Blogia

dendemurosparaomundo

O novo estatuto para Galiza que presenta o BNG

O novo estatuto para Galiza que presenta o BNG

Neste artigo ofrécese un enlace onde se mostran as bases para a elaboración dun novo estatuto para Galiza, elaboradas polo partido nacionalista con máis habitantes afíns en Galiza, o Bloque Nacionalista Galego.

Bolivia en loita contra os yankees

Bolivia en loita contra os yankees

O pobo enloita, únese contra o neoliberalismo e as transnacionales.

O Diaño uníu á oligarquia, Deusiño e a Pachamama ós seus fillos, ós mais pobres, para derrotar á oligarquia e nacionalizar os hidrocarburos", din os sindicalistas, tras selar a unidade entre a COB do mineiro Solares, os cocaleiros de Evo Morales, as Xuntas Veciñais de El Alto del carpintero Abel Mamani, a Coordinadora de Defensa do Gas do fabril Olivera e os líderes campesiños e indíxenos como o "Mallku" Felipe Quispe, Román Loayza, Alejo Véliz, Rufo Calle. Se exacerba a loita nacional e a loita de clases. A aldea vai polo gas, pola auga, pola dignidade nacional".

Vai sendo hora de espertar e pular polos nosos intereses, debemonos revelar contra o agresor e manipuldor.

Allende vive na memoria

Allende vive na memoria

Un persoaxe mítico e memorábel, escoitade as súas últimas verbascando o Pazo da Moeda estaba sendo asaltado polo traidor Pinochet e oseu exército armado mercé ó financiamento dos neocolonialistas yankees.
Este home merece un "güebló" enteiro, se queredes saber máis desta persoa adorable e carismática, tendes un enlace á súa páxina...

Hai que botalos

Hai que botalos

Hai que botalos!!!

O domingo 22 estrease en Compostela ás 19:30 horas a película Hai que botalos , un proxecto audiovisual promovido dende Burla Negrae a produtora A Fraga Maldita, cun marcado contido político e no que participaron máis dun centenar de artistas e creadores galegos. O filme consta de vinte e catro curtametraxes, pertencentes aos máis diversos xéneros, cunha duración non superior aos cinco minutos cada unha, e con el quérense denunciar diferentes aspectos da realidade galega, dende a política de incendios desenvolvida pola a Administración até a precariedade laboral, a emigración da mocidade ou o desaproveitamento das axudas económicas europeas.

Despois de varios meses de realización e de producción, o domingo estrearase este traballo colectivo e autoxestionado, nunha gala na que estarán presentes a práctica totalidade dos directores así como Miguel de Lira, Víctor Mosqueira, Mabel Rivera e Luís Tosar entre outros actores. No mesmo acto farase a lectura dun manifesto no que se explicarán os motivos e as intencións da iniciativa.

Cunha clara finalidade política, o proxecto xurdiu a partir de Burla Negra e da rede sociocultural que naceu ao seu abeiro, Arredemo, e que tiña por fin a “dinamización social e cultural do país”. A través desta rede de acción, que xa conta entre os integrantes con máis de cen colectivos e trescentos particulares, lanzouse a iniciativa de realizar unha creación libre, á marxe da industria, cun orzamento modesto e o interese común do “boto”.

NUNCA MÁIS!!!! HAI QUE BOTALOS!!!!

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista

Esta é unha alternativa política ó bipartidismo imperante na maioría dos estados actuais, e tamén no español e en Galiza; o Partido Nacionalista Galegoe os seus proxectos de futuro:

Após os Consellos Nacionais de Febreiro e Maio, o PNG-PG está dotado dos elementos xurídicos e as persoas con vontade de traballo que poidan levar a cabo os anceios de compromiso e participación do noso VI Congreso.

Partimos da realidade de que o PNG-PG conta con tres puntos fortes: Compostela, Ourense e Vigo. Neses tres lugares seguiremos a traballar para o crecemento do PNG-PG e da súa representatividade no BNG, e procuraremos paliar os déficit de implantación que temos nalgunhas comarcas e na provincia de Lugo.

Doutra banda, ademais do noso traballo político no BNG, imos continuar dando unha maior presencia específica do noso Partido na sociedade, nomeadamente a través dos medios de comunicación social e as actividades que se organizan.

Os proximos artigos tentarán achegarvos información dos partidos ós que podedes votar nas vindeiras seleccións.

O afundimento (El hundimiento)

O afundimento (El hundimiento)

O Afundimento, a película con tintes históricos de O. Hirschbiegel, reconstrúe os derradeiros días Hitler cos estalos da memoría de Traudl Junge, a secretaria do führer, e máis outras testemuñas sobre o final do III Reich que axuntou Bernd Eichinger. Nela, pódense apreciar accións tales como: a perplexidade da derrota, as fidelidades fanatizadas, as inmolacións inútiles, a sobrevivencia máis desesperada, oportunismo enchoupado de traizón... Un file que non ten perda.

Ence quere gobernar Pontevedra!!

Ence quere gobernar Pontevedra!!

É por todos coñecidos o "cheirume" que desprende a celulosa Ence en Pontevedra, e seguro que tamén son coñecidos os diversos empregos que garante ós pontevedreses dita empresa capitalista, pero penso que existen outros acontecementos que rodean á empresa que non están tan extendidos...
Unha das propostas do BNG cando se presentou ó concello de Pontevedra foi a de "alonxar" a Ence da ría, "colocándoa" nun lugar preparado para a ela, onde as cotas de contaminación fosen máis reducidas. A celulosa, a cal ten como axioma o que segundo Maquiavelo debía seguir un príncipe, negouse e propuxo novos postos de traballo a cambio de que quedase contaminando na ría.
Dende entón, sucederon algúns sucesos estranos en Pontevedra...
Mentras non complemento o artigo, algúns feitos que non teñen perda

Os Séculos Escuros.

Os Séculos Escuros.

Ó final desta etapa medieval (s. XIV-XV), a máis gloriosa das nosas letras, o idioma e a literatura galega entran nun período de decadencia.

Diversos foron os factores que provocaron este progresivo declive;entre eles cabe salientar: o asentamento no noso país dunha nobreza estranxeira, Intransixente coa cultura e coa língua de Galicia, que vén substituír a unha nobreza galega derrotada tras apoia-los perdedores nas loitas dinásticas pola coroa de Castela, Pedro I e máis tarde(1475-1479) Xoana a Beltranexa; a ausencia dunha burquesía capaz de defende-los seus intereses e os do país; a diminución da poLoación; a perda de autonomía da Igrexa galega, etc.

Estes feitos e a crecente política centralista e intervencionista de Castela, afianzan gravemente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e impiden a consolidación do galego como língua literaria. Neste sistema centralizador aparece, xunto ó concepto de "Estado nacional", a necesidade de uniformización lingüística como factor de cohosión da nova estructura política.

Neste contexto político, a língua galega, durante o longo penodo de tres séculos —XVI, XVII e XV111, denominados SÉCULOS ESCUROS— estivo ausente dos usos escritos. En contraste con esta situación, outras variedades europeas, entre elas o castelán e o portugués, entran nun proceso de fixación e codificación, que lles confire a categoria de línguas de cultura. A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue a se-la vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación.

O exclusivo uso oral carrexou a dialectalización e a fragmentación do idioma e, xa que logo, a súa consideración como língua aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.

A nosa literatura queda así á marxe do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa escura das nosas letras co Século de Ouro da literatura castelá. Así e todo posuímos algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos dan unha mostra da língua da época. Paralelamente a este baleiro de literatura erudita, pervive a vea da lírica popular en forma de cantigas de berce, de cego, entroidos, adiviñas, lendas, romances, contos, farsas, etc. Moitos deles chegaron ata hoxe por transmisión oral.

Unha alternativa política.

Unha alternativa política.

A continuación algunhas propostas do partido PRT-Esquerda Revolucionaria, se vos interesa saber algo máis relcionado sobre este mundo, podedes visitar este websitewebsite.
PRT- ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización anticapitalista que loita polo transformazón socialista da sociedade.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA fundamentase no marxismo como ferramenta para a acción revolucionaria.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización internacionalista que busca a unidade dos traballadores e pobos por encima das fronteiras nacionais e culturais.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA loita ó lado dos pobos esmagados do chamado "III Mundo" contra o imperialismo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA sostén a necesidade de construír unha Internacional Obreira revolucionaria que unifique as loitas dos traballadores e os esmagados de todo o mundo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA oponse a todas as formas de explotación e opresión social, en particular, ás que sofren as mulleres e os xoves.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA defende que todas as loitas son, en realidade, a mesma loita por acabar co capitalismo, por iso apoiamos todas loitas progresistas.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA defende a acción de masas contra o fascismo e o nazismo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA oponse ó stalinismo xa que, representa unha concepción burocrática e autoritaria do socialismo, allea por completo ás ideas de Marx e Lenin.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización democrática que funciona segundo o principio da máis ampla liberdade na discusión e a máis firme unidade na acción.

Xuzgade vós mesmos, o artigo somentes tenta destacar que existen máis partidos que o PSOE ou o PP... existen alternativas políticas.

Frases celebres II. NUNCA MÁIS!

Frases celebres II. NUNCA MÁIS!

Recordades o afundimento do Prestige nas costas galegas? pois a continuación veredes algunhas frases que dixeron certos individuos, membros do goberno do noso país:

"Probabelmente o fuel non toque a costa galega"
(Asenio Fernández de Mesa, Delegado do Goberno, 14 de novembro)

"Xa pasou o perigo máis grave"
(Manuel Fraga, 15 de novembro)

"co Prestige a 60 millas o risco non é alto".
(Henrique López Veiga, Conselleiro de Pesca, 15 de novembro)

", a rápida intervención das autoridades españolas alonxando o barco das costas, fai que non temamos unha catástrofe ecolóxica, como aconteceu en outras ocasións, nin prevemos grandes problemas nas augas españolas nin para os recursos pesqueiros"
(Arias Cañete. Cidade Real, 16.11.02 )

"Todo o fuel que tiña que chegar á costa xa chegou"
(López Veiga, 17 de novembro)

"O petroleiro pido perder entre 3.000 e 4.000 toneladas de fuel".
(Fernández de Mesa, 19 de novembro)

"Se fai falla, volto a bañarme como en Pombares".
(Fraga, 21 de novembro)

"Afecta a unha parte importante Da Coruña, pero non é unha marea negra".
(Mariano Rajoy, 23 de novembro)

"A touro pasado todos acertamos por que lado se tira o penalti".
(Francisco Álvarez-Cascos, Ministro de Fomento, 26 de novembro)

"O vertido afecta a unha extensión moi importante, pero non é unha marea negra".
(Arias Cañete, 26 de novembro)

"Se alguén fala de descoordinación, que o demostre, e, se alguén é capaz de demostrar que é mellor que un petroleiro que se está a partir entre nun porto antes que ser quitado, que tamén diga que estaría disposto a asumir esa responsabilidade. Nós non o imos facer e imos contribuír a que o dano ás familias e o dano ó medio ambiente sexa o menor posíbel. O que non imos facer, Señoría, e xa llo digo, é ir a Galicia a facernos fotografías, a non resolver nada e a mercadear"
(Aznar, 27/11/02).

"Semella ser que se trata dunha variante de fuel que ten algunhas complicacións".
(Fraga, 28 de novembro)

"Creo que hai alarmismos moi pouco xustificados"
(Aznar, Roma 28.11.02 )

"nestes momentos, a estructura atópase deformada. Hai pranchas dobradas cara adentro. Pénsase que o fuel está aínda enfriándose , saen uns pequenos fiíños, os que se viron, hai en concreto catro regueiros que se solidificaron con xeitos de plastilina en estiramento vertical. Debe saír de algunha das fendas. Están os técnicos estudando o que significa iso".
(Mariano Rajoy, 5.12.02 )

Simpáticas?, pode ser, pero considero que debemos pensar que os individuos que dixeron isto, son todos membros do goberno do país de noso. Por iso, debemos facer memoria, dentro de pouco máis dun mes temos a palabra,

NUNCA MÁIS!!

"O touro" de Lorenzo Varela.

"O touro" de Lorenzo Varela.

A continuación, achégovos máis á obra de Lorenzo Varela. Este poema titúlase O touro, da obra Catro poemas pra catro grabados. Nel, refléxase paixón, sinceridade, sentimento... Un poema breve, pero non por iso, de pouca calidade. O autor fai preguntas, xoga co diálogo, coas expresións coloquiais, coas respostas logradas dos feligreses, e neste caso, con anáforas coa partícula condicional si. A partir deses recursos, a antítesis imperante na poesía, coa cal, transmite o concepto que quere difundir. Espero que vos guste

O TOURO

¿Quén lle dixo ó touro verde
nas ribeiras verdes de Iria
o que non sabía a morte
o que a serpe non sabía?
-Onde vades, feligreses,
que non levades folía.
-Imos ver si a cruz é demo,
si é muller a varonía,
si o que era peito foi lombo
si se trabucóu a vida.
¿Quén lle dixo ó touro verde
segredos de sodomía?
¿Ou como viron seus ollos
unha verdade escondida?
De corno a corno levaba
o touro verde de Iria,
unha aureola dourada
como un sol morto na ría.
¡Aquel touriño non era
touro como os desta vida!

Historia do Día das Letras Galegas.

Historia do Día das Letras Galegas.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución un Dia das Letras Galegas, unhha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

Máis don cuarto de seculo despois, celebrados días e dias das letras galeges, normalizada ou en camiño de normalizarse a situación cultural do noso Pais, é bo momento para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros (dos "SEÑORES DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías e minimos anacos da obra, para deixar constancia da honra que merecen estes galegos sobranceiros.
Comezamos con palabras de Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), que lembra aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.

Xa este primeiro ano se editou un libro, unha edición critica de CANTARES GALLEGOS realizada por Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinaria, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambentes populares.
Despois -a partir de entón- fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas adicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas, e hoxe está nun momento en que parece que responde xa ó que pretendiamos todos: Que a festa das Letras Galegas teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambentes minoritarios senón nos ambentes do pobo".

Texto do libro "Os Señores da Palabra". Editorial Ophiusa. Lugo. 1993

Fumalle 10

b&a

Descarga de obras de Rosalía de Castro.

Descarga de obras de Rosalía de Castro.

Hoxe, día de resaca das letras galegas, se vos paetece saber un pouco máis sobre o motivo de que celebremos todos os 17 de maio o Día das Letraas Galegas, podedes ler a Colección de Cantares Gallegos feita por José Casal Lois.
Tamén tendes aquí un enlace no cal se vos ofrece a posibilidade de descargar calquera obra de Rosalía de Castro.
Espero que desfrutedes moito coas súas lecturas. Un saúdo.

Xesús Lorenzo Varela (La Habana, 1916 - Madrid 1978)

Xesús Lorenzo Varela (La Habana, 1916 - Madrid 1978)

Como xa sabedes, este ano adicáselle o Día das Letras Galegas a Xesús Lorenza Varela, neste artigo figuran algunhas anecdotas da súa vida:

Paradigma de fillo de emigrantes, o nacemento de Xesús Lorenzo Varela está directamente vencellado ó fenómeno da emigración galega, xa que ven ó mundo no barco “La Navarre” que transportaba á súa familia desde Monterroro (Lugo) á Habana (Cuba). Era o 10 de agosto de 1916 cando Xosé Ramón Varela García, natural da parroquia de Fufín, e Perpetua Vázquez Ojea, de Lodoso, chegaban a Cuba co seu fillo recén nado á illa na que permanecen ata 1920 en que se trasladan a Buenos Aires (Arxentina).

No barrio de Nueva Pompeya transcorren os primeiros tempos da infancia de Lorenzo Varela que aínda neno regresa ó entorno rural de Monterroso que alterna con viaxes a Arxentina, para acabar instalándose en Lugo nos primeiros anos 30 para estudiar o Bacharelato. Son os anos de proclamación da República que espertan as inquedanzas políticas deste mozo que se achega ó ideario nacionalista durante un acto que celebra o Partido Galeguista o 22 de marzo de 1932 no Teatro Principal de Lugo coa asistencia de Castelao e Valentín Paz Andrade, entre outros. Contacto que o leva a participar da fundación o 11 de xaneiro de 1933 das Mocidades Galeguistas de Lugo con Ramón Piñeiro e outros compañeiros como Fernández del Riego, Xosé Velo, Celso Emilio Ferreiro ou Carvalho Calero. En Lugo tamén toma contacto e entabla amizade con Ánxel Fole que por entón editaba a revista esquerdista “Yunque”, e serán uns anos que marquen profundamente algunhas das súas creacións poéticas posteriores (poemas como ‘”Éramos tres irmáns” adicado á súa amizade con Fole e Ramón Piñeiro, ou “Lugo” adicado á cidade da súa xuventude e despertar político, o corroboran).
Na década dos 30 (1934) Xesús Lorenzo Varela abandona a cidade das murallas para estudiar Filosofía e Letras en Madrid onde contacta co gupo PAN (Poetas Andantes y Navegantes) que xurde do diálogo continuo dun grupo de amigos no café La Granja del Henar, e no que participan Rafael Dieste e Xosé Otero Espasandín. Este último chega a dirixir a revista literaria “Pan” creada en 1935, patrocinada polo irmán de Rafael Dieste, daquela cónsul de Uruguay e aglutinadora de colaboradores cos que Xesús Lorenzo Varela protaniza as Misións Pedagóxicas: considerada unha das páxinas máis brilantes da cultura republicana, este proxecto de dinamización cultural enmárcase nas reformas educativas da II República e o seu principal obxectivo era levar a cultura de xeito lúdico ós recunchos máis afastados dos centros culturais e educativos, tratanto ó tempo de dignifica-los valores da cultura tradicional rural
Esta etapa na biografía de Xesús Lorenzo interrómpese en 1936 co comezo da Guerra Civil española (1936-1939) na que ten unha participación activa, tanto no frente de loita como no ámbito cultural a favor da causa republicana. Logo de participar na constitución da Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura (creada en 1936 por personases como Rafael Dieste, José Bergamín, Rafael Alberti, Antonio Machado ou Federico García Lorca), e de ver condicionado o seu labor xornalístico que por aquel entón centraba as súas actividades creativas, Lorenzo Varela reacciona enrolándose como voluntario para loitar na fronte donde, desde comisario político, pasou a comandar unha brigada da 11 división e a afiliarse ó Partido Comunista.
Labor de combate e loita política que compaxina co xornalismo xa que escribe e dirixe distintas publicacións destinados á tropa en combate, como “El Mono azul” e “Hora de España”, e participa tamén nos volumes colectivos “Poetas en la España Leal” (1937) e “Homenaje de despedida a las Brigadas Internacionales” (1938).
Por estes anos (xullo de 1937) celébrase en Valencia o Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascistas., que se convertiu no máis importante da historia contemporánea pola asistencia de algúns dos escritores da época como Pablo Neruda, Nicolás Guillén, Ernest Hemingway, César Vallejo, Raúl González Tuñón, Octavio Paz, André Malraux, Lois Aragón, etc.
Un novo xiro na vida de Lorenzo Varela o marca o final da contienda civil. Logo de permanecer no campo de concentración de Saint Cyprien (en Francia), consigue embarcar en maio de 1939 rumbo ao exilio en México. De novo o mar de por medio marcan dous dos fenómenos máis importantes da historia española do século XX e da vida de Xesús Lorenzo: a emigración (a pegada atópase no seu nacemento chegando á Habana cos seus pais como emigrantes) e o exilio (derivado da súa actividade política e ós seus ideais a prol da República).
En Veracruz agárdano amigos como León Felipe, José Bergamín e Miguel Prieto que o axudan a retorma-la súa actividade literaria e xornalística chegando a co-dirixir as revistas “Romance” e “Taller”, entablando novas amistades como a de Octavio Paz que o integran na vida cultural mexicana. Unha vitalidade que lle leva a escribir o seu primeiro poemario individual: “Elegías españolas” (Editorial Guerra Literaria, 1940).
Esta primeira etapa no exilio remata en 1941 cando, tras unha breve estadía en Cuba , decide trasladarse de México a Arxentina onde reside seu pai (súa nai falece en 1944) e onde se atopa con vellos amigos da súa etapa madrileña como Rafael Dieste, e con outros galegos como Luis Seoane. O xornalismo e a tradución centran a súa actividade en Buenos Aires onde comeza unha intensa actividade intelectual permanecendo fiel ós seus ideais políticos. Neste ambiente publica en 1942 –e non exento de dificultades- “Torres de amor”, o seu máis extenso poemario en castelán escrito antes da súa chegada a Arxentina, e que conta cun limiar de Dieste e ilustracións de Seoane. Pero 1942 tamén se convirte nun ano clave na vida e obra de Xesús Lorenzo Varela pola súa participación na fundación da revista “De mar a mar”: unha publicación literaria na que se inclúe a poesía, a prosa ou a plástica. Trala desparición desta revista codirixe a quincenal “Correo Literario” (1943-1945) na que publica sete poemas en castelán e numerosos artigos, ás veces asinados co seu propio nome ou baixo o pseudónimo de Felipe Arcos Ruíz. Dos anos 40 son as tertulias no Café Tortoni onde entabla relación con outros intelectuais exiliados.
Na súa faceta de tradutor figuran traballos como a tradución de poemas de Aquilino Iglesia Alvariño, e traducións do portugués ao castelán como"Doña Flor y sus dos maridos" do escritor brasileiro Jorge Amado. Mentras, como creador literario cómpre reseñar “Ofrenda a los franceses”, sendo tamén un excelente crítico de arte e sen deixar de lado un dos fitos máis importantes do seu labor creativo: a publicación da súa primeira obra galega, “Catro poemas para catro grabados”, incluidos no álbum de litografías de Luis Seoane “María Pita e tres retratos medievales”. Corría o ano 1944, o mesmo do falecemento da súa nai, e case dez anos despois, en 1951, faise unha segunda edición destes poemas acompañados dunha tradución inglesa de William Sand, e da música do compositor Julián Bautista.
Lorenzo Varela compaxinaría durante estes anos a poesía con outras actividades creativas , con ensaios e xornalismo. Ademáis de codirixir con Luis Seoane entre xuño de 1946 e xullo de 1948 (logo da desaparición de “Correo Literario”) unha nova publicación: “Cabalgata”, e de colaborar nos xornais e revistas máis importantes de Arxentina (“Clarín", "El Mundo", "La Nación", "El Hogar", "Del Arte", "Sur", "Primera Plana"…), exerce o xornalismo radiofónico a través do programa “Hora Once” co fotógrafo Horacio Cóppola.
A súa militancia política tampouco quedará afastada da súa vida e desde a súa chegada a Bos Aires ao porteño barrio de Nueva Pompeya, Lorenzo Varela incorpórase á militancia política. Coa división do Partido Comunista de España en distintos sectores enfrontados, Lorenzo Varela toma a decisión de se distanciar desas liortas e comeza a militar no Partido Comunista Arxentino colaborando na Frente Cultural.
Pero será a vida sentimental de Xesús Lorenzo a que marque o tránsito dos anos 40 ós 50, xa que entre 1947 e 1952 reside en Montevideo onde entabla unha relación sentimental coa escritora Estela Canto que non chega a fructificar polo que decide regresar a Arxentina onde continúa coa poesía publicando “Lonxe”, en 1954Nesta década empezan a aparecer en Galicia algúns dos seus poemas que se publican en revistas da Galicia da posguerra (no número 11 de “Alba” aparece o poema “María Balteira”), e que Francisco Fernández del Riego inclúe na súa “Escolma da poesía galega IV. Os contemporáneos” , de 1955. Un ano no que Xesús Lorenzo coñece en Buenos Aires a Isaac Díaz Pardo do que se fará amigo e colaborador ata o seu falecemento.
E de novo a súa vida sentimental cobra protagonismo no paso dos 50 ós 60 xa que decide finalmente casar con Marika Gerstein –unha profesora de idiomas viúva e moi culta- en 1960. Con ela ten tres fillos –Hugo, Ariel e Fernando-, e con ela mantén as interesantes reunións que se celebraban na súa residencia con personaxes como León Felipe, Luis Cernuda, Rafael Alberti, Alberto Closas ou Ernesto Sábato. Os anos 60 son tamén importantes porque regresa por 15 días a España empregando unha licencia do xornal “La Razón” no que colabora e para comprobar as posibilidades reais dun retorno definitivo. Volta que non se produce, a pesar de que algúns dos seus amigos (Dieste, Seoane ou Díaz Pardo) sí deciden retornar. Esta década queda marcada por un descenso na producción poética de Xesús Lorenzo do que cómpre destacar a publicación en 1963 do poema “Homenaje a Picasso”, e do ensaio “Seoane o el arte sometido a la libertad”, de 1966, como signo do que será a súa actividade a partir dentón: atención ós compromisos dos amigos que espallan en libros e álbums boa parte da súa creación final.
Así se desenvolven as publicacións do poema “Cantiga nova que se chama cadea”, en 1970 (adicado a Xosé Luis Méndez Ferrín, entón encarcelado, e aparecido no primeiro e único número da revista “Cuco-Rei” editada por Seoane) ou o ensaio adicado á obra pictórica de Salvador Dalí (1971).
O tan ansiado regreso prodúcese en plena transición política española, acelerado pola situación política que se vivía en Arxentina (represión do dictador Videla tralo golpe de estado) e logo dunha viaxe por Europa: entre 1976 e a súa morte vive entre Galicia e Madrid matinando novos proxectos culturais pero nun ambiente de indiferencia e menosprecio cara a súa persoa. Só Xesús Alonso Montero e Ánxel Fole saúdan o seu regreso, e únicamente Díaz Pardo recolle o testigo dalgunha das súas iniciativas como a posta en marcha do Instituto Galego de Información que Lorenzo Varela concebía como instrumento de comunicación e recuperación da moderna historia de Galicia. A Galería Sargadelos de Madrid sería o seu refuxio: alí adicábase ás traducións e lembraba Arxentina.
Coa saúde debilitada, e véndose reducida a súa creación literaria a esporádicas colaboracións como os prólogos de libros de Paz-Andrade e Manuel Lueiro, Xesús Lorenzo Varela chega ó fin dos seus días sumido na soedade. Falece en Madrid o 25 de novembro de 1978, e os seus restos mortais son trasladados ó camposanto de San Martiño de Fufín, en Monterroso (Lugo), no ano 1981."

Algún día tivemos outra bandeira...

Algún día tivemos outra bandeira...

O 14 de abril de 1931, fai agora 70 anos, as rúas das principais cidades de España víanse asulagadas por un tremolar de bandeiras tricolores que celebraban a proclamazón da Segunda República, e trece días máis tarde o Goberno Provisional promulgaba un decreto que determinaba no seu artigo 1º a adopción como bandeira nacional da formada 'por tres bandas horizontais de igual ancho, sendo a vermella a superior, amarela a central e morada moura a inferior', unha disposición ratificada posteriormente pola nova Constitución. Con estas disposicións rompíase unha tradición bicolor que contaba xa con case século e medio de existencia.
A bandeira que a nova República adoptaba como propia, era a mesma que numerosos grupos republicanos -aínda que non todos- viñeran usando como alternativa á aprende roxigualda, identificada por eles coa monarquía, e polo tanto representaba unha idea de troco radical no sistema de goberno do país. A súa disposición en tres franxas de distinta cor estaba probabelmente influenciada pola tríada xacobina de ' Liberdade, Igualdade, Fraternidade ' que os revolucionarios franceses estenderan por toda Europa, pero a característica máis chamativa da nova aprende era a introducción da cor morada.

Dende o punto de vista político a bandeira tricolor representou durante a maior parte do século XIX, a idea dun troco radical que trouxese a España un réxime republicano na que as distintos pobos de España estivesen representados equitativamente.

En relación ó escudo, e para finalizar cunha nota local, dicir a título de curiosidade que un dos poucos exemplares que se conservan do escudo republicano coa coroa mural se atopa na comisaría da Policía Nacional de Alcalá. Despois de setenta anos, trátase dunha auténtico testemuña da nosa axitada historia.

Aaaaiii... algún día tivemos outra bandeira...

O escudo de Muros.

O escudo de Muros.

Escudo actual.

O escudo de Muros conserva os emblemas de Castela e León como recordo da súa dependencia dos soberanos de aqueles reinos; as dúas vieiras, que acompañan a unha carabela, refírense á súa dependencia compostelá. A carabela fai alusión á participación dos navíos locaies na conquista de Málaga en 1.487.

Un importante suceso relacionado co mundo do mar no que estivo implicada a poboación deste lugar e que lle fixo merecedora do título Moi Humanitaria foi o afundimento en augas muradanas, o día 28 de outubro do ano 1905, do buque de guerra da Armada Española Cardenal Cisneros. Os habitantes do pobo fixéronse merecedores de tal distinción feita non ano 1906 polo rei Alfonso XIII, non só por salvar de morir afogados ós máis de cincocentos homes que formaban parte da tripulación, senón tamén por acogellelos durante varios días solidariamente nas súas casas. A este novo título hai que engadir o de Moi Nobre e Moi Leal que xa lle fora concedido non ano 1612.

Escudo antiguo

No documento de 1298 no que a vila pasa, por donación real de Fernando IV, ó señorío da Igrexa Compostelavese o blasón cun castelo de ouro con tres torres do mesmo metal, e apoiándose nel, á dereita, un león rampante de ouro, todo inscrito nun rombo.

Matar ou morrer

Matar ou morrer

Cando o Imperio dos Estados Unidos de Norteamérica decidiu invadir ó Iraque, iniciou un proceso de reclutamento que non debe pasar desapercibido.
A pregunta que realizaron, se ben dun xeito indirecto, foi: “Prefires matar para nós ou seguir loitando contra un sistema adverso con oportunidades moi limitadas”...
Un grupo de embaucadores foron percorrendo as zonas máis pobres de EEUU, para recoller a xente sen recursos económicos e indecisos, que aínda que non estivesen dacordo coa causa, sería probábel que se alistasen para sobrevivir.
Asemade, visitaron campus universitarios e institutos co mesmo fin.
O fin xustifica os medios:
Un xeito de atar persoal militar. Se logo de estar no inferno, decides non volver pasar por el, debes cumprir unha pena de cárcere.
Todo é valido para seguir saindo victorioso das guerras imperialistas.
Cabe mencionar A chaqueta metalica grande filme do grande Standley, onde se reflexa o ambiente vivido nunha guerra.

Máis protestas.

Máis protestas.

O escritor Ray Bradbury esixiu desculpas a Moore por "inspirarse " no título do seu romance Fahrenheit 451, un clásico da ciencia ficción que foi adaptado ó cine en 1966 por François Truffaut. Bradbury quere que o documental de Moore, titulado Fahrenheit 9/11, reciba un novo título.

A razón, segundo o escritor de 83 anos, é que Moore "non solicitou o meu permiso (...) Non é o seu romance, non é o seu título, polo que el non debeu ter feito isto". O romance de Bradbury, publicada en 1953, retrata unha sociedade futurista na que o corpo de bombeiros queima vivendas e bibliotecas para destruír os libros e evitar que a xente teña pensamentos independentes. O título da obra débese á temperatura á que arde o papel. Moore sinalou que Fahrenheit 9/11, que fai alusión aos atentados do 11-S en EEUU, é "a temperatura á que se queima a liberdade".

O seu filme, que gañou en maio o premio principal no Festival de Canns, denuncia que o goberno do presidente George W. Bush actuou en forma inepta antes dos atentados terroristas, e entón aproveitou o temor da xente cara ataques futuros para obter apoio cara a guerra contra o Iraque.

Bradbury, quen non vira o filme, dixo que chamou fai seis meses á compañía de Moore para protestar polo título. Sinalou que se lle prometera que Moore respondería ó seu chamado. A resposta chegou o sábado anterior, dixo Bradbury. Agregou que Moore lle dixo que estaba "avergoñado". "De pronto deuse conta de que deixara transcorrer demasiado tempo", considerou o escritor por teléfono dende a súa casa no vecindario de Cheviot Hills, Nos Anxos.

Bradbury, quen se considera independente, dixo que evitaría recorrer a un litixio, pois espera "amañar isto como cabaleiros, se el me dá a man, e me devolve o meu libro e o meu título".

Todo sexa polo recorte da liberdade de expresión.

Proliferan as denuncias contra Michael Moore

Proliferan as denuncias contra Michael Moore

A polémica segue acompañando ao cineasta Michael Moore. O seu último traballo, Fahrenheit 9/11, segue erguendo revolto en todo o mundo por multitude de razóns

Ademais, Moore tivo que defenderse de diversas acusacións no seu país pouco antes do estreo do documental. Por un lado, o lexislador republicano Mark Kennedy acusou a Moore de acurtar esceas das súas declaracións sobre a guerra no proceso de montaxe do filme porque non se axustaban á súa tese. Moore negou este feito.

Por outro lado, ante as acusacións de parcialidade, Moore tivo que explicar que o seu obxectivo é contribuír a que George Bush "deixe a casa branca (...) O meu filme é unha editorial e non pretendo que sexa un traballo de periodismo neutro e equilibrado". A pesar diso, asegura o director, os feitos presentados no documental son exactos.

Un grupo de conservadores denominado "Move America Forward" lanzou tamén unha campaña para que os propietarios de salas de cine renuncien a exhibir o filme, ó que consideran antiestadounidense. "É escandaloso dicir iso. Todo o que fago, e este filme en particular, proclama que eu amo a este país. Tento salvar ó país do que a administración Bush lle fixo".

Non sei cal é a vosa opinión, pero dende o meu punto de vista, en xente coma Michael Moore deben residir todas as nosas espranzas.

Menos mal que coas armas non se matan as palabras.