Iniciativas universitarias de Hai que botalos
O xoves, día 26 de maio, visionóuse en diversas facultades de Galiza o o dvd de Hai que botalos, na nosa tamén se produxo este feito mercé a mobilización de Andrés Rozados Lorenzo e outros compañeiros que o axudaron, o descurso que ven a continuación foi lido en todos os lugares onde se viu dito filme:
O día 19 de Xuño non acaba o mundo. Pero é un día importante. Galiza ten a oportunidade de definirse acerca de si mesma. Díxoo moi ben o Presidente Fraga hai pouco tempo. Galiza ten que escoller entre o prestixio e a aventura.
Como colectivo comprometido coa cultura e a sociedade galega, Burla Negra decidiu implicarse na campaña electoral a favor da aventura. Entre outras razóns porque o Prestixio do Señor Fraga afundiu definitivamente, hai case tres anos, a duascentas millas da nosa costa.
Dentro de Burla Negra, e noutros colectivos do movemento social galego, temos a convicción de que Galiza é un país maduro con recursos humanos e culturais dabondo para valerse por si mesmo. E como tal país, dono de si e capaz de afrontar os desafíos que se lle impoñan. Pero tamén pensamos que para desenvolverse plenamente como país, a nosa sociedade debe atreverse a arriscar.
Moitas e moitos de nós estamos desencantados coa clase política en xeral. Non o queremos ocultar. Pero iso non significa que non reclamemos o noso lexítimo dereito a participar activamente na vida política galega. E hai que dicir ben alto e claro que o Partido Popular de Galicia impide de maneira sistemática a participación dunha boa parte da sociedade galega na construción do país. Insultos, ameazas e listas negras forman parte do seu caduco estilo político.
Por esta razón tivemos que xuntarnos máis de trescentas persoas e facer vintecatro curtametraxes sen un peso, para que a xente que queira poda ver en imaxes cal é a situación do país desde outras perspectivas. Aí ao lado, en Europa, a isto de ter varias perspectivas sobre as cousas, chámanlle democracia, e por aquí andamos moitas e moitos con vontade de importar este concepto á nosa terra.
Non sabemos se o boto abrirá novas vías no país. Pero é a nosa maneira de reclamar outra forma de facer as cousas. Pensamos que antes de nada hai que airear a casa e botar fóra os fantasmas que nos prenden a un modelo social e político esgotado e inútil. Iso é o que cabe decidir nestas eleccións, se aceptamos continuar co caciquismo e a intolerancia ou se pola contra, decidimos implicarnos sen medo no avance real e democrático da nosa sociedade.
O día 19 imos ter festa rachada, pase o que pase. Para nós chega con celebrar o traballo e o empeño de tantas persoas que se sumaron a un obxectivo común, que conseguiron coordinarse para expresar e pór na pantalla unha idea colectiva, centos de persoas que en toda Galiza colaboran xa de maneira activa para facer chegar ao resto da xente estas vintecatro visións cinematográficas da nosa realidade.
Este esforzo cívico e social significa que temos unha sociedade viva e libre, disposta a comprometerse na construción deste país, unha sociedade capaz de cooperar e tecer novas redes de acción e participación. Unha sociedade consciente de que o país é cousa de todas e todos e non só dos políticos. E por isto, sen formar parte de ningún partido, queremos aportar a nosa pedra de granito a estas eleccións. Para que se teña en conta que existen outras visións sobre Galiza que só se poden resumir nun lema: Hai que Botalos!
Hai que botalos!!

1 comentario
ALESSANDRA -
A verdade se somos realistas non será desta cando os botmos pero o traballo xa comezou; e , grazas a persoas coma ti botaremolos abríndolles os ollos os cegos que aínda non están curados e son enganados con promesas pobres, xente que se deixa vender pr ben pouco e q se conforma cun posto de traballo para o se fillo, unha botella de viño ou mesmo cunha farola diante da porta. Esperemos que o noso país encontre por fin a súa propia identidade fóra do interese.
Grazas, david por abrirlle ollos a tanta xente.