Blogia
dendemurosparaomundo

Nunca Máis!

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista Esta é unha alternativa política ó bipartidismo imperante na maioría dos estados actuais, e tamén no español e en Galiza; o Partido Nacionalista Galegoe os seus proxectos de futuro:

Após os Consellos Nacionais de Febreiro e Maio, o PNG-PG está dotado dos elementos xurídicos e as persoas con vontade de traballo que poidan levar a cabo os anceios de compromiso e participación do noso VI Congreso.

Partimos da realidade de que o PNG-PG conta con tres puntos fortes: Compostela, Ourense e Vigo. Neses tres lugares seguiremos a traballar para o crecemento do PNG-PG e da súa representatividade no BNG, e procuraremos paliar os déficit de implantación que temos nalgunhas comarcas e na provincia de Lugo.

Doutra banda, ademais do noso traballo político no BNG, imos continuar dando unha maior presencia específica do noso Partido na sociedade, nomeadamente a través dos medios de comunicación social e as actividades que se organizan.

Os proximos artigos tentarán achegarvos información dos partidos ós que podedes votar nas vindeiras seleccións.

Estreo do filme Hai que botalos

Estreo do filme Hai que botalos Onte día 23 de maio, estreouse o filme Hai que botalos,e como non podía ser menos, non quedou nin unha butaca libre.

A proxección da longametraxe colectiva sobre a Galiza de Fraga na que participaron máis de 300 persoas encheu onte o Teatro Principal de Santiago. A partir de hoxe o filme, en formato DVD, comezará a rular. De momento, os organizadores xa recibiron case 9.000 solicitudes. Viaxará por Galiza, Cataluña, Euscadi, Suiza, Bos Aires,... calquera lugar onde haxa alguén disposto a copiar, exhibir e distribuír libremente este filme que, segundo os seus creadores, ten un "único e explícito obxectivo: botar do poder ao PPdeG".