Blogia
dendemurosparaomundo

BNG e PSOE forxan unha alianza

BNG e PSOE forxan unha alianza Ás eleccións autonómicas de Galiza adiantadas polo presidente da xunta Don Manuel Fraga Iribarne, que se celebrarán o día 21 do vindeiro mes de xuño, por primeira vez nunha campaña electoralo Partido Socialista Obreiro Español acepta publicamente un pacto co Bloque Nacionalista Galego para formar goberno.

Primeiro foi Rodríguez Zapatero o que convidou ós nacionalistas a unha “colaboración intensa” logo das eleccións galegas no debate do Estado. Cabe mencionar, que a postura dos socialistas respecto á formación dun goberno conxunto en Galiza, é moi diversa, xa que mentres Don Rodríguez Zapatero lle extende o brazo a Anxo Quintana, o jocker Francisco Vázquez nega tal plantexamento e o candidato Emilio Pérez Touriño non se decanta...

Unha vez superada a diversidade de opinións ó respecto, a alternativa semella ser fiábel, unha luz que se ve dende esta cova sumerxida nas profundidades, Galiza...

1 comentario

ALESSANDRA -

HOLA DAVID!!!! Penso que debes estar orgulloso do teu traballo nesta páxina, eu síntome tamén moi orgullosa de ti.
Que máis quixera que tiveras razón, sería a renovación da galiza, un cambio moi preciso; nembargantes o pacto non o teño moi claro xa que o poder do pp en galiza e o apoio que teñen é indiscutibel. Unha vez máis a esperanza é o último que se perde.
Un bico meu rubinho, queroche. ales.