Blogia
dendemurosparaomundo

Hai que botalos

Hai que botalos Hai que botalos!!!

O domingo 22 estrease en Compostela ás 19:30 horas a película Hai que botalos , un proxecto audiovisual promovido dende Burla Negrae a produtora A Fraga Maldita, cun marcado contido político e no que participaron máis dun centenar de artistas e creadores galegos. O filme consta de vinte e catro curtametraxes, pertencentes aos máis diversos xéneros, cunha duración non superior aos cinco minutos cada unha, e con el quérense denunciar diferentes aspectos da realidade galega, dende a política de incendios desenvolvida pola a Administración até a precariedade laboral, a emigración da mocidade ou o desaproveitamento das axudas económicas europeas.

Despois de varios meses de realización e de producción, o domingo estrearase este traballo colectivo e autoxestionado, nunha gala na que estarán presentes a práctica totalidade dos directores así como Miguel de Lira, Víctor Mosqueira, Mabel Rivera e Luís Tosar entre outros actores. No mesmo acto farase a lectura dun manifesto no que se explicarán os motivos e as intencións da iniciativa.

Cunha clara finalidade política, o proxecto xurdiu a partir de Burla Negra e da rede sociocultural que naceu ao seu abeiro, Arredemo, e que tiña por fin a “dinamización social e cultural do país”. A través desta rede de acción, que xa conta entre os integrantes con máis de cen colectivos e trescentos particulares, lanzouse a iniciativa de realizar unha creación libre, á marxe da industria, cun orzamento modesto e o interese común do “boto”.

NUNCA MÁIS!!!! HAI QUE BOTALOS!!!!

0 comentarios