Os Séculos Escuros.
Ó final desta etapa medieval (s. XIV-XV), a máis gloriosa das nosas letras, o idioma e a literatura galega entran nun período de decadencia.
Diversos foron os factores que provocaron este progresivo declive;entre eles cabe salientar: o asentamento no noso país dunha nobreza estranxeira, Intransixente coa cultura e coa língua de Galicia, que vén substituír a unha nobreza galega derrotada tras apoia-los perdedores nas loitas dinásticas pola coroa de Castela, Pedro I e máis tarde(1475-1479) Xoana a Beltranexa; a ausencia dunha burquesía capaz de defende-los seus intereses e os do país; a diminución da poLoación; a perda de autonomía da Igrexa galega, etc.
Estes feitos e a crecente política centralista e intervencionista de Castela, afianzan gravemente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e impiden a consolidación do galego como língua literaria. Neste sistema centralizador aparece, xunto ó concepto de "Estado nacional", a necesidade de uniformización lingüística como factor de cohosión da nova estructura política.
Neste contexto político, a língua galega, durante o longo penodo de tres séculos XVI, XVII e XV111, denominados SÉCULOS ESCUROS estivo ausente dos usos escritos. En contraste con esta situación, outras variedades europeas, entre elas o castelán e o portugués, entran nun proceso de fixación e codificación, que lles confire a categoria de línguas de cultura. A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue a se-la vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación.
O exclusivo uso oral carrexou a dialectalización e a fragmentación do idioma e, xa que logo, a súa consideración como língua aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.
A nosa literatura queda así á marxe do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa escura das nosas letras co Século de Ouro da literatura castelá. Así e todo posuímos algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos dan unha mostra da língua da época. Paralelamente a este baleiro de literatura erudita, pervive a vea da lírica popular en forma de cantigas de berce, de cego, entroidos, adiviñas, lendas, romances, contos, farsas, etc. Moitos deles chegaron ata hoxe por transmisión oral.

1 comentario
dana -
Gustaríame plantexar unha cuestión: o galego é considerado unha lingua inferior, de xente sen cultura; sen embargo, eu non estou en absoluto dacordo. ¿Como é cunha lingua que supera anos e anos de represión - por chamarlle dalgunha forma- e é capaz de saír adiante, pode ser considerada inferior? Poderíamo explicar alguén?? Deixo no aire a pregunta, para que os animedes a contestar.
A miña máis sincera noraboa!!! A foto é boísima!! encantaríame estar ahí agora mesmo, jeje!! Unha cousa: tes que por uns cursos acelerados de galego, porque aínda que me gusta moito, non sei falalo moi ben ;D Un saúdo!!!