yjytu65u65utrutr
tutruytuytutrutru
tutruytuytutrutru
O concello de Muros está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das Rías Baixas. O seu enclave privilexiado e a riqueza histórica da vila convérteno nun dous municipios galegos con maiores potencialidades de explotación turística. Está integrado por sete parroquias: Abelleira, Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea.
As praias de augas cristalinas e finísima area, en moitos casos case virxes, sucédense ó longo da liña costeira comezando polo Este coa ensenada de Esteiro, Tal, Abelleira, Serres, Muros e Louro, sendo as de San Francisco e a do Ancoradoiro as máis concorridas do municipio, pois ás súas condicións naturais hai que añadir a presencia de frondosos pinales equipados con fontes e asadores para preparar as comidas campestres, contando tamén as dúas con sendos cámpings.
Unha das riquezas maiores de Muros confórmaa o seu rico patrimonio natural, que se caracteriza pola súa calidade ambiental. O singular atractivo que supón o feito de formar parte dunha zona de ría converte a este territorio nunha das partes máis fermosas do litoral galego. O tramo de costa que neste municipio alcanza uns 25 km. de extensión combínase harmoniosamente coas partes interiores, aportando en conxunto unha diversidade paisaxística digna de admiración. A suavidade das súas múltiples ensenadas combinadas con espacios máis elevados conforman unha terra de contrastes sumamente atractiva á vista de todos aqueles que ata aquí se acerquen. A tonalidade verde dos campos, o branco das praias, o gris dos casaríos e o azul verdoso do marcombínanse para esperta-los sentidos do paseante.
Muros é unha vila señorial que enfeitiza a todo aquel que a visita, pois o seu fermoso e coidado casco histórico e o pintoresquismo das súas parroquias embargan ó paseante, tanto pola súa estructura como polas intersantes contruccións artísticas e populares que adornan a nosas rúas e prazas dunha forma plenamente armónica. A proba da súa reputación como unha das villas máis fermosas de Galicia está en que foi declarada Conxunto Histórico-Artístico (Decreto do 29 de maio de 1970). Non seu texto é definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virgen do Camiño». Esta designación está avalada pola súa original estructura urbana plagada de rúas estreitas e serpenteantes nas que destacan os seus acolledores soportais, e por a gran cantidade de monumentos de interés arquitectónico e arqueolóxico que posúe esta localidade mariñeira.
Moitos son os muíños que aquí se encontran, anque dunha maneira especial se deben citar os localizados nos lugares de Serres e Torea, por estar en funcionamento ata fai moi poucos anos. Característica común a eles é a estructura de planta rectangular na que se combina a cantería e a cachotería. Pero de calquera maneira, a obra culminante neste sentido sería o Muíño do Pozo do Cachón, situado na parroquia de Serres. Trátase dun muíño de marea construído no primeiro cuarto do século XIX que se comezou a rehabilitar non ano 1990 por iniciativa do Concello da vila e baixo proxecto do arquitecto D. Jesús Anaya Díaz. A súa importancia estriba en que é un dos muíños desta tipoloxía máis grandes de España e as súas instalacións teñen un alto interese etnográfico, artístico e cultural, formando parte da historia local desta terra. A súa planta é rectangular alcanzando un gran desenrolo lonxitudinal, na que se diferencia a zona de muíños propiamente dita e a parte que antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última parte funcionaron a principios de século, por iniciativa de D. Abelardo Dubert, os Baños de Santa Rita, unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños temperados de algas e auga mariña.
As diferentes estacións rupestres localizadas en múltiples lugares deste municipio atestiguan unha importante presencia prehistórica e dan mostra do inxenio e saber facer dos nosos antepasados, convirtindo a Muros nunha das principais estacións rupestres de Galicia. Segundo os historiadores J.J. Eiroa e Pepa Rei, a abundancia dos petroglifos pertencentes á Idade do Bronce que atopamos en Muros fai que poidamos falar de nada menos que de quince estacións, compostas estas por múltiples grabados de gran singularidade, estando todos catalogados.