Blogia
dendemurosparaomundo

Secta desarticulada en Valencia

Secta desarticulada en Valencia Doce persoas pertencentes á secta chamada "A Congregación da Oliveira" foron detidas, acusadas de asociación ilícita, estafa e abandono de menores.
O seu líder, que se facía chamar Jehuda e era natural de Zaragoza, escollía ós seus adoradores entre persoas de nivel adquisitivo medio alto, como médicos e profesores (non ten sentido converter a xente que está na ruína) e obrigábaos a darlles o dez por cento dos seus ingresos.
A secta planeaba construír doce vivendas xunto á igrexa que tiña en Beninmantel. A idea era facer un complexo relixioso dedicado á congregación (e así ter máis vixiado ao rabaño).
Pero Jehuda, ó que consideraban un deus, non se conformaba con iso e ademais recomendaba abandonar ós fillos. Os nenos saen moi caros e requiren unha atención que impide "centrarse na secta". De feito, un dos denunciantes é un neno que foi abandonado polos seus dous pais, a instancias da secta.

0 comentarios