Blogia
dendemurosparaomundo

"O touro" de Lorenzo Varela.

"O touro" de Lorenzo Varela. A continuación, achégovos máis á obra de Lorenzo Varela. Este poema titúlase O touro, da obra Catro poemas pra catro grabados. Nel, refléxase paixón, sinceridade, sentimento... Un poema breve, pero non por iso, de pouca calidade. O autor fai preguntas, xoga co diálogo, coas expresións coloquiais, coas respostas logradas dos feligreses, e neste caso, con anáforas coa partícula condicional si. A partir deses recursos, a antítesis imperante na poesía, coa cal, transmite o concepto que quere difundir. Espero que vos guste

O TOURO

¿Quén lle dixo ó touro verde
nas ribeiras verdes de Iria
o que non sabía a morte
o que a serpe non sabía?
-Onde vades, feligreses,
que non levades folía.
-Imos ver si a cruz é demo,
si é muller a varonía,
si o que era peito foi lombo
si se trabucóu a vida.
¿Quén lle dixo ó touro verde
segredos de sodomía?
¿Ou como viron seus ollos
unha verdade escondida?
De corno a corno levaba
o touro verde de Iria,
unha aureola dourada
como un sol morto na ría.
¡Aquel touriño non era
touro como os desta vida!

0 comentarios