lírica popular en forma de cantigas de berce, de cego, entroidos, adiviñas, lendas, romances, contos, farsas, etc. Moitos deles chegaron ata hoxe por transmisión oral.
15/05/2005 18:14 Enlace permanente. Tema: O galego Hay 1 comentario.

17/05/2005

FELICIDADES GALEGOS!

gz.jpgOs meus máis sentidos parabens galegos e non galegos solidarizados coa causa!!

...
(pendente decomplementar)
17/05/2005 15:12 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

Xesús Lorenzo Varela (La Habana, 1916 - Madrid 1978)

xesuslorenzov_01.jpgComo xa sabedes, este ano adicáselle o Día das Letras Galegas a Xesús Lorenza Varela, neste artigo figuran algunhas anecdotas da súa vida:

Paradigma de fillo de emigrantes, o nacemento de Xesús Lorenzo Varela está directamente vencellado ó fenómeno da emigración galega, xa que ven ó mundo no barco “La Navarre” que transportaba á súa familia desde Monterroro (Lugo) á Habana (Cuba). Era o 10 de agosto de 1916 cando Xosé Ramón Varela García, natural da parroquia de Fufín, e Perpetua Vázquez Ojea, de Lodoso, chegaban a Cuba co seu fillo recén nado á illa na que permanecen ata 1920 en que se trasladan a Buenos Aires (Arxentina).

No barrio de Nueva Pompeya transcorren os primeiros tempos da infancia de Lorenzo Varela que aínda neno regresa ó entorno rural de Monterroso que alterna con viaxes a Arxentina, para acabar instalándose en Lugo nos primeiros anos 30 para estudiar o Bacharelato. Son os anos de proclamación da República que espertan as inquedanzas políticas deste mozo que se achega ó ideario nacionalista durante un acto que celebra o Partido Galeguista o 22 de marzo de 1932 no Teatro Principal de Lugo coa asistencia de Castelao e Valentín Paz Andrade, entre outros. Contacto que o leva a participar da fundación o 11 de xaneiro de 1933 das Mocidades Galeguistas de Lugo con Ramón Piñeiro e outros compañeiros como Fernández del Riego, Xosé Velo, Celso Emilio Ferreiro ou Carvalho Calero. En Lugo tamén toma contacto e entabla amizade con Ánxel Fole que por entón editaba a revista esquerdista “Yunque”, e serán uns anos que marquen profundamente algunhas das súas creacións poéticas posteriores (poemas como ‘”Éramos tres irmáns” adicado á súa amizade con Fole e Ramón Piñeiro, ou “Lugo” adicado á cidade da súa xuventude e despertar político, o corroboran).
Na década dos 30 (1934) Xesús Lorenzo Varela abandona a cidade das murallas para estudiar Filosofía e Letras en Madrid onde contacta co gupo PAN (Poetas Andantes y Navegantes) que xurde do diálogo continuo dun grupo de amigos no café La Granja del Henar, e no que participan Rafael Dieste e Xosé Otero Espasandín. Este último chega a dirixir a revista literaria “Pan” creada en 1935, patrocinada polo irmán de Rafael Dieste, daquela cónsul de Uruguay e aglutinadora de colaboradores cos que Xesús Lorenzo Varela protaniza as Misións Pedagóxicas: considerada unha das páxinas máis brilantes da cultura republicana, este proxecto de dinamización cultural enmárcase nas reformas educativas da II República e o seu principal obxectivo era levar a cultura de xeito lúdico ós recunchos máis afastados dos centros culturais e educativos, tratanto ó tempo de dignifica-los valores da cultura tradicional rural
Esta etapa na biografía de Xesús Lorenzo interrómpese en 1936 co comezo da Guerra Civil española (1936-1939) na que ten unha participación activa, tanto no frente de loita como no ámbito cultural a favor da causa republicana. Logo de participar na constitución da Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura (creada en 1936 por personases como Rafael Dieste, José Bergamín, Rafael Alberti, Antonio Machado ou Federico García Lorca), e de ver condicionado o seu labor xornalístico que por aquel entón centraba as súas actividades creativas, Lorenzo Varela reacciona enrolándose como voluntario para loitar na fronte donde, desde comisario político, pasou a comandar unha brigada da 11 división e a afiliarse ó Partido Comunista.
Labor de combate e loita política que compaxina co xornalismo xa que escribe e dirixe distintas publicacións destinados á tropa en combate, como “El Mono azul” e “Hora de España”, e participa tamén nos volumes colectivos “Poetas en la España Leal” (1937) e “Homenaje de despedida a las Brigadas Internacionales” (1938).
Por estes anos (xullo de 1937) celébrase en Valencia o Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascistas., que se convertiu no máis importante da historia contemporánea pola asistencia de algúns dos escritores da época como Pablo Neruda, Nicolás Guillén, Ernest Hemingway, César Vallejo, Raúl González Tuñón, Octavio Paz, André Malraux, Lois Aragón, etc.
Un novo xiro na vida de Lorenzo Varela o marca o final da contienda civil. Logo de permanecer no campo de concentración de Saint Cyprien (en Francia), consigue embarcar en maio de 1939 rumbo ao exilio en México. De novo o mar de por medio marcan dous dos fenómenos máis importantes da historia española do século XX e da vida de Xesús Lorenzo: a emigración (a pegada atópase no seu nacemento chegando á Habana cos seus pais como emigrantes) e o exilio (derivado da súa actividade política e ós seus ideais a prol da República).
En Veracruz agárdano amigos como León Felipe, José Bergamín e Miguel Prieto que o axudan a retorma-la súa actividade literaria e xornalística chegando a co-dirixir as revistas “Romance” e “Taller”, entablando novas amistades como a de Octavio Paz que o integran na vida cultural mexicana. Unha vitalidade que lle leva a escribir o seu primeiro poemario individual: “Elegías españolas” (Editorial Guerra Literaria, 1940).
Esta primeira etapa no exilio remata en 1941 cando, tras unha breve estadía en Cuba , decide trasladarse de México a Arxentina onde reside seu pai (súa nai falece en 1944) e onde se atopa con vellos amigos da súa etapa madrileña como Rafael Dieste, e con outros galegos como Luis Seoane. O xornalismo e a tradución centran a súa actividade en Buenos Aires onde comeza unha intensa actividade intelectual permanecendo fiel ós seus ideais políticos. Neste ambiente publica en 1942 –e non exento de dificultades- “Torres de amor”, o seu máis extenso poemario en castelán escrito antes da súa chegada a Arxentina, e que conta cun limiar de Dieste e ilustracións de Seoane. Pero 1942 tamén se convirte nun ano clave na vida e obra de Xesús Lorenzo Varela pola súa participación na fundación da revista “De mar a mar”: unha publicación literaria na que se inclúe a poesía, a prosa ou a plástica. Trala desparición desta revista codirixe a quincenal “Correo Literario” (1943-1945) na que publica sete poemas en castelán e numerosos artigos, ás veces asinados co seu propio nome ou baixo o pseudónimo de Felipe Arcos Ruíz. Dos anos 40 son as tertulias no Café Tortoni onde entabla relación con outros intelectuais exiliados.
Na súa faceta de tradutor figuran traballos como a tradución de poemas de Aquilino Iglesia Alvariño, e traducións do portugués ao castelán como"Doña Flor y sus dos maridos" do escritor brasileiro Jorge Amado. Mentras, como creador literario cómpre reseñar “Ofrenda a los franceses”, sendo tamén un excelente crítico de arte e sen deixar de lado un dos fitos máis importantes do seu labor creativo: a publicación da súa primeira obra galega, “Catro poemas para catro grabados”, incluidos no álbum de litografías de Luis Seoane “María Pita e tres retratos medievales”. Corría o ano 1944, o mesmo do falecemento da súa nai, e case dez anos despois, en 1951, faise unha segunda edición destes poemas acompañados dunha tradución inglesa de William Sand, e da música do compositor Julián Bautista.
Lorenzo Varela compaxinaría durante estes anos a poesía con outras actividades creativas , con ensaios e xornalismo. Ademáis de codirixir con Luis Seoane entre xuño de 1946 e xullo de 1948 (logo da desaparición de “Correo Literario”) unha nova publicación: “Cabalgata”, e de colaborar nos xornais e revistas máis importantes de Arxentina (“Clarín", "El Mundo", "La Nación", "El Hogar", "Del Arte", "Sur", "Primera Plana"…), exerce o xornalismo radiofónico a través do programa “Hora Once” co fotógrafo Horacio Cóppola.
A súa militancia política tampouco quedará afastada da súa vida e desde a súa chegada a Bos Aires ao porteño barrio de Nueva Pompeya, Lorenzo Varela incorpórase á militancia política. Coa división do Partido Comunista de España en distintos sectores enfrontados, Lorenzo Varela toma a decisión de se distanciar desas liortas e comeza a militar no Partido Comunista Arxentino colaborando na Frente Cultural.
Pero será a vida sentimental de Xesús Lorenzo a que marque o tránsito dos anos 40 ós 50, xa que entre 1947 e 1952 reside en Montevideo onde entabla unha relación sentimental coa escritora Estela Canto que non chega a fructificar polo que decide regresar a Arxentina onde continúa coa poesía publicando “Lonxe”, en 1954Nesta década empezan a aparecer en Galicia algúns dos seus poemas que se publican en revistas da Galicia da posguerra (no número 11 de “Alba” aparece o poema “María Balteira”), e que Francisco Fernández del Riego inclúe na súa “Escolma da poesía galega IV. Os contemporáneos” , de 1955. Un ano no que Xesús Lorenzo coñece en Buenos Aires a Isaac Díaz Pardo do que se fará amigo e colaborador ata o seu falecemento.
E de novo a súa vida sentimental cobra protagonismo no paso dos 50 ós 60 xa que decide finalmente casar con Marika Gerstein –unha profesora de idiomas viúva e moi culta- en 1960. Con ela ten tres fillos –Hugo, Ariel e Fernando-, e con ela mantén as interesantes reunións que se celebraban na súa residencia con personaxes como León Felipe, Luis Cernuda, Rafael Alberti, Alberto Closas ou Ernesto Sábato. Os anos 60 son tamén importantes porque regresa por 15 días a España empregando unha licencia do xornal “La Razón” no que colabora e para comprobar as posibilidades reais dun retorno definitivo. Volta que non se produce, a pesar de que algúns dos seus amigos (Dieste, Seoane ou Díaz Pardo) sí deciden retornar. Esta década queda marcada por un descenso na producción poética de Xesús Lorenzo do que cómpre destacar a publicación en 1963 do poema “Homenaje a Picasso”, e do ensaio “Seoane o el arte sometido a la libertad”, de 1966, como signo do que será a súa actividade a partir dentón: atención ós compromisos dos amigos que espallan en libros e álbums boa parte da súa creación final.
Así se desenvolven as publicacións do poema “Cantiga nova que se chama cadea”, en 1970 (adicado a Xosé Luis Méndez Ferrín, entón encarcelado, e aparecido no primeiro e único número da revista “Cuco-Rei” editada por Seoane) ou o ensaio adicado á obra pictórica de Salvador Dalí (1971).
O tan ansiado regreso prodúcese en plena transición política española, acelerado pola situación política que se vivía en Arxentina (represión do dictador Videla tralo golpe de estado) e logo dunha viaxe por Europa: entre 1976 e a súa morte vive entre Galicia e Madrid matinando novos proxectos culturais pero nun ambiente de indiferencia e menosprecio cara a súa persoa. Só Xesús Alonso Montero e Ánxel Fole saúdan o seu regreso, e únicamente Díaz Pardo recolle o testigo dalgunha das súas iniciativas como a posta en marcha do Instituto Galego de Información que Lorenzo Varela concebía como instrumento de comunicación e recuperación da moderna historia de Galicia. A Galería Sargadelos de Madrid sería o seu refuxio: alí adicábase ás traducións e lembraba Arxentina.
Coa saúde debilitada, e véndose reducida a súa creación literaria a esporádicas colaboracións como os prólogos de libros de Paz-Andrade e Manuel Lueiro, Xesús Lorenzo Varela chega ó fin dos seus días sumido na soedade. Falece en Madrid o 25 de novembro de 1978, e os seus restos mortais son trasladados ó camposanto de San Martiño de Fufín, en Monterroso (Lugo), no ano 1981."
17/05/2005 21:23 Enlace permanente. Tema: O galego No hay comentarios. Comentar.

Historia do Día das Letras Galegas.

Cantares-Gallegos-i0n19067.jpgO 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución un Dia das Letras Galegas, unhha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

Máis don cuarto de seculo despois, celebrados días e dias das letras galeges, normalizada ou en camiño de normalizarse a situación cultural do noso Pais, é bo momento para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros (dos "SEÑORES DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías e minimos anacos da obra, para deixar constancia da honra que merecen estes galegos sobranceiros.
Comezamos con palabras de Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), que lembra aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.

Xa este primeiro ano se editou un libro, unha edición critica de CANTARES GALLEGOS realizada por Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinaria, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambentes populares.
Despois -a partir de entón- fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas adicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas, e hoxe está nun momento en que parece que responde xa ó que pretendiamos todos: Que a festa das Letras Galegas teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambentes minoritarios senón nos ambentes do pobo".

Texto do libro "Os Señores da Palabra". Editorial Ophiusa. Lugo. 1993
17/05/2005 03:39 Enlace permanente. Tema: O galego No hay comentarios. Comentar.

18/05/2005

Frases celebres II. NUNCA MÁIS!

haimotivo.jpgRecordades o afundimento do Prestige nas costas galegas? pois a continuación veredes algunhas frases que dixeron certos individuos, membros do goberno do noso país:

"Probabelmente o fuel non toque a costa galega"
(Asenio Fernández de Mesa, Delegado do Goberno, 14 de novembro)

"Xa pasou o perigo máis grave"
(Manuel Fraga, 15 de novembro)

"co Prestige a 60 millas o risco non é alto".
(Henrique López Veiga, Conselleiro de Pesca, 15 de novembro)

", a rápida intervención das autoridades españolas alonxando o barco das costas, fai que non temamos unha catástrofe ecolóxica, como aconteceu en outras ocasións, nin prevemos grandes problemas nas augas españolas nin para os recursos pesqueiros"
(Arias Cañete. Cidade Real, 16.11.02 )

"Todo o fuel que tiña que chegar á costa xa chegou"
(López Veiga, 17 de novembro)

"O petroleiro pido perder entre 3.000 e 4.000 toneladas de fuel".
(Fernández de Mesa, 19 de novembro)

"Se fai falla, volto a bañarme como en Pombares".
(Fraga, 21 de novembro)

"Afecta a unha parte importante Da Coruña, pero non é unha marea negra".
(Mariano Rajoy, 23 de novembro)

"A touro pasado todos acertamos por que lado se tira o penalti".
(Francisco Álvarez-Cascos, Ministro de Fomento, 26 de novembro)

"O vertido afecta a unha extensión moi importante, pero non é unha marea negra".
(Arias Cañete, 26 de novembro)

"Se alguén fala de descoordinación, que o demostre, e, se alguén é capaz de demostrar que é mellor que un petroleiro que se está a partir entre nun porto antes que ser quitado, que tamén diga que estaría disposto a asumir esa responsabilidade. Nós non o imos facer e imos contribuír a que o dano ás familias e o dano ó medio ambiente sexa o menor posíbel. O que non imos facer, Señoría, e xa llo digo, é ir a Galicia a facernos fotografías, a non resolver nada e a mercadear"
(Aznar, 27/11/02).

"Semella ser que se trata dunha variante de fuel que ten algunhas complicacións".
(Fraga, 28 de novembro)

"Creo que hai alarmismos moi pouco xustificados"
(Aznar, Roma 28.11.02 )

"nestes momentos, a estructura atópase deformada. Hai pranchas dobradas cara adentro. Pénsase que o fuel está aínda enfriándose , saen uns pequenos fiíños, os que se viron, hai en concreto catro regueiros que se solidificaron con xeitos de plastilina en estiramento vertical. Debe saír de algunha das fendas. Están os técnicos estudando o que significa iso".
(Mariano Rajoy, 5.12.02 )

Simpáticas?, pode ser, pero considero que debemos pensar que os individuos que dixeron isto, son todos membros do goberno do país de noso. Por iso, debemos facer memoria, dentro de pouco máis dun mes temos a palabra,

NUNCA MÁIS!!
18/05/2005 05:12 Enlace permanente. Tema: Nunca Máis! Hay 2 comentarios.

Descarga de obras de Rosalía de Castro.

rosaliadecastro.gifHoxe, día de resaca das letras galegas, se vos paetece saber un pouco máis sobre o motivo de que celebremos todos os 17 de maio o Día das Letraas Galegas, podedes ler a Colección de Cantares Gallegos feita por José Casal Lois.
Tamén tendes aquí un enlace no cal se vos ofrece a posibilidade de descargar calquera obra de Rosalía de Castro.
Espero que desfrutedes moito coas súas lecturas. Un saúdo.
18/05/2005 21:37 Enlace permanente. Tema: O galego No hay comentarios. Comentar.

"O touro" de Lorenzo Varela.

lorenzovarela.jpgA continuación, achégovos máis á obra de Lorenzo Varela. Este poema titúlase O touro, da obra Catro poemas pra catro grabados. Nel, refléxase paixón, sinceridade, sentimento... Un poema breve, pero non por iso, de pouca calidade. O autor fai preguntas, xoga co diálogo, coas expresións coloquiais, coas respostas logradas dos feligreses, e neste caso, con anáforas coa partícula condicional si. A partir deses recursos, a antítesis imperante na poesía, coa cal, transmite o concepto que quere difundir. Espero que vos guste

O TOURO

¿Quén lle dixo ó touro verde
nas ribeiras verdes de Iria
o que non sabía a morte
o que a serpe non sabía?
-Onde vades, feligreses,
que non levades folía.
-Imos ver si a cruz é demo,
si é muller a varonía,
si o que era peito foi lombo
si se trabucóu a vida.
¿Quén lle dixo ó touro verde
segredos de sodomía?
¿Ou como viron seus ollos
unha verdade escondida?
De corno a corno levaba
o touro verde de Iria,
unha aureola dourada
como un sol morto na ría.
¡Aquel touriño non era
touro como os desta vida!
18/05/2005 04:56 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

19/05/2005

Membros de Nunca Máis

nuncaNeste artigo expóñense as diversas organizacións que forman parte da plataforma Nunca Máis. A información está tirada da propia páxina de Nunca Máis, a verdade e que somos moitos, máis dos que probabelmente pensabamos:

Integrantes da Plataforma Nunca Máis:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Agrupación de Asociacións de Viciños da Zona Rural de Narón
Agrupación de Bateeiros de Cabo de Cruz
Agrupación de "Expertos en Peritación Xudicial en Materia de Seguros" (integrada no Colexio de Mediadores de Seguros da Coruña)
Agrupación de Libreiros de Santiago
Agrupación de Percebeiros de Muxia
Agrupación de Voluntários de Protección Civil do Baixo Miño
ALCER de Lugo
Amas de Casa de Baio
Amigos da República (Ourense)
Antigo Grémio de Mareantes
APA de Bergondo
ARSGAC de Coruña
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
Asemblea do Suído
Asociación Amigos/as da República (Vigo)
Asociación Ánxel Casal de Arzúa
Asociación Aurora
Asociación Avelaíña
Asociación Boirense de Empresários
Asociación Casa Encantada
Asociación Comercial Zona Monumental de Pontevedra
Asociación contra o Cancro de Ponteceso
Asociación Costa da Vida
Asociación Cultural Alto Minho de Lugo
Asociación Cultural "A Miserela"
Asociación Cultural A Pomba do Arco de Foz
Asociación Cultural Arrincadeira de Riotorto
Asociación Cultural Buril de Burela
Asociación Cultural Daniel Calzado
Asociación Cultural e de Tradición Mariñeira GAMELA
Asociación Cultural e Deportiva San Andrés - Xinzo
Asociación Cultural Eliseo Alonso
Asociación Cultural Felicia de Limodre (Fene)
Asociación Cultural Faro Roncudo (Corme)
Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo
Asociación Cultural de Lago - Xove
Asociación Cultural Lumieira (Carballo)
Asociación Cultural Maio Longo de Pontevedra
Asociación Cultural Maria Castaña de Lugo
Asociación Cultural "O Espertello"
Asociación Cultural Osório Guterres de Lourenzá
Asociación Cultural O Galo de Santiago
Asociación Cultural Penas e Rodas de Outeiro de Rei
Asociación Cultural Santa Maria de Torás (A Laracha)
Asociación Cultural Sementeira de Viveiro
Asociación Cultural Seminário Terras de Viveiro
Asociación Cultural Tartarés de Narón
Asociación Cultural Valle-Inclán de Lugo
Asociación Cultural Xeitura
Asociación Cultural Xieiro do Baixo Miño
Asociación Cultural Zaloira
Asociación Curriculum Vitae
Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (AADTG)
Asociación de Amas de Casa de Fene
Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil"
Asociación de Atención á Drogodependéncia XURDIR
Asociación de Comercializadores de Compradores de Peixe de Malpica
Asociación de Comercializadores de Peixe e Marisco da Costa da Morte
Asociación de Comerciantes de Ponteareas
Asociación de Comerciantes de Ribadávia
Asociación Cultural As Lagoas
Asociación de Defensa da Ria de Foz
Asociación de Diabéticos de Ferrolterra
Asociación de Directores e Realizadores de Cine e Televisión de Galicia
Asociación de Empresários de Baio
Asociación de Empresários de Cee
Asociación de Gaiteiros Galegos
Asociación de Mexiloeiros A Boirense
Asociación de Mexiloeiros ASPROMEDI de Rianxo
Asociación de Minoristas do Porto da Coruña
Asociación de Montes de Esteiro
Asociación de Mulleres Buserana da Costa da Morte
Asociación de Mulleres Recandea
Asociación de Músicos en Língua Galega
Asociación de Nais e Pais de A Gándara - Narón
Asociación de Nais e Pais Jorge Juan de Fene
Asociación de Naseiros ALVEDOSA de Ponte Sampaio
Asociación de Pequeno Comércio da Póvoa
Asociación de Pescadores O Buxeiro
Asociación de Pescadores de Rio do Baixo Miño
Asociación de Subastadores de Peixe da Coruña
Asociación de Viciños A Unión de Cabo de Cruz
Asociación de Viciños A Xuntanza de Santiago
Asociación de Viciños Camiño Ancho
Asociación de Viciños de Abelleira - Ostreia
Asociación de Viciños de A Gándara – Narón
Asociación de Viciños de Angoares
Asociación de Viciños de Arou
Asociación de Viciños de Celeiro
Asociación de Viciños de Cumiar
Asociación de Viciños de Fisterra
Asociación de Viciños de Fontenla
Asociación de Viciños de Moreira
Asociación de Viciños de Nogueira
Asociación de Viciños de Paraños - Covelo
Asociación de Viciños de Vilaxoán de Arousa
Asociación de Viciños de Vite
Asociación de Viciños Eduardo Pondal (Corme)
Asociación de Viciños O Castiñeiro do Castiñeiriño
Asociación de Viciños Parderrubias – Salceda
Asociación de Viciños Sabriña – Mondariz
Asociación de Viciños "San Estevo de Perlío"
Asociación de Viciños San Isidro Gándara - Zas
Asociación de Viciños San Xoán, Fornelos e Lourido - Salvaterra
Asociación de Viciños Viladóniga de Vilasanche-Serantes
Asociación Deportiva-Cultural PAU DA LUZ de Corrubedo
Asociación Deportiva Esteirana Remo
Asociación Ecoloxista e Cultural "Verbo Xido" da Terra de Montes
Asociación Francisco Villamil
Asociación Galega de Advogados
Asociación Galega de Antropoloxia Social e Cultural
Asociación Galega de Apicultura (AGA)
Asociación Galega de Historiadores/as (AGH)
Asociación Galega de Mariscadores/as de Muros
Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC)
Asociación "Instituto para o desenvolvemento do software en galego-galego21.org"
Asociación Micolóxica Pan de Raposo de Cee
Asociación Naturista do Baixo Miño
Asociación O Cotelo (Pescadores de cana)
Asociación para a Defensa da Ria de Pontevedra
Asociación Piratas da Ria de Camariñas
Asociación Pista de A Xesta
Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza
Asociación Pola Esquerda
Asociación preSOS Galiza
Asociación Provincial de Amas de Casa e consumidores das Rias Baixas de Pontevedra
Asociación San Xerome Emiliani
Asociación Sócio-Pedagóxica Galega
Asociación Vaipolorio de Pontevedra
Asociación Xuvenil Aturonia - Entenza
Asociación Xuvenil Val de Soneira
A Mahia Negra
Ateneo Ferrolán
Ateneo Libertário de Vigo
Ateneo Republicano de Galicia
Aula Castelao de Filosofia
Bandullo Ecolóxico de Lugo
Bloque Nacionalista Galego
Brigadas en Defensa do Património Chairego
Casino de Muros
Central Unitaria de Traballadores
Centro Cultural "Rueiro"
Centro Democrático Independente de Muros
Ciberirmandade da Fala
Clube de Dornas A Vela "Mascatiño"
Clube Deportivo de Baio
Clube Deportivo San Xerome
Clube Espeleolóxico Maúxo de Vigo
Clube de Ócio Trankimacin 500
Clube de Remo de Muros
Clube Deportivo do Miño
CNT - Galicia
Colectivo BAMBÁN de Sociolingüística
Colectivo Cultural Nunca Máis da Mariña
Colectivo Cultural 25 de Xullo de Arcade
Colectivo de Amigos da República (Redondela)
Colectivo de Estudantes do IES da Póvoa
Colectivo de Estudantes Nunca Máis da Mariña (IES de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao e Viveiro)
Colectivo de Universitarios Activos
Colectivo ecolóxico do Tremufo
Colectivo musical Caldaloba de Lugo
Colectivo "Urbano Lugris"
Colectivo Violeta
Coléxio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña
Coléxio Oficial de Sicólogos de Galiza
CGT - Galicia
CCOO - Galicia
Comissão para a Reunificação Nacional da Galiza e Portugal
Comités Abertos de Estudantes
Comités Abertos de Faculdade
Comité Cidadá de Emerxéncia de Ferrol
Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbria
Comité de Empresa de Stolt Sea Farm de Carnota
Comité de Empresa do Parador "Hostal dos Reis Católicos"
Comités de Solidariedade de Galiza (COSAL-Galiza)
Comité Óscar Romero de Vigo
Comunidade Cristián de Base-Castiñeiriño
Comunidade de Montes de Abelleira
Comunidade de Montes de Arcos - Ponteareas
Comunidade de Montes de Ribeira - Crecente
Comunidade Educativa do CEIP de Escarabote
Confederación Galega de Asociacións Viciñais Rosalia de Castro
Confederación Intersindical Galega
Confederación Galega de APAS de Centros Públicos (CONFAPA-Galicia)
Confraria de Pescadores de A Coruña
Confraria de Pescadores de A Guarda
Confraria de Pescadores de Aldán
Confraria de Pescadores de A Póvoa do Caramiñal
Confraria de Pescadores de Barallobre
Confraria de Pescadores de Cangas
Confraria de Pescadores de Cedeira
Confraria de Pescadores de Mugardos
Confraria de Pescadores de Muxia
Confraria de Pescadores de Ogrobe
Confraria de Pescadores de Rianxo
Confraria de Pescadores de Sada
Confraria de Pescadores de Pontevedra
Consello Escolar do IES Fontexeria
Consello Escolar do I.E.S. Viana do Bolo
Cooperativa de Mariscadores da Ria de Arousa
Coordenadora Anti-Encoro de Caldas,Cuntis e Moraña
Coordenadora de Amigos da República (A Guarda)
Coordenadora de Crentes Galegos
Coordenadora de Ensinantes Areanegra
Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol
Coordenadora Feminista "Donicela"
Coordenadora Galega de ONGŽs
Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños
Coordenadora pola Defensa do Rio Lérez
Coordenadora Urbana de Asociacións de Viciños de Ferrol
COSAL da Costa da Morte
CPS Liga de Amigos de Barallobre
CREA (Directores e Realizadores Asociados de Galicia)
Donas de Nós de Lugo
Escola de Tempo Libre Paspallás
EsCULca - Observatório para a defensa dos direitos e as liberdades
ERVA – Ecoloxistas en Acción
Esquerda Unida
Faculdade de Filoloxia da Universidade da Coruña
Federación de Cooperativas Sinérxia
Federación de empresários da Costa da Morte
Federación Ecoloxista Galega
Federación Viciñal Eduardo Chao de Vigo
Fisterra Unida
Foro Republicano de Noia
Fronte Popular Galega
Fundación 10 de Marzo
Fundación Xosé Soto de Fión
Fuxan os Ventos
Galiza Nova
Grupo de Investigación de Economia Pesqueira da Universidade de Santiago de Compostela
Grupo Ecoloxista ADENCO
Grupo Ecoloxista Coto de Frade
Grupo Ecoloxista Ridimoas
Guerrilleiros das Fragas (As Pontes)
Habitat
Iniciativa pola Calidade de Vida en Pontevedra
Irmandade dos Vinhos Galegos
Liga Céltiga Galaica
Mancomunidade de Comunidades de Montes Viciñais en Man Comun Castrove – Salnés (integra 44 comunidades)
Mar de Tinta
Mesa pola Normalización Lingüística
Movemento Cidadán da Parroquia Cristo da Victoria
Movemento de Renovación Pedagóxica "Nova Escola Galega"
OMAR (Mergulladores)
ONG AMARANTE
Organización Galega de Autónomos e Empresários
Partido Comunista de Ferrol
Partido Comunista do Povo Galego
Peña Celtista Cuadrilla de Pepa A Loba
Piratas das Rías-Sindicato Estudantil
Plataforma contra a Burla Negra
Plataforma de Sanitários da Ria de Vigo
Plataforma en defensa da Ria de Arousa
Plataforma en defensa da Ria de Ribadeo
Plataforma en defensa da Ria de Sada
Plataforma en defensa da Ria de Vigo “Cíes”
Plataforma Meioambiental de Corrubedo
Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública
Plataforma UDC-Prestige
Plataforma XANOCAS de Betanzos
PsdeG-PSOE de Fene, Mondariz, Ponteareas, Muxia
Rádio Clávi de Lugo
Redes Escarlata
Representación de confrarias afectadas da Costa da Morte
Seminário Galego de Educación para a Paz
Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza
Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
Sociedade Cooperativa de Mexiloeiros de Bueu
Sociedade Cultural Deportiva e Xuvenil "FONTEFRIA" de Muíños
Sociedade Cultural Medúlio
Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Esteirana
Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva O Pote
Sociedade Deportiva Barallobre
Sociedade Franca Irmandade de Pontevedra
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Sociedade Galega de História Natural
Teatro Vilar
Solidariedade Internacional de Galicia
Unións Agrárias da Costa da Morte
Unión Libertária de Ferrol
Unión Sindical Obreira
UXT - Galicia
Vangarda Obreira
Vendedores e vendedoras do Mercado Central de Ferrol
Xunta de Faculdade de Humanidades de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela)
Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña do Sergas
Xustiza e Sociedade
Xustiza Negra
Xuventudes Socialistas de Galicia

Teñen apoiado expresamente a Plataforma Nunca Máis e o seu manifesto fundacional:

Asociación Unificada de Gardas Civis
Concellos de Ferrol, Cedeira, Fene, Narón, Camariñas, Corcubión, Carnota, Pontevedra, Vigo, Vilaboa, Poio
Parlamento de Navarra
25 asociacións de viciños de Santiago de Compostela
Asociación dos Ensinantes de Ciéncias de Galiza
Asemblea da Faculdade de Filoloxia e Tradución de Vigo
Consello da Xuventude de Galiza
Asociación de Mulleres Galegas no Exterior Rosalia de Castro
Claustro da Universidade de Santiago de Compostela
Faculdade de Filoloxia da Universidade da Coruña

E múltiples entidades e persoas a título individual que, desde dentro e fóra de Galiza, apoiaron con accións, cartas, pronunciamentos públicos, donacións económicas, etc. as nosas demandas e actividades de resposta social.

Está en proceso de constitución a Plataforma Nunca Máis en distintas comarcas e localidades. Tamén están a participar na Plataforma en moitas zonas persoas a título individual representativas de distintos ámbitos (cultura, medios de comunicación, deporte, música, ...).

Engado as últimas incorporacións:

Boletin de información contra a maré negra "contramaré"
Grupo de Teatro "Chévere"
Asociación "Irímia"
Attack-Galicia
Sala NASA
Confederación Galega de ANPAS de Centros Públicos (CONFAPA-Galicia)
Partido Revolucionário dos Traballadores-Esquerda Revolucionária
Asociación para a Defensa dos Rios "Cachoeira"
Asociación "Alento" de Dano Cerebral de Vigo
LEGAIS (Colectivo de Lesbianas e Gais de Vigo)
Faculdade de Ciéncias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo
Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF-Galicia)
Colectivo Cidadán "Reflicte"
Coordenadora Xeral contra a LOU do Cámpus de Lugo
Club Unesco
Claustro de profesores do IES "Isaac Diaz Pardo" de Sada
Asociación Cultural "Colectivo Camiños"
Escola de Estudos Musicais "A Tempo" de Pontevedra
Consello do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña
Federación de Centros Xuvenis "Don Bosco" de Galicia
Obradoiro Ambiental "Oureol" de Compostela
Asociación de Nais e Pais de Alumnos do C.P. "Mestres Goldar" de Castrelos-Vigo
Asociación Reivindicativa da História e Propriedade "Montes A Lagoa"
Asociación Galega de Guionistas
Asociación de Compañias de Teatro Profesionais de Galicia (ASCIPROTEGA)
Cooperativa de Consumidores "Arbore, Consumo Consciente"
Asociación Iniciativas e Estudios Sociais
Plataforma Cidadá pola Supresión da Peaxe de Rande
Comunidade Cristiá "Cristo da Victoria" de Vigo
Clube Espeleolóxico "Maúxo" de Vigo
Clube de Adictos a Deeo Purple
Asociación de Mulleres "Dorna"
Asociación de Produtores de Mexillón da Póvoa do Caramiñal
Coordinadora Democrática Independiente de Laborais
Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras "Gamela" de Cabo de Cruz
Asociación Cultural "Mistura Teis"
"A Macuca" de Pontedeume
APA de E.I. "Carricanta" da Coruña
Peña Celtista "Alakearre"
Comité de Empresa de Corporación Voz de Galicia S.L.U
Liga Celtica Galaica
Asociación Cultural "O Caracol de Pascal"

NUNCA MÁIS!!!!
19/05/2005 22:35 Enlace permanente. Tema: HAI QUE BOTALOS No hay comentarios. Comentar.

20/05/2005

Ence quere gobernar Pontevedra!!

boikot.jpgÉ por todos coñecidos o "cheirume" que desprende a celulosa Ence en Pontevedra, e seguro que tamén son coñecidos os diversos empregos que garante ós pontevedreses dita empresa capitalista, pero penso que existen outros acontecementos que rodean á empresa que non están tan extendidos...
Unha das propostas do BNG cando se presentou ó concello de Pontevedra foi a de "alonxar" a Ence da ría, "colocándoa" nun lugar preparado para a ela, onde as cotas de contaminación fosen máis reducidas. A celulosa, a cal ten como axioma o que segundo Maquiavelo debía seguir un príncipe, negouse e propuxo novos postos de traballo a cambio de que quedase contaminando na ría.
Dende entón, sucederon algúns sucesos estranos en Pontevedra...
Mentras non complemento o artigo, algúns feitos que non teñen perda
20/05/2005 05:57 Enlace permanente. Tema: Pontevedra No hay comentarios. Comentar.

21/05/2005

Hai que botalos

fraga fascista.gifHai que botalos!!!

O domingo 22 estrease en Compostela ás 19:30 horas a película Hai que botalos , un proxecto audiovisual promovido dende Burla Negrae a produtora A Fraga Maldita, cun marcado contido político e no que participaron máis dun centenar de artistas e creadores galegos. O filme consta de vinte e catro curtametraxes, pertencentes aos máis diversos xéneros, cunha duración non superior aos cinco minutos cada unha, e con el quérense denunciar diferentes aspectos da realidade galega, dende a política de incendios desenvolvida pola a Administración até a precariedade laboral, a emigración da mocidade ou o desaproveitamento das axudas económicas europeas.

Despois de varios meses de realización e de producción, o domingo estrearase este traballo colectivo e autoxestionado, nunha gala na que estarán presentes a práctica totalidade dos directores así como Miguel de Lira, Víctor Mosqueira, Mabel Rivera e Luís Tosar entre outros actores. No mesmo acto farase a lectura dun manifesto no que se explicarán os motivos e as intencións da iniciativa.

Cunha clara finalidade política, o proxecto xurdiu a partir de Burla Negra e da rede sociocultural que naceu ao seu abeiro, Arredemo, e que tiña por fin a “dinamización social e cultural do país”. A través desta rede de acción, que xa conta entre os integrantes con máis de cen colectivos e trescentos particulares, lanzouse a iniciativa de realizar unha creación libre, á marxe da industria, cun orzamento modesto e o interese común do “boto”.

NUNCA MÁIS!!!! HAI QUE BOTALOS!!!!
21/05/2005 19:35 Enlace permanente. Tema: Nunca Máis! No hay comentarios. Comentar.

22/05/2005

O afundimento (El hundimiento)

el hundimiento.jpgO Afundimento, a película con tintes históricos de O. Hirschbiegel, reconstrúe os derradeiros días Hitler cos estalos da memoría de Traudl Junge, a secretaria do führer, e máis outras testemuñas sobre o final do III Reich que axuntou Bernd Eichinger. Nela, pódense apreciar accións tales como: a perplexidade da derrota, as fidelidades fanatizadas, as inmolacións inútiles, a sobrevivencia máis desesperada, oportunismo enchoupado de traizón... Un file que non ten perda.
22/05/2005 03:48 Enlace permanente. Tema: O cine No hay comentarios. Comentar.

23/05/2005

Estreo do filme Hai que botalos

cine-390-2.jpgOnte día 23 de maio, estreouse o filme Hai que botalos,e como non podía ser menos, non quedou nin unha butaca libre.

A proxección da longametraxe colectiva sobre a Galiza de Fraga na que participaron máis de 300 persoas encheu onte o Teatro Principal de Santiago. A partir de hoxe o filme, en formato DVD, comezará a rular. De momento, os organizadores xa recibiron case 9.000 solicitudes. Viaxará por Galiza, Cataluña, Euscadi, Suiza, Bos Aires,... calquera lugar onde haxa alguén disposto a copiar, exhibir e distribuír libremente este filme que, segundo os seus creadores, ten un "único e explícito obxectivo: botar do poder ao PPdeG".
23/05/2005 03:04 Enlace permanente. Tema: HAI QUE BOTALOS No hay comentarios. Comentar.

24/05/2005

Un BNG novo

logo_bng.gifEste artigo amosa a opinión do luso Manuel Xurés, auditor e membro do grupo de opinión Couto Mixto, sobre os novos aires dentro do Bloque Nacionalista Galego:

O BNG vém de efectuar umha profunda renovaçom das listas electorais e da image externa o que, sem dúvida, se extenderá a médio prazo à própria composiçom interna. Foi um exercício complexo, nom carente de riscos e dificuldades, que tem por objectivo recuperar umha comunicaçom fluida cos seutores sociais mais receptivos ao arelado cámbio politico e que, mália os altibaixos cíclicos, seguem a ver na organizaçom bandeira do nacionalismo galego a única alternativa de transformaçom real de Galiza.

Por disgraça, todo renovamento dum colectivo humano e quase impossível de se realizar sem ferir algumhas sensibilidades que se poderiam sentir vítimas da dinámica criada. Pero a cada é mais evidente que determinados relevos eram inevitáveis pois mais do que diferenças político-ideológicas, que se adoitam brandir coma simples coarctadas dos desencontros persoais, eram velhos ressentimentos, genreiras, egocentrismos vários,…, herdados doutros tempos –épicos, certo– os que estavam a pexar um BNG que, a partir do próximo mes de Junho, está decidido a ser governo ou, quanda menos, cogoverno.

Niste sentido, é elogiável ver como a meirande parte dos "renovados" cederom o seu posto discretamente, sem estridéncias nem foguetaria; o que os honra. Forom e som bos e generosos que derom o milhor de seu pola Terra e o seu povo e que, dende a nova situaçom de "merecida jubilaçom", seguiram com certeza achegando o ombreiro ou assumindo outras responsabilidades pois o país precisa diles.

Outros, os menos, coa imprensa mafioso-colonial –sempre à espreita– de aliada oportunista tentarom dificultar a renovaçom que a grande maioria no BNG, como se poido comprovar nas assembleias democráticas, demandava. Encerelharom o debate baseando-se fundamentalmente na ideia subjacente –quando nom ostentosamente explicitada– de serem imprescindíveis e, diste jeito, qual "renovados" frautistas de Hammeling, levarem dançando atrais diles amplos seutores dos "ratinhos" independentes, encantados coa tal música. Estratégia nefasta, certamente, pois é obvio que quando alguém proclama aos quatro ventos a sua imprescindibilidade, vem sendo o sinal inequívoco de que, fatalmente, é prescindível. Em fim, o final do conto já se sabe como foi: os ratinhos independentes que, coma mim, levam ouvido nesta vida frautas dabondo, nom se botarom ao terreiro.

Intuo que à nova equipa responsável sabe que, inda que durante umha tempada teram de navegar em augas agitadas, tarde ou cedo aquelas iram acougando e, no essencial, tenhem por diante sua todo por ganhar ja que, após vários anos de declínio que tocou chao nas derradeiras eleiçons ao Parlamento Europeu cuns resultados alarmantemente frouxos, ninguém, honestamente, poderá-os culpar dos resultados das vindeiras eleiçons os quais, segundo as sondages, prevéem-se discretos, pero que permitiram consolidar a base social nacionalista necessária prao relançamento futuro. O feito de se plantejarem, de partida, uns objectivos realistas é umha estratégia inteligente, pois dá-se a circunstáncia de que em contendas eleitorais recentes, a teima por acadar metas por riba das possibilidades reais, transformou em derrota subjectiva alguns resultados que, objectivamente, nom eram tam desfavoráveis.

Em calquera caso, o desafio imediato dos "novos pilotos" é saberem transmitir à cidadania em geral e aos potenciais eleutores em particular que a renovaçom em marcha no BNG é umha "mise à jour" necessária, positiva e inelutável pois, de tódalas maneiras, passe o que passare no 19 de Junho, e independentemente de comportamentos individuais de quem, incompreensivelmente, se negam a aceutar a evidéncia, o tempo nom desanda.
24/05/2005 19:35 Enlace permanente. Tema: A política No hay comentarios. Comentar.

Fútbol sala universitario

partido.jpgOxe ás 10 da mañá no pavillón universitario de Pontevedra xógase a final do Campionato da Universidade de Vigode fútbol sala. Esta será disputada entre o mellor equipo das facultades de Vigo, e o mellor de Pontevedtra (Sporting de Xestión) da Facultade de CCSS e da Com.; o gañador disputaría a finalísima ás 16h contra o mellor equipo universitario de Ourense.
O duelo ven precedido, no caso do Sporting de Xestión (equipo da nosa facultade), de tres victorias, cada cal máis espectacular que a outra. Na súa traxectoria cara a consecución do Trofeo que os pode acreditar como mellor equipo da Universidade de Vigo, acadaron un 4-3, un 7-3 e un axustado 5-5 contra o equipo de Inef, o cal resolveron na tanda de penaltis.
Os membros do equipo son: César Méndez, Guti, Adri, Víctor Méndez, Leandro, Cuchi, Raul Ximenez, Frank Lemos e Luís; entre os cales cabe destacar ó seu goleador Adri, e á traxectoria do estandarte do equipo, Cesar Méndez.
Este futbolista de 21 anos, reside actualmente en Santiago de Compostela e Pontevedra ó 50 %, e está estudar (ou iso tenta) 4º de Publicidade e Relacións Públicas, ven traspasado do alcumado “Dream Team II”,formalmente “Unos Ahí”, co cal recolleu amplas derrotas debido ós problemas de saúde e á inoperancia de algúns dos seus xogadores, ademais dun sen fin de problemas coas analíticas que se lles realizaron os venres. Esquecido iso, e recuperado do fondo trauma psicolóxico, está a desfrutar actualmente dos mellores momentos da súa Carrreira futbolística.

Muros, 24 de maio do 2005.
24/05/2005 03:19 Enlace permanente. Tema: Pontevedra Hay 1 comentario.

25/05/2005

Bolivia en loita contra os yankees

Escudo-Bolivia.jpgO pobo enloita, únese contra o neoliberalismo e as transnacionales.

O Diaño uníu á oligarquia, Deusiño e a Pachamama ós seus fillos, ós mais pobres, para derrotar á oligarquia e nacionalizar os hidrocarburos", din os sindicalistas, tras selar a unidade entre a COB do mineiro Solares, os cocaleiros de Evo Morales, as Xuntas Veciñais de El Alto del carpintero Abel Mamani, a Coordinadora de Defensa do Gas do fabril Olivera e os líderes campesiños e indíxenos como o "Mallku" Felipe Quispe, Román Loayza, Alejo Véliz, Rufo Calle. Se exacerba a loita nacional e a loita de clases. A aldea vai polo gas, pola auga, pola dignidade nacional".

Vai sendo hora de espertar e pular polos nosos intereses, debemonos revelar contra o agresor e manipuldor.
25/05/2005 20:45 Enlace permanente. Tema: A política No hay comentarios. Comentar.

Allende vive na memoria

allende.jpgUn persoaxe mítico e memorábel, escoitade as súas últimas verbascando o Pazo da Moeda estaba sendo asaltado polo traidor Pinochet e oseu exército armado mercé ó financiamento dos neocolonialistas yankees.
Este home merece un "güebló" enteiro, se queredes saber máis desta persoa adorable e carismática, tendes un enlace á súa páxina...
25/05/2005 20:40 Enlace permanente. Tema: Salvador Allende No hay comentarios. Comentar.

26/05/2005

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista

cabeceira.pngEsta é unha alternativa política ó bipartidismo imperante na maioría dos estados actuais, e tamén no español e en Galiza; o Partido Nacionalista Galegoe os seus proxectos de futuro:

Após os Consellos Nacionais de Febreiro e Maio, o PNG-PG está dotado dos elementos xurídicos e as persoas con vontade de traballo que poidan levar a cabo os anceios de compromiso e participación do noso VI Congreso.

Partimos da realidade de que o PNG-PG conta con tres puntos fortes: Compostela, Ourense e Vigo. Neses tres lugares seguiremos a traballar para o crecemento do PNG-PG e da súa representatividade no BNG, e procuraremos paliar os déficit de implantación que temos nalgunhas comarcas e na provincia de Lugo.

Doutra banda, ademais do noso traballo político no BNG, imos continuar dando unha maior presencia específica do noso Partido na sociedade, nomeadamente a través dos medios de comunicación social e as actividades que se organizan.

Os proximos artigos tentarán achegarvos información dos partidos ós que podedes votar nas vindeiras seleccións.
26/05/2005 19:22 Enlace permanente. Tema: A política Hay 1 comentario.

Hai que botalos!!!

pp_troleiros_morre_xa_20k.jpgEste filme que se estreou no cine o día 22 de maio, está composto por 24 curtometraxes que foron promovidos polas asocicións Burla Negrae A Fraga Malditaprincipalmente, ademais de outras moitas axudas que emanaron de membros que xunto con moitos de nós, queren unha nova situazón para Galiza, con liberdade de pensamento e sen unha manipulacion mental e económica que impida o exercio da racionalidade e o voto libre nestas eleccións.

O dvd trata entre outros temas: o pasado escuro e cheo de sangue do actual presidente da Xunta,e ex-franquista; a mala xestión do goberno autonómico nos asuntos forestais, da agricultura e da pesca; e en xeral, o emprego de diñeiro e favoritismos de todo tipo para a consecución de votos, que é a fin de contas o que ansian.

Clicade no enlace e descargadeos todos, porque non teñen perdida.
26/05/2005 22:51 Enlace permanente. Tema: HAI QUE BOTALOS No hay comentarios. Comentar.

27/05/2005

O novo estatuto para Galiza que presenta o BNG

estatuto_20k.jpgNeste artigo ofrécese un enlace onde se mostran as bases para a elaboración dun novo estatuto para Galiza, elaboradas polo partido nacionalista con máis habitantes afíns en Galiza, o Bloque Nacionalista Galego.
27/05/2005 13:33 Enlace permanente. Tema: A política No hay comentarios. Comentar.

Iniciativas universitarias de Hai que botalos

manima.jpgO xoves, día 26 de maio, visionóuse en diversas facultades de Galiza o o dvd de Hai que botalos, na nosa tamén se produxo este feito mercé a mobilización de Andrés Rozados Lorenzo e outros compañeiros que o axudaron, o descurso que ven a continuación foi lido en todos os lugares onde se viu dito filme:

O día 19 de Xuño non acaba o mundo. Pero é un día importante. Galiza ten a oportunidade de definirse acerca de si mesma. Díxoo moi ben o Presidente Fraga hai pouco tempo. Galiza ten que escoller entre o prestixio e a aventura.

Como colectivo comprometido coa cultura e a sociedade galega, Burla Negra decidiu implicarse na campaña electoral a favor da aventura. Entre outras razóns porque o Prestixio do Señor Fraga afundiu definitivamente, hai case tres anos, a duascentas millas da nosa costa.

Dentro de Burla Negra, e noutros colectivos do movemento social galego, temos a convicción de que Galiza é un país maduro con recursos humanos e culturais dabondo para valerse por si mesmo. E como tal país, dono de si e capaz de afrontar os desafíos que se lle impoñan. Pero tamén pensamos que para desenvolverse plenamente como país, a nosa sociedade debe atreverse a arriscar.

Moitas e moitos de nós estamos desencantados coa clase política en xeral. Non o queremos ocultar. Pero iso non significa que non reclamemos o noso lexítimo dereito a participar activamente na vida política galega. E hai que dicir ben alto e claro que o Partido Popular de Galicia impide de maneira sistemática a participación dunha boa parte da sociedade galega na construción do país. Insultos, ameazas e listas negras forman parte do seu caduco estilo político.

Por esta razón tivemos que xuntarnos máis de trescentas persoas e facer vintecatro curtametraxes sen un peso, para que a xente que queira poda ver en imaxes cal é a situación do país desde outras perspectivas. Aí ao lado, en Europa, a isto de ter varias perspectivas sobre as cousas, chámanlle democracia, e por aquí andamos moitas e moitos con vontade de importar este concepto á nosa terra.

Non sabemos se o “boto” abrirá novas vías no país. Pero é a nosa maneira de reclamar outra forma de facer as cousas. Pensamos que antes de nada hai que airear a casa e botar fóra os fantasmas que nos prenden a un modelo social e político esgotado e inútil. Iso é o que cabe decidir nestas eleccións, se aceptamos continuar co caciquismo e a intolerancia ou se pola contra, decidimos implicarnos sen medo no avance real e democrático da nosa sociedade.

O día 19 imos ter festa rachada, pase o que pase. Para nós chega con celebrar o traballo e o empeño de tantas persoas que se sumaron a un obxectivo común, que conseguiron coordinarse para expresar e pór na pantalla unha idea colectiva, centos de persoas que en toda Galiza colaboran xa de maneira activa para facer chegar ao resto da xente estas vintecatro visións cinematográficas da nosa realidade.

Este esforzo cívico e social significa que temos unha sociedade viva e libre, disposta a comprometerse na construción deste país, unha sociedade capaz de cooperar e tecer novas redes de acción e participación. Unha sociedade consciente de que o país é cousa de todas e todos e non só dos políticos. E por isto, sen formar parte de ningún partido, queremos aportar a nosa “pedra de granito” a estas eleccións. Para que se teña en conta que existen outras visións sobre Galiza que só se poden resumir nun lema: Hai que Botalos!

Hai que botalos!!
27/05/2005 18:39 Enlace permanente. Tema: Pontevedra Hay 1 comentario.

29/05/2005

BNG e PSOE forxan unha alianza

bandeira_galiza.gifÁs eleccións autonómicas de Galiza adiantadas polo presidente da xunta Don Manuel Fraga Iribarne, que se celebrarán o día 21 do vindeiro mes de xuño, por primeira vez nunha campaña electoralo Partido Socialista Obreiro Español acepta publicamente un pacto co Bloque Nacionalista Galego para formar goberno.

Primeiro foi Rodríguez Zapatero o que convidou ós nacionalistas a unha “colaboración intensa” logo das eleccións galegas no debate do Estado. Cabe mencionar, que a postura dos socialistas respecto á formación dun goberno conxunto en Galiza, é moi diversa, xa que mentres Don Rodríguez Zapatero lle extende o brazo a Anxo Quintana, o jocker Francisco Vázquez nega tal plantexamento e o candidato Emilio Pérez Touriño non se decanta...

Unha vez superada a diversidade de opinións ó respecto, a alternativa semella ser fiábel, unha luz que se ve dende esta cova sumerxida nas profundidades, Galiza...
29/05/2005 02:50 Enlace permanente. Tema: A política Hay 1 comentario.

30/05/2005

Cupire-Padesa imponse ó goberno do Caurel

courel.jpgÉ sabido por todos os veciños e veciñas do Courel, que Cupire-Padesa está explotando unha canteira en Folgoso do Courel qu enon ten licencia municipal, nen de obra, den de actividade porque non ten autorizazón da Dirección Xeral de Urbanismo. Asemade dita empresa capitalista, é causante de graves impactos sociais á paisaxe e ós valores naturais da serra do Courel. Por se fóra pouco, o alcalde do Courel, está a realizar un intolerable trato de favor á empresa ó non paralizar unha actividade que non ten autorización da Dirección Xeral de Urbanismo nen licencia municipal.

Nembargantes, por dicir isto, foron denunciados por calumnias e inxurias cinco compañeiros de SOS-Courel.

Os dereitos humanos, a igualdade ante a lei... semellan non ser os mesmos para tod@s...
30/05/2005 03:27 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

Dvdmuros segue "güeblogueando"

blogia.jpgHoxe día 30 de maio, remata o plazo para incluir novas no "güebló", xa que este debe estar xa a punto para o análise.

Agora, plantéxanse nos "güeblogueadores académicos" dúas alternativas: unha sería a de renunciar a seguir descrubindo as diversas posibilidades que este servidor nos ofrece ; e outra, a que espero seguir eu, a de continuar "güeblogueando" e continuar desenvolvéndome neste fantástico universo cheo de posibilidades.

A todos os compañeiros de "güebló" e visitantes da páxina, espero seguir en contacto con vós!!
30/05/2005 02:20 Enlace permanente. Tema: Curiosidades No hay comentarios. Comentar.

31/05/2005

Pasatempos.

WIGGUM.jpgQue tal ten darías coma detective? Queres porte a proba? Pensas que eres Sherlock Holmes, e en realidade eres o xefe Wiggum? Entra nesta páxina e saberalo...
31/05/2005 13:57 Enlace permanente. Tema: Curiosidades No hay comentarios. Comentar.

Prófugo detido coas esposas postas

Dalton_Brothers_20k.jpgA policia do condado de Boston realizou un dos arrestos mais fáciles da história. Kudsai Kwenda chamounos pedindo axuda porque se puxera unhas esposas e non podia quitarsas .
Os policias dirixíronse ó lugar, pero antes de entrar, viron na súa base de dados que Kwenda tiña unha orde de arresto por non haber comparecido a unha citación xudicial.
Cando o home saíu todo contento a reciber ós funcionários, non esperaba que en vez de o liberalo, o levarian a comisaría, coas esposas xa postas.
31/05/2005 03:49 Enlace permanente. Tema: Flipa!! No hay comentarios. Comentar.




dendemurosparaomundo

Ola benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.

Temas



Archivos

Enlaces

O fútbol

  • http://www.canaldeportivo.com/

Galiza

O galego

A política

  • http://www.marxismo.org
  • http://www.amnistiainternacional.org/
  • http://www.bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R&pubid=1037366653062&c=Page&cid=1037366653130
  • http://www.psoe.es/ambito/actualidad/home.do
  • http://www.marxismo.org/
  • http://www.izqrepublicana.es/
  • http://www.uniondopovogalego.org/
  • http://www.png-pg.org/
  • http://www.galizanova.org/news.asp?cat=41
  • http://www.galizalivre.org/home/
  • http://www.palestinalibre.org/inicio.htm
  • http://www.solidaridad.net/index.asp
  • http://www.anti-bush.com/

Curiosidades

  • http://www.andresito_gal.blogia.com

Música

  • http://www.systemofadown.com/
  • http://www.bobmarley.com/
  • http://www.kiosco12.com/images/products/211-917.jpg

Michael Moore

  • http://www.michaelmoore.com/

Nunca Máis!

  • www.plataformanuncamais.org/
  • http://www.esferobite.com/marea/INDEX_GA.HTM
  • http://prestige.blogalia.com/
  • -6757196023946195541/167807397/6/6081/6081/6083/6083/6081/-1

Diarios de información nacionais

Diarios de información españois

Estudos sobre o galego

Diarios de información internacionais

Salvador Allende

  • http://www.salvador-allende.cl/

Che Guevara

  • http://www.el-comandante.com/

HAI QUE BOTALOS

Flipa!!

  • http://www.adeguello.net/ade05ene1.htm

Pancho Villa

  • http://ojinaga.com/villamex/

Otros


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]