Blogia
dendemurosparaomundo

A constitución animal

A constitución animal Ola! Estes son os 5 mandamentos da constitución Animal (que aparecen no video da obra de George Orwell). Simplemente comentar que na obra son 7. Aquí tedes os 5, se queredes podedes comparalos cos da George Orwell´s, que están resumidos noutro artigo do "güevló":


A Constitución animal está formada por cinco postulados ou normas básicas:

- "Ningún animal poderá durmir nunha cama"

Esta lei facía referencia principalmente ó luxo que supuña para os animais ter un espazo individual onde durmir, pero estes non querían luxos que proviñesen dos seres humanos, de aí a lóxica desta norma.

Máis tarde coa chegada de Napoleón ó poder, esta norma foi modificada pola seguinte:
"Ningún animal poderá durmir nunha cama con sabas". Deste xeito, os porcos e Napoleón comezaron a facer uso da casa do señor Jones para o seu beneficio propio, sen dar permiso para que o resto dos animais empreguen este luxo.

- "Non se poderá beber alcohol".

Esta norma chégase a cumprir durante un breve período de tempo.

Xa que coa chegada de Napoleón ó poder, vólvese a incumprir, aínda que de novo, incúmprense por parte da elite dominante: os porcos.

- "Catro patas: bo. Dúas pernas: malo."

Esta frase soe ser reiterada en múltiples ocasións polas ovellas. As galiñas non estaban moi acordes con esta norma, xa que por unha parte elas eran excluídas. O razoamento para que elas entraran foi o seguinte: as ás delas tamén contan como patas. Deste xeito tódolos animais eran de catro patas. En inglés non se reflexa unha distinción entre pata e perna, xa que se emprega o mesmo termo para as dúas expresións: leg.

Os porcos volven a quebrantar esta norma ó final da novela, xa que na festa que celebran eles van a dúas patas, xusto no momento que o burro Benxamín os imaxina a eles igual que os humanos. Este feito de que anden a dúas patas fai máis doado que os imaxine coma persoas.

- "Ningún animal pode matar a outro"

Volve a ser quebrantada polos porcos, como tódalas regras que foran elaboradas polo primeiro goberno da rebelión, liderado polo porco Snowball.

O goberno de Napoleón trocou tamén o plantexamento desta norma: "Ningún animal pode matar a outro sen motivo algún". Napoleón e os seus secuaces deciden eliminar a aqueles que se mostran en contra do réxime, e así desata o terror e o caos na granxa.

- "Tódolos animais son iguais"

Esta norma é a que establece a igualdade entre tódolos animais coma se de camaradas na revolución soviética se tratase. É a lei básica e principal que resume e sintetiza o resto. Cumprindo esta lei, respectas a tódolos animais por igual.

Pero esta lei ía ser modificada de novo por Napoleón e os seus porcos pola seguinte:
" Tódolos animais son iguais pero uns máis que outros". Con esta norma acabouse a igualdade e o que representaba a verdadeira revolución. Os cochos son os verdadeiros traidores da revolución xa que a súa revolución de igualdade converteuse nun estado dictatorial, que dá máis importancia a uns cidadáns cá outros.
A constitución vai evolucionando, e favorecendo ós cochos, có que se apreza que o poder é o que corrompe ó líder e o leva a traizoar os principios que xurara. Napoleón nunca buscou o benestar xeneral, só pretendeu o ben dos porcos. Ó igual que a Nomenclatura rusa vivía moi ben mentres o resto dos obreiros estaban na miseria. O poder e a avaricia fixo que os cochos se convertesen no que máis odiaban, seres humanos.

Que opinades, que constitución é máis racional?, a dos animais de granxa?, ou a do dos animais humanos?...
Un saúdo.

1 comentario

Andrew -

Estas normas resumen unha convivencia entre os animais digna e igualitaria que despois foi suprimida por Napoleón e os outros porcos... Esta obra é moita obra, das millores que lin... Orwell é un artista agora estou lendo 1984 e estame a encantar... Veña rapaz B&A coidate moito...