Blogia
dendemurosparaomundo

Proliferan as denuncias contra Michael Moore

Proliferan as denuncias contra Michael Moore A polémica segue acompañando ao cineasta Michael Moore. O seu último traballo, Fahrenheit 9/11, segue erguendo revolto en todo o mundo por multitude de razóns

Ademais, Moore tivo que defenderse de diversas acusacións no seu país pouco antes do estreo do documental. Por un lado, o lexislador republicano Mark Kennedy acusou a Moore de acurtar esceas das súas declaracións sobre a guerra no proceso de montaxe do filme porque non se axustaban á súa tese. Moore negou este feito.

Por outro lado, ante as acusacións de parcialidade, Moore tivo que explicar que o seu obxectivo é contribuír a que George Bush "deixe a casa branca (...) O meu filme é unha editorial e non pretendo que sexa un traballo de periodismo neutro e equilibrado". A pesar diso, asegura o director, os feitos presentados no documental son exactos.

Un grupo de conservadores denominado "Move America Forward" lanzou tamén unha campaña para que os propietarios de salas de cine renuncien a exhibir o filme, ó que consideran antiestadounidense. "É escandaloso dicir iso. Todo o que fago, e este filme en particular, proclama que eu amo a este país. Tento salvar ó país do que a administración Bush lle fixo".

Non sei cal é a vosa opinión, pero dende o meu punto de vista, en xente coma Michael Moore deben residir todas as nosas espranzas.

Menos mal que coas armas non se matan as palabras.

1 comentario

Andrew -

Pobre Michael, sempre igual, para tocar os webos non hai como os yanquis...
Q pasa my friend! Temos que coller un día Bowling for Columbine e así podíamos coñecer máis a este home. Eu xa a vin, pero teño gañas de volvela a ver...

Tamén poderías dicir ti que opinas, ti que opinas do que fan en Pecado Original Tocando las Bowlings...

Veña rapas!! a coidarse, pasalo ben e botar as risas locas
Jrrnnrrmnrnrnjnr.... Ai!!!!