Blogia
dendemurosparaomundo

Matar ou morrer

Matar ou morrer Cando o Imperio dos Estados Unidos de Norteamérica decidiu invadir ó Iraque, iniciou un proceso de reclutamento que non debe pasar desapercibido.
A pregunta que realizaron, se ben dun xeito indirecto, foi: “Prefires matar para nós ou seguir loitando contra un sistema adverso con oportunidades moi limitadas”...
Un grupo de embaucadores foron percorrendo as zonas máis pobres de EEUU, para recoller a xente sen recursos económicos e indecisos, que aínda que non estivesen dacordo coa causa, sería probábel que se alistasen para sobrevivir.
Asemade, visitaron campus universitarios e institutos co mesmo fin.
O fin xustifica os medios:
Un xeito de atar persoal militar. Se logo de estar no inferno, decides non volver pasar por el, debes cumprir unha pena de cárcere.
Todo é valido para seguir saindo victorioso das guerras imperialistas.
Cabe mencionar A chaqueta metalica grande filme do grande Standley, onde se reflexa o ambiente vivido nunha guerra.

2 comentarios

Andrew -

Os EEUU cando ían quedando sen efectivos en Iraq pensaron... Eh, e se agora collemos a todos aqueles rapaces xovenes que están en vilas onde chegou a nosa crise económica logo da era Reagan, e os alistamos para o exercito? Poñemos dous marines, en plan testemuñas de Gehová, e que recluten a tódolos rapaces que poidan. Aqueles que son víctimas do sistema, son o mesmo tempo, víctimas da guerra. Non van mandar a un rapaz que está estudando en Jale ou en Harvard a loitar contra a guerra, nin tampouco ó fillo dun congresista, xa que á guerra tan só foi un, dos 65 congresistas que hai. Aínda por riba, adiviñen cal é a raza maioritaria de soldados na marina, que se alistan porque non teñen outra opción... Si amigos, a verdade é moi dura... pero o problema é que o noso "goberno" non depende de nós mesmos, senón dos votos dos estadounidenses... Se houbo reelección, e que non hai outra cousa millor?
David noraboa polo blog, e que eu con isto envelenome... Veña un bico chaval!

Andrew -