Blogia
dendemurosparaomundo

A riqueza natural.

A riqueza natural. Unha das riquezas maiores de Muros confórmaa o seu rico patrimonio natural, que se caracteriza pola súa calidade ambiental. O singular atractivo que supón o feito de formar parte dunha zona de ría converte a este territorio nunha das partes máis fermosas do litoral galego. O tramo de costa que neste municipio alcanza uns 25 km. de extensión combínase harmoniosamente coas partes interiores, aportando en conxunto unha diversidade paisaxística digna de admiración. A suavidade das súas múltiples ensenadas combinadas con espacios máis elevados conforman unha terra de contrastes sumamente atractiva á vista de todos aqueles que ata aquí se acerquen. A tonalidade verde dos campos, o branco das praias, o gris dos casaríos e o azul verdoso do marcombínanse para esperta-los sentidos do paseante.

A presencia destas formacións naturais de gran beleza e apacibilidade están provocando que Muros combine o seu carácter mariñeiro cunha funcionalidade eminentemente turística, para o cal a vila tamén se prepara aceleradamente dende o punto de vista das infraestructuras, e así observamos como nos últimos anos, ademais de proliferar os establecementos hosteleiros e extrahoteleiros de tódalas categorías, está en auxe a construcción de vivendas secundarias que se localizan fundamentalmente na parroquia de Louro, sendo as praias as principais protagonistas deste recente auxe turístico.

2 comentarios

Andrew -

Hombre!!!!!!!!!!!
Como andamos? Muros é unha das vilas de Galicia con máis encanto e que merece a pena visitar, porque poderíamos desfrutar do seu paisaxe.
Que raro que resaltes Louro non?? weno a verdade é que para min é a zona máis bonita, O ancoradoiro... Maravilla
Weno my friend, sobran as palabras!

Morales -

EY! Trampón! Falas de Muros, pero esa foto q tes arriba creo q é das Cíes! :P
Un saúdo rapaz!