Blogia
dendemurosparaomundo

A política

PALESTINA segue loitando pola liberdade

PALESTINA segue loitando pola liberdade Non á Cultura da Guerra

Unha vez máis, mentres os ollos do mundo están dirixidos ás vítimas do terrorismo en Londres,e aproveitando o ataque suicida de Natania do 12 de xullo de 2005, onde faleceron 4 israelíes,
Sharon, descarregou o seu ódio cara os civis palestinos. .

Baixo o argumento de combatir o terrorismo,
(non é terrorismo 38 anos de ocupación militar!!), hai que destruir todo,
e matar á máxima cantidade de palestinos posíbel,
mentres que a cifra de mortos non xere reacción negativa.
Está visto que matar ata 12 palestinos por día xa non é problema!.

Este número de vítimas palestinas non aparece nos medios de comunicación, debe ser que as vidas dos Occidentais valen máis....

Pasatempos.

Pasatempos. Que tal ten darías coma detective? Queres porte a proba? Pensas que eres Sherlock Holmes, e en realidade eres o xefe Wiggum? Entra nesta páxina e saberalo...

Cupire-Padesa imponse ó goberno do Caurel

Cupire-Padesa imponse ó goberno do Caurel É sabido por todos os veciños e veciñas do Courel, que Cupire-Padesa está explotando unha canteira en Folgoso do Courel qu enon ten licencia municipal, nen de obra, den de actividade porque non ten autorizazón da Dirección Xeral de Urbanismo. Asemade dita empresa capitalista, é causante de graves impactos sociais á paisaxe e ós valores naturais da serra do Courel. Por se fóra pouco, o alcalde do Courel, está a realizar un intolerable trato de favor á empresa ó non paralizar unha actividade que non ten autorización da Dirección Xeral de Urbanismo nen licencia municipal.

Nembargantes, por dicir isto, foron denunciados por calumnias e inxurias cinco compañeiros de SOS-Courel.

Os dereitos humanos, a igualdade ante a lei... semellan non ser os mesmos para tod@s...

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista Esta é unha alternativa política ó bipartidismo imperante na maioría dos estados actuais, e tamén no español e en Galiza; o Partido Nacionalista Galegoe os seus proxectos de futuro:

Após os Consellos Nacionais de Febreiro e Maio, o PNG-PG está dotado dos elementos xurídicos e as persoas con vontade de traballo que poidan levar a cabo os anceios de compromiso e participación do noso VI Congreso.

Partimos da realidade de que o PNG-PG conta con tres puntos fortes: Compostela, Ourense e Vigo. Neses tres lugares seguiremos a traballar para o crecemento do PNG-PG e da súa representatividade no BNG, e procuraremos paliar os déficit de implantación que temos nalgunhas comarcas e na provincia de Lugo.

Doutra banda, ademais do noso traballo político no BNG, imos continuar dando unha maior presencia específica do noso Partido na sociedade, nomeadamente a través dos medios de comunicación social e as actividades que se organizan.

Os proximos artigos tentarán achegarvos información dos partidos ós que podedes votar nas vindeiras seleccións.

Estreo do filme Hai que botalos

Estreo do filme Hai que botalos Onte día 23 de maio, estreouse o filme Hai que botalos,e como non podía ser menos, non quedou nin unha butaca libre.

A proxección da longametraxe colectiva sobre a Galiza de Fraga na que participaron máis de 300 persoas encheu onte o Teatro Principal de Santiago. A partir de hoxe o filme, en formato DVD, comezará a rular. De momento, os organizadores xa recibiron case 9.000 solicitudes. Viaxará por Galiza, Cataluña, Euscadi, Suiza, Bos Aires,... calquera lugar onde haxa alguén disposto a copiar, exhibir e distribuír libremente este filme que, segundo os seus creadores, ten un "único e explícito obxectivo: botar do poder ao PPdeG".

A pena de morte.

A pena de morte. Neste artigo, presento un debate coas posturas a favor e en contra da pena de morte. Espero que vos guste:

A pena de morte é a ultima medida, a sanción extrema a aplicar polos tribunais de “XUSTIZA”.

Desgraciadamente, existen lugares nos que se recorre a este tipo de sentencias. Os apoloxetas deste ACTO IRRACIONAL, lexitiman a pena de morte, apoiándose en que esta, é unha medida de persuasión eficaz, e que supón un alivio para a poboación (pois a PERSOA DEIXA DE EXISTIR), eliminándose así, a un ser perigoso. Esta LEI mercé a estar SUSTENTADA NO MEDO FOMENTADO E ALIMENTADO NA POBOACIÓN, é defendida por ¿SERES HUMANOS?.

Contra esta teoría, e dun xeito racional, plantexándose dúbidas e interrogantes que deslexitiman o acto. A partir de datos, coñécese que a pena de morte, NON FUNCIONA COMO MEDIO DE DDISUASIÓN. Ademais, onde está a segunda oportunidade á que ten dereito o culpábel? Non se poderían reformar as sancións a impoñer propoñendo unha hipotética e probable reintegración do individuo na sociedade mediante un longo proceso de cura? Asemade, quen procesa e condea, tamén mata, polo tanto, quen eliminaría a ese novo asasino?...

Penso, que NINGUEN NACE DELINCUENTE NEN ASASINO, senón que son diversas circunstancias da vida, son as que provocan que un ser humano, remate por facer dano a outra persoa. Na SOCIEDADE DESIGUALITARIA da que formamos parte, non todos temos as mesmas oportunidades... Creo que NINGUÉN POSEE O DEREITO A QUITARLLE A VIDA A OUTRO HUMANO. Igualmente, tamén INFLUEN PREXUIZOS e DISCRIMINACIÓNS a hora de dar o veredicto sobre o suxeito.

Penso que contra a SOLUCION HIPÓCRITA que plantexan algúns dirixentes, deberíase de barallar a posibilidade de especializar uns centros e instalacións, nos cales, se tentara a probable reinserción (na medida do posíbel) do suxeito na sociedade; sen relegalos a un porvir estremecedor ou a unha MORTE INHUMANA.

O ANIMAL HUMANO É O UNICO CON AFAN DE EXTERMINIO, O UNICO QUE MATA, QUITANDOLLE A VIDA A OUTRO DE “IGUAL CONDICIÓN”, SEN MOTIVOS PURAMENTE DE SUPERVIVENCIA. Xa que o resto dos animais “non racionais e menos desenvoltos”, matan para alimentarse e así poder sobrevivir, practicando este acto cruento, por instinto de supervivencia e obrigación natural.

Existen DIRIXENTES que practican CRIMES DE ESTADO contra a HUMANIDADE, poñendo límites ós DEREITOS HUMANOS e deslexitimándoos. Ademais, sendo estes mesmos GOBERNANTES HIPÓCRITAS, criminais a grande escala, xa que son causantes de numerosísimas mortes; ben por pasividade, non interesándolle a situación dalgúns seres humanos (as persoas do 3º mundo), ou sendo eles mesmos os causantes dos exterminios de grandes colectivos. Esto sempre por un AFÁN DE ENRIQUECEMENTO que supera con creces á MORAL e á ÉTICA que en teoría deberían prevalecer.

“ESTAR VIVO, OU ESTAR MORTO, DEPENDE DO CAPITAL”.

“¿CANTOS SERES HUMANOS TEÑEN QUE ASASINAR PARA DARSE DE CONTA QUE ESTO É UNHA ATROCIDADE?”

Se é do voso agrado, gustaríame que fixesedes un comentario sobre este artigo, decantándovos por unha das posturas ou aportando novas ideas sobre o tema.
Grazas.