Blogia

dendemurosparaomundo

gfdghfd

ggfgfdg

Dvdmuros segue "güeblogueando"!!

Dvdmuros segue "güeblogueando"!!

Hoxe día 7 de xuño, logo de 8 días dende que rematase o plazo para incluir novas no "güebló", xa que este debía estar a punto para o análise.

Agora, gustaríame recordar outra vez máis que dendemurosparaomundo vai seguir colgando noticiais durante o verán, e vai seguir operativo, tentando recoller (manténdose na liña precedente) noticias de actualidade e otros sucesos que deben ser recordados.

A todos os compañeiros de "güebló" e visitantes da páxina, espero seguir en contacto con vós!!

ssssssa

assssas

efdsad

dfdfds

adsasdasd

adsasdd

FELICIDADES GALEGOS!

FELICIDADES GALEGOS!

Os meus máis sentidos parabens galegos e non galegos solidarizados coa causa!!

...
(pendente decomplementar)

O GALEGO NO SÉCULO XX.

O GALEGO NO SÉCULO XX.

A continuación, unha breve síntese da historia do galego durante o século XX.

Dende 1900-1936.

1-O proceso de recuperación da lingua iniciado no Rexurdimento, limitado case exclusivamente á literatura, rexistra un forte impulso no primeiro tercio do século XX. Por unha banda extendese o uso oral a ámbitos cultos dos que antes estaba excluído (mitins, conferencias...) e o uso escrito a todos os xéneros literarios e a todos os campos de cultivo, coma o xornalismo ou o ensaio científico e filosófico. Por outra, esta extensión de usos favorece certa recuperación do prestixio social do galego.
Pero a pesar deste avance, a situación do galego continuará sendo diglósica: a lingua máis prestixiada e a do ascenso social é o castelán, mentres que a lingua da gran mairia, o galego, segue a perder falantes; o incremento dáse nos ámbitos da cultura e da literatura, así como da politica galeguista, pero a nosa lingua segue ausente nos ámbitos fundamentais: administración, ensino, Igrexa, ...

2-Os logros fundamentais ( novos usos no ámbito da cultura, estension a todos os xéneros literarios e da escrita, loita pola dignificación e o prestixio, e reivindicación –frustrada- do seu uso como lingua cooficial) foron protagonizados polas organizacións nacionalistas, xurdidas ó remate da segunda década:

-As Irmandades da Fala: Xurdidas a partir de 1916 baixo o impulso de A. Vilar Ponte teñen como principal obxectivo a defensa, dignificación e expansión do idioma a todos os ámbitos. Na primeira asemblea (Lugo 1918) decláranse nacionalistas, deixando atrás a etapa rexionalista do galeguismo, e fundamentando na lingua a esencia de Galiza e o argumento clave da definizón da nazón.
O seu labor cultural foi dunha enorme importancia durante a década dos vinte (dirixida nesta etapa polo sector menos político e máis culturalista, o de V.Risco): editaron desde 1916 o periodico galeguista e monolingue en galego A Nosa Terra potenciaron o teatro como vehículo espallador da linguae da cultura a través do Conservatorio Nacional da Arte Galega, fixeron proxectos para a galeguización do ensino e doutros ámbitos; o impulso normalizador lévaos a usar o galego en ámbitos reservados en exclusiva para o castelán (conferencias, ciencia,...); fúndanse editoriais para dar sobre todo a coñecer a nova prosa: Lar, Celtiga, Nós.

-Os membros do Grupo Nós (integrantesdas Irmandades e formado por Risco, Pedraio, Cuevillas, Losada Diéguez e Castelao) convertéronse en realidade nos verdadeiros artífices do nacionalismo tanto na elaboración teorica coma na practica politica. Foron a máis grande xeración da nosa literatura: levaron á madurez e modernizaron os xéneros menos desenvolvidos: o relato ¡, a novela, o teatro, e foron os verdadeiros creadores do ensaio galego (os seus discípulos da xeración do 25 farían unha posta ó día da nosa poesía). Non usan só o galego na literatura ou no ensaio, senón que o estenden a todas as formas de relazón que ata entón o excluiran: mitins, anunzos comerciais, correspondencia privada, conferencias,...: o primeiro exmplo plenamente normalizador da nosa historia contemporánea.
A súa empresa máis significativa foi a publicación da revista Nós (1920-1936) onde publicaron traballos de gran altura intelectual, tanto literarios como doutras temáticas culturais. Os obxectivos da revista viñan sendo os da propia xeración: crear para sempre a cultura galega, fornecedora dun espírito propio, nacional, modernizándoa en contacto coa europea e espallándoa polo mundo sen intermediarios. Así, demostraron na práctica a validez do galego para o tratamento deste tipo de temas.

O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) fundado no ámbito universitario por alumnos e profesores e no que se integraron para dirixir algunhas das seccións os membros do grupo Nós, foi unha especie de universidade paralela (tentaba superar o papel atrasado e desgaleguizador da Univeersidade) co obxectivo de estudar cientificamente Galiza en todos os aspectos (etnografía, xeografía, arqueoloxía, historia, arte, ciencias naturais e aplicadas,...) No seu seo iniciase tanto a incorporación do galego á ciencia, aquí nace verdadeiramente o ensaio en galego.

-As angueiras e desexos deste amplo movemento nacionalista conflúen ó inicio da República no Partido Galeguista (1931) no que se integran os membros máis coñecidos das Irmandades e o grupo Nós. O seu obxectivo fundamental era a consecución do autogoberno a través da elaboración e aprobación dun Estatuto de Autonomía. No que a cidadanía aprobou en referendo en 1936, días antes do inicio da Guerra (razón pola que nunca entrou en vigor) promulgábase a cooficialidade do galego, introducíndoo no ensino e na administración.

3-Malia a fundación da Real Academia Galega en 1906 e a pesar dos febles intentos do SEG, que chegou a publicar nos anos trinta unhas normas para unificar a escrita do galego, non se acadou na época, unha normativa fixa ou unha forma estándar do galego. De todos os xeitos, o esforzo dos escritores fixo que se acadase un galego culto supradialectal (superando as etapas dialectista e interdialectista do Rexurdimento): eliminando os numerosos castelanismos que enchían o galego popular botando a man do galego medieval, do latín e do portugués. Tamén se elaboraron algúns diccionarios e gramáticas de certo interese.

Dende 1936-1075.

1,Consecuencias da Guerra e da Dictadura. O réxime dictatorial franquista xurdido da Guerra Civil leva a cabo a meirande represión do galego da historia contemporánea (así como das outras linguas periféricas) e provoca o meirande proceso de castelanización da historia.
Deruba os logros da etapa anterior:asáñase contra a elite cultural e politica galeguista (algúns dirixentes son fusilados, moitos teñen que exiliarse e os demais son castigados e silenciados.); prohiben as empresas e as organizacións galeguistas: o xornal A Nosa Terra, a revista Nós, as editoriais, o S.E.G., o Partido Galeguista...
A enorme desfeita economica de Galiza provoca nos primeiros anos miseria e fame, logo a saída de grandes masas para a emigración. Xa nos sesenta a consolidación da dictadura e o desarrollismo (coa instalación dalgunhas industrias na Coruña, Vigo ou Ferrol) provoca unha progresiva emigración interna cara as cidades (co conseguinte cambio ó castelán). Isto xunto co aumento aumento da escolarización, só en castelán, e o medre dos medios de comunicación de masas (prensa, radio e TV) provoca a meirande perda de falantes da historia e devólvenos a unha situación de forte diglosia: o castelán volve ser a lingua valorada (única dos ámbitos formais da educación, administración, medios de comunicación...) e o galego queda reducido ó ámbito familiar e rural e torna a infravalorarse e empobrecerse.

2.A resistencia cultural:pouco a pouco, con enormes dificultades por mor da censura, comezarán a agromar as manifestacións culturais en galego tentando o tempo e os ámbitos perdidos:
2.1.Ata a década dos cincuenta en GAliza a penas se publican media ducia de libros e ningunha revista. Só o exilio, sobre todo o bonaerense, mantén acesa a chama do galeguismo, e da producción cultural en galego: crean editoriais, manteñenb a creación literaria e ensaística en galego, publicacións periodicas, emisoras de radio, representacións teatrais, tec... convertendo Bos Aires na capital cultural de GAliza (ver gal. exilio).
2.2.Na década dos (por mor dunha certa apertura forzada da Dictadura) iniciase certa actividade cultural e editorial. O máis salientable foi a creación da editorial Galaxia (1950) levada a cabo por un grupo de intelectuais galeguistas (Ramón Piñeiro, Fernández del Riego, Otero Pedraio...) nun intento de recuperar funcionalmente o galego e o seu prestixio literario e cultural, seguindo a pautado grupo e da revista Nós: reeditan os clásicos, recuperan escritores obrigados ó bilingüismo reeditan os clásicos, recuperan escritores obrigados ó bilingüismo (Cunqueiro, Blanco, Amor...) crean unha colección, Illa Nova, para as novas promocións, promoven a edición de revistas, como Grial.
2.3.A partir dos anos sesenta prodúcese un reavivamento da vida cultural galeguista, baixo os seguintes elementos dinamizadores:
A creación de aociacions culturais (O Galo, O Facho, A.C. de Vigo...) que promoven a defensa do galegodentro dunha loita galeguista e democratica máis ampla.
A R.A.G.

O GALEGO NOS MEDOS DE COMUNICACION DE MASAS.

O GALEGO NOS MEDOS DE COMUNICACION DE MASAS.

No século XIX aparecen as primeiras mostras de revistas galegas, coma O tío Marcos da Portela. No primeiro tercio do século XX xorden algunhas revistas bilingües de orientación literaria e cultural ( Ronsel, Resol, Alfar) pero sobre todo da revista monolingüe Nós e o periódico A Nosa Terra. A principios dos 60 de século pasado comezaron a aparecer algunhas publicacións en galego, como a revista de cultura Grial, e o galego apareceu timidamente na prensa a partir da década dos 70.
Os medios de comunicación –sobre todo TV; radio, prensa e ultimamente todo o relaciona coas ferramentas informaticas- son un sector estratéxico de cara a normalización do idioma, pola crecente importancia que teñen nas experiencias lingüísticas diarias dos cidadáns. Pero o galego é, con moito, lingua minoritaria nos medios de comunicación a que temos acceso os galegos, revelándose este sector como un dos axentes castelanizadores máis eficaces. En xeral, podemos dicir que a presencia do galego é escasísima nos medios de escritos e un chisco mellor, pero minoritaria, na radio e na TV. Tamén, en xeral hai máis presencia do galego nos medios públicos ca nos privados.
1.Na prensa só temos un diario de información xeral en galego, Galicia hoxe (antes O Correo Galego) de moi cativa tirada. O resto da prensa diaria que se le en Galicia divídese entre os diarios que chegan de Madrid, integramente en castelán, e os editados en Galicia. Nestes a presencia do galego non supera o 5% (maiormente artigos, colaboracións culturais e viñetas humorísticas). Amosan pouca vontade normalizadora e mesmo traducen sistematicamente ó castelán informacións recibidas en galego. Toda ela é prensa privada e a estas alturas non vale a desculpa do analfabetismo de moitos galegos na propia lingua.
Tocante a certo tipo de publicacións periódicas especializadas (prensa deportiva, revistas do corazón...) a presencia do galego é practicamente igual a cero.
Respecto á prensa non diaria contamos cun semanario de información xeral, A Nosa Terra, moitas publicacións de carácter local pouc omarcal, varias revistas de información e debate (Tempos novos...) e de carácter cultural (Grial, Encrcillada...) e outras de información especializada (temas de natureza, etc..)
Na radio e na televisión o galego recibiu un forte pulo coa creación en 1986 da Compañía da RTVG, coa programación case totalmente en galego, aínda que con fortes eivas (publicidade maioritariamente en castelán e nunha corrección lingüística discutíbel). De todos os xeitos, contribuíron a mellorar a imaxe da lingua, a consolidar a variedade estándar e a erradicar prexuízos diglósicos. Por imperativo legal un dos seus obxectivos é a normalización lingüística.
Hai presencia do galego, pero moi escasa e era maior anos atrás noutras emisoras de radio publicas e privadas. TVE mantén algunha presencia do galego en programas territorios para Galiza. É especialmente magoante a existencia de programas destinados para os emigrantes galegos espallados polo mundo que se emiten en castelán.
De todos os xeitos, a proporcionalidade é abismal na radio e na TV a favor do castelá, co agravante no caso da TV de que futuro se presenta moi preocupante por mor da invasión dunha grande cantidade de canles privadas só en castelán. E a administración galega, ó contrario do que acontece noutras comunidades, non toma medidas a prol do galego (coma o impulso da técnica do dual con dobraxes a galego, a creación dunha segunda canle de TV coma en Cataluña ou Euskadi...; o mesmo acontece verbo dos novos instrumentos de comunicación, como internet).

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

1-NORMALIZACIÓN. Nunca situación de conflicto lingüístico a lengua dominante, o castelán, provocará a substitución ou desaparición do galego se non se lle enfronta unha actuación social que o impida, isto é, un proceso de normalización lingüística.
Entendemos, pois, por normalización lingüística un proceso polo que unha lingua propia, subordinada a outra allea nun contexto de conflicto lingüístico, se desenvolve ata se converter en lingua de uso normal na comunidade.
O obxectivo é recuperar falantes e gañar novos ámbitos de uso (usar a lingua dominante normalmente en todo e para todo). Para levar isto a termo cómpre unha toma de conciencia da sociedade e a adopción dunha política lingüística decidida e orientada a facer do galego o idioma de uso habitual en todas as situacións. E para isto a lingua ha de gañar prestixio, ha de ter estatus legal e ha de ser adquirida e transmitida de maneira natural.

Outro aspecto necesario deste proxecto é o que atinxe á normativización que consiste na formación da variedade estándar ou culta de lingua a través da fixación da ortografía, da fonoloxía, da morfosintaxe e do léxico. Isto é imprescindibole para termos un modelo codificado, necesario para a comunicación formal, o ensino, a administración e os medios de comunicación. A normativa oficial foi fixada en 1982 coa publicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, da Real Academia e do Instituto da lingua, e que recentemente forn levemente modificadas.
A normativización ocúpase polo tanto, das cuestións formais e internas da lingua mentres que a normalización fai referencia ó uso, á extensión social da lingua.

2-ESTADO ACTUAL E PERSPECTIVAS DE FUTURO. Nas dúas últimas décadas, malia estarmos nun momento de forte tensión dialéctica entre un proceso de substitución (sobre todo pola perda de falantes) e outro de normalización, déronse sen dúbida importantes avances no proceso normalizador:

1. Un novo marco legal a través da Constitución, do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüísticas. Isto permitiu mudar o estatus, convertendo o galego en lingua cooficial, impulsar unha politica de planificación lingüística e iniciar a recuperación do prestixio provocando a superación de boa parte dos prexuízos negativos cara a lingua.

2.Galeguizacion das institucións autonómica e municipais. As institucións públicas teñen un importante papel como axentes normalizadores, tanto por se gañaren novos ámbitos de uso para o galego, como polo que respecta a gañar prestixio. Neste aspecto cómpre salientar o uso público maioritario do galego por parte da Xunta de Galicia e a galeguización de boa parte da Xunta de Galicia e a galeguización de boa parte dos concellos, amais do labor normalizador que algúns deles fan entre a cidadanía. Os maiores avances rexístranse nas administracións autonómicas e local, aínda que a primeira adopta políticas pouco decididas e nos concellos os comportamentos lingüísticos son bastante desiguais.

3.Desenvolvemento desequilibrado nos diferentes ámbitos da vida social:
-Situacion próxima á plena normalización no mundo da cultura (literatura, teatro, outras artes...) por se tratar dun sector especialmente sensibilizado coa problemátican cultural do país. De todos os xeitos é unha realidade anterior ó actual proceso.
-De enorme importancia foi a creación dos medios de comunicación públicos en galego, Radio e TV de Galicia. Pero a maior parte dos medios de comunicación (prensa, radio e TV) seguen en castelán.
-Avances significativos no ensino, pero sen se acadar os obxectivos marcados pola lei.
-O castelán segue a ser con moito a lingua minoritaria nos ámbitos sanitario e xudicial.
-Resistencia ó uso do galego por parte dos organismos da administración central presentes en Galiza (Administración de Costas, Delegación do Goberno...)
-Presencia minoritaria do galego na empresa privada. As empresas de tamaño mediano ou grande galeguizadas son escasas, a pesar do importante labor da Fundación Galiza-Empresa. O mesmo pasa co comercio e na publicidade.
-Tamén é minoritaria a presencia do galego na Igrexa, que historicamente foi un importantísimo axente castelanizador.

4.Colectivos normalizadores non institucionais: Amais das institucións e das iniciativas promovidas por universidades, algúns partidos, sindicatos, etc., o labor dun bo número de asociacións que interveñen en diferentes ámbitos é bastante máis decidido que o das administracións. Destacan neste sentido a Mesa Pola Normalización Lingüística, a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, a Fundación Galiza-Empresa, Nova Escola Galega, a Plataforma polo Galego na Información... que desenvolven campañas a prol do galego en xeral ou nos seus propios ámbitos, amais de exámbitos, amais de exerceren unha practica galeguizadora permanente.

5.O aumento do prestixio do galego maniféstase, segundo as enquisas, en que a maioría do galegos son partidarios dun incremento do uso da lingua propia ó tempo que agoiran un futuro esperanzador. Isto tamén se concreta nalgúns aspectos importantes como:
-hai menor desgaleguización e maior presencia do galego en sectores sociais urbanos e instruídos, contrariamente ó que sucedía antes;
-abunda a regaleguizacion de persoas que eran castelán-falantes en orixe;
amplas capas da sociedade practican un monolingüísmo en galego consciente.

E como aspectos negativos máis importantes salientariamos:
-a perda continuada de falantes;
-a ruptura da transmisión xeracional (de pais a fillos) do galego, que leva a un descenso do uso do galego como lingua habitual na xente nova;
-a febleza da politica normalizadora da administración autonómica, que non acomete as actuacións precisas para acadar os obxectivos da lexislación vixente;
-as conductas lingüísticas hostís ou pouco comprometidas co galego en numerosos ámbitos, conforme vimos máis arriba, nos que seguen presentes rutinas e prexuízos de vello.

En definitiva, o éxito do proceso normalizador dependerá do grao de conciencia da cidadanía e do compromiso e eficacia da políticca de normalización lingüística.

O tamaño si importa

Un home de 50 anos que tiña oito esposas sofreu un drástico troco no seu pene por culpa da sua primeira muller.
Aklina Banu creia que o tamaño do pene era o que obrigaba ó seu home a casarse con tantas mulleres, polo que decidiu cortar polo san, literalmente, e cunha folla de afeitar amputou a parte do membro do seu esposo, mentres este durmia.
Non se sabe se Aklina pudo confirmar a súa teoría.

Pasatempos.

Pasatempos.

Que tal ten darías coma detective? Queres porte a proba? Pensas que eres Sherlock Holmes, e en realidade eres o xefe Wiggum? Entra nesta páxina e saberalo...

Estreo do filme Hai que botalos

Estreo do filme Hai que botalos

Onte día 23 de maio, estreouse o filme Hai que botalos,e como non podía ser menos, non quedou nin unha butaca libre.

A proxección da longametraxe colectiva sobre a Galiza de Fraga na que participaron máis de 300 persoas encheu onte o Teatro Principal de Santiago. A partir de hoxe o filme, en formato DVD, comezará a rular. De momento, os organizadores xa recibiron case 9.000 solicitudes. Viaxará por Galiza, Cataluña, Euscadi, Suiza, Bos Aires,... calquera lugar onde haxa alguén disposto a copiar, exhibir e distribuír libremente este filme que, segundo os seus creadores, ten un "único e explícito obxectivo: botar do poder ao PPdeG".

Algunhas verdades sobre o 11-s.

Algunhas verdades sobre o 11-s.

As relacións do goberno Bush con Arabia Saudí foron sempre extraordinarias. En teoría o causante do 11s, o señor Bin Laden, é saudita, non?. Entón porque se deixou marchar, ou máis ben se invitou a abandoar o país á familia de Osama Bin Laden o día despois dos atentados?. Sen facerlles as preguntas previas, propias do paripé policial. Que se pensaría se Bill Clinton deixase marchar a familia do causante da matanza de Texas? A verdade e que sería unha incoherencia.
E convinte saber que nos EEUU un 7 ou 8 % do capital invertido é saudí, co cal, máis razóns para coidalos e mimalos, así como para buscar outros países culpables ós que poder atacar, deixando de lado ó que nun comezo, era o verdadeiramente importante, a vinganza contra o “terrorista” Bin Laden. Familia do cal, foi das máis enriquecidas logo do 11-s.
Cómpre saber de igual xeito, que no momento do “atentado”, as personailidades máis influintes non estaban no Wall Trade Center.Outra anécdota. Dise que se atopou un coche no aeroporto, no cal había un libro en musulmán, en plan, “manual para pilotar un avión”. A verdade e que semella ridículo que, dentro da estúpida moral estadounidense non teñan cabida feito como o de Janet Jackson, e si outros tan irracionais como os mencionados anteriormente.
Como remate, dicir que nada disto seria posíbel, sen un premeditado medo fomentado na poboación, que fixo crer que os EEUU era un país susceptíbel de ser atacado (alarma vermella, alarma laranxa...) A xente gastou moitos cartos en defensa, aumentado así, entre outras cousas, a venta de armas.
Considero que a mentira e a manipulación informativa, é unha constante na organización Bush.

Un BNG novo

Un BNG novo

Este artigo amosa a opinión do luso Manuel Xurés, auditor e membro do grupo de opinión Couto Mixto, sobre os novos aires dentro do Bloque Nacionalista Galego:

O BNG vém de efectuar umha profunda renovaçom das listas electorais e da image externa o que, sem dúvida, se extenderá a médio prazo à própria composiçom interna. Foi um exercício complexo, nom carente de riscos e dificuldades, que tem por objectivo recuperar umha comunicaçom fluida cos seutores sociais mais receptivos ao arelado cámbio politico e que, mália os altibaixos cíclicos, seguem a ver na organizaçom bandeira do nacionalismo galego a única alternativa de transformaçom real de Galiza.

Por disgraça, todo renovamento dum colectivo humano e quase impossível de se realizar sem ferir algumhas sensibilidades que se poderiam sentir vítimas da dinámica criada. Pero a cada é mais evidente que determinados relevos eram inevitáveis pois mais do que diferenças político-ideológicas, que se adoitam brandir coma simples coarctadas dos desencontros persoais, eram velhos ressentimentos, genreiras, egocentrismos vários,…, herdados doutros tempos –épicos, certo– os que estavam a pexar um BNG que, a partir do próximo mes de Junho, está decidido a ser governo ou, quanda menos, cogoverno.

Niste sentido, é elogiável ver como a meirande parte dos "renovados" cederom o seu posto discretamente, sem estridéncias nem foguetaria; o que os honra. Forom e som bos e generosos que derom o milhor de seu pola Terra e o seu povo e que, dende a nova situaçom de "merecida jubilaçom", seguiram com certeza achegando o ombreiro ou assumindo outras responsabilidades pois o país precisa diles.

Outros, os menos, coa imprensa mafioso-colonial –sempre à espreita– de aliada oportunista tentarom dificultar a renovaçom que a grande maioria no BNG, como se poido comprovar nas assembleias democráticas, demandava. Encerelharom o debate baseando-se fundamentalmente na ideia subjacente –quando nom ostentosamente explicitada– de serem imprescindíveis e, diste jeito, qual "renovados" frautistas de Hammeling, levarem dançando atrais diles amplos seutores dos "ratinhos" independentes, encantados coa tal música. Estratégia nefasta, certamente, pois é obvio que quando alguém proclama aos quatro ventos a sua imprescindibilidade, vem sendo o sinal inequívoco de que, fatalmente, é prescindível. Em fim, o final do conto já se sabe como foi: os ratinhos independentes que, coma mim, levam ouvido nesta vida frautas dabondo, nom se botarom ao terreiro.

Intuo que à nova equipa responsável sabe que, inda que durante umha tempada teram de navegar em augas agitadas, tarde ou cedo aquelas iram acougando e, no essencial, tenhem por diante sua todo por ganhar ja que, após vários anos de declínio que tocou chao nas derradeiras eleiçons ao Parlamento Europeu cuns resultados alarmantemente frouxos, ninguém, honestamente, poderá-os culpar dos resultados das vindeiras eleiçons os quais, segundo as sondages, prevéem-se discretos, pero que permitiram consolidar a base social nacionalista necessária prao relançamento futuro. O feito de se plantejarem, de partida, uns objectivos realistas é umha estratégia inteligente, pois dá-se a circunstáncia de que em contendas eleitorais recentes, a teima por acadar metas por riba das possibilidades reais, transformou em derrota subjectiva alguns resultados que, objectivamente, nom eram tam desfavoráveis.

Em calquera caso, o desafio imediato dos "novos pilotos" é saberem transmitir à cidadania em geral e aos potenciais eleutores em particular que a renovaçom em marcha no BNG é umha "mise à jour" necessária, positiva e inelutável pois, de tódalas maneiras, passe o que passare no 19 de Junho, e independentemente de comportamentos individuais de quem, incompreensivelmente, se negam a aceutar a evidéncia, o tempo nom desanda.

Cupire-Padesa imponse ó goberno do Caurel

Cupire-Padesa imponse ó goberno do Caurel

É sabido por todos os veciños e veciñas do Courel, que Cupire-Padesa está explotando unha canteira en Folgoso do Courel qu enon ten licencia municipal, nen de obra, den de actividade porque non ten autorizazón da Dirección Xeral de Urbanismo. Asemade dita empresa capitalista, é causante de graves impactos sociais á paisaxe e ós valores naturais da serra do Courel. Por se fóra pouco, o alcalde do Courel, está a realizar un intolerable trato de favor á empresa ó non paralizar unha actividade que non ten autorización da Dirección Xeral de Urbanismo nen licencia municipal.

Nembargantes, por dicir isto, foron denunciados por calumnias e inxurias cinco compañeiros de SOS-Courel.

Os dereitos humanos, a igualdade ante a lei... semellan non ser os mesmos para tod@s...

BNG e PSOE forxan unha alianza

BNG e PSOE forxan unha alianza

Ás eleccións autonómicas de Galiza adiantadas polo presidente da xunta Don Manuel Fraga Iribarne, que se celebrarán o día 21 do vindeiro mes de xuño, por primeira vez nunha campaña electoralo Partido Socialista Obreiro Español acepta publicamente un pacto co Bloque Nacionalista Galego para formar goberno.

Primeiro foi Rodríguez Zapatero o que convidou ós nacionalistas a unha “colaboración intensa” logo das eleccións galegas no debate do Estado. Cabe mencionar, que a postura dos socialistas respecto á formación dun goberno conxunto en Galiza, é moi diversa, xa que mentres Don Rodríguez Zapatero lle extende o brazo a Anxo Quintana, o jocker Francisco Vázquez nega tal plantexamento e o candidato Emilio Pérez Touriño non se decanta...

Unha vez superada a diversidade de opinións ó respecto, a alternativa semella ser fiábel, unha luz que se ve dende esta cova sumerxida nas profundidades, Galiza...

Dvdmuros segue "güeblogueando"

Dvdmuros segue "güeblogueando"

Hoxe día 30 de maio, remata o plazo para incluir novas no "güebló", xa que este debe estar xa a punto para o análise.

Agora, plantéxanse nos "güeblogueadores académicos" dúas alternativas: unha sería a de renunciar a seguir descrubindo as diversas posibilidades que este servidor nos ofrece ; e outra, a que espero seguir eu, a de continuar "güeblogueando" e continuar desenvolvéndome neste fantástico universo cheo de posibilidades.

A todos os compañeiros de "güebló" e visitantes da páxina, espero seguir en contacto con vós!!

O candidato Fraga

O PRESIDENTE DE GALIZA:

O presidente da Xunta é candidato do PP á reelección, pediu onte o apoio dos agricultores galegos nas próximas eleccións autonómicas, para "non caer en mans de tolos como Carod Rovira".

Fraga, ante 25.000 agricultores e gandeiros -segundo a organización- chegados á localidade de Silleda desde distintos puntos de Galicia, dixo que "temos a obriga de gañar as próximas eleccións que se celebrarán o próximo día 19 de xuño, porque non nos podemos pór nas mans de tolos que estes días estiveron a negar a bandeira de España en Israel ou fixeron caricaturas dos símbolos da paixón de Xesús".

"Non podemos tolerar que sexa o señor Rovira ou os señores que non acaban de escoller un presidente no País Vasco, os que nos digan o que temos que facer. Galicia, unha vez máis, dará a cara se vós queredes", sinalou Fraga.

Neste acto electoral dedicado ós agricultores, Fraga lembrou a súa infancia vinculada ó campo e dixo que a "confianza é o máis importante" e por iso "eu pídovos a vosa confianza, que a defenderei ata o final".

O candidato do PP considerou que "vale a pena dedicar toda a vida ó servizo público, aínda que como en no meu, non se teña un duro" e lembrou, entre os numerosos logros dos seus mandatos, a construción do recinto feiral da Semana Verde de Galicia", onde hoxe se levou a cabo este mitin.

Fraga, que renunciou a ler o discurso que traía preparado, polo cansazo dos asistentes, que abarrotaban o pavillón número un do recinto feiral desde primeiras horas da mañá, subliñou que "o traballo no campo propicia que existan as cidades" e agradeceulle ós agricultores o seu traballo e esforzo, que tamén permitiron que se mantivese "a nosa lingua e cultura".

E mentres en Silleda se celebraba este acto, o propio presidente do PP nacional, Mariano Rajoy, recoñecía que el "tamén perde" se Manuel Fraga non repite na Presidencia da Xunta despois das eleccións autonómicas do 19 de xuño.

"Fraga pode perder a Presidencia da Xunta se non ten a maioría. Eu tamén perdo porque son o presidente do PP e o Partido Popular perde se deixa de gobernar unha comunidade", aseverou Rajoy nunha entrevista ó diario ABC.

Mantivérono como candidato porque el quería ir

Rajoy insistiu en que "mantivo" a Fraga para que o PPdeG volva repetir á fronte do Goberno galego porque "é o mellor candidato; porque quería ir; porque tiña dereito a ir; e porque é o presidente fundador do partido, non por outra razón".

O máximo dirixente do PP destacou a importancia da eleccións galegas na "operación que se fragua" para cambiar o modelo de Estado e asegurou que un triunfo dos populares o 19 de xuño sería "un freo para eses obxectivos".

Así, lembrou que os populares defenden a España constitucional e a da igualdade dos españois "e a Xunta non entraría en presentacións como o do tripartido en Cataluña ou o que se poida formar no País Vasco co PNV, o PSE ou EHAK", concluíu."

rgregre

greergre

Iniciativas universitarias de Hai que botalos

Iniciativas universitarias de Hai que botalos

O xoves, día 26 de maio, visionóuse en diversas facultades de Galiza o o dvd de Hai que botalos, na nosa tamén se produxo este feito mercé a mobilización de Andrés Rozados Lorenzo e outros compañeiros que o axudaron, o descurso que ven a continuación foi lido en todos os lugares onde se viu dito filme:

O día 19 de Xuño non acaba o mundo. Pero é un día importante. Galiza ten a oportunidade de definirse acerca de si mesma. Díxoo moi ben o Presidente Fraga hai pouco tempo. Galiza ten que escoller entre o prestixio e a aventura.

Como colectivo comprometido coa cultura e a sociedade galega, Burla Negra decidiu implicarse na campaña electoral a favor da aventura. Entre outras razóns porque o Prestixio do Señor Fraga afundiu definitivamente, hai case tres anos, a duascentas millas da nosa costa.

Dentro de Burla Negra, e noutros colectivos do movemento social galego, temos a convicción de que Galiza é un país maduro con recursos humanos e culturais dabondo para valerse por si mesmo. E como tal país, dono de si e capaz de afrontar os desafíos que se lle impoñan. Pero tamén pensamos que para desenvolverse plenamente como país, a nosa sociedade debe atreverse a arriscar.

Moitas e moitos de nós estamos desencantados coa clase política en xeral. Non o queremos ocultar. Pero iso non significa que non reclamemos o noso lexítimo dereito a participar activamente na vida política galega. E hai que dicir ben alto e claro que o Partido Popular de Galicia impide de maneira sistemática a participación dunha boa parte da sociedade galega na construción do país. Insultos, ameazas e listas negras forman parte do seu caduco estilo político.

Por esta razón tivemos que xuntarnos máis de trescentas persoas e facer vintecatro curtametraxes sen un peso, para que a xente que queira poda ver en imaxes cal é a situación do país desde outras perspectivas. Aí ao lado, en Europa, a isto de ter varias perspectivas sobre as cousas, chámanlle democracia, e por aquí andamos moitas e moitos con vontade de importar este concepto á nosa terra.

Non sabemos se o “boto” abrirá novas vías no país. Pero é a nosa maneira de reclamar outra forma de facer as cousas. Pensamos que antes de nada hai que airear a casa e botar fóra os fantasmas que nos prenden a un modelo social e político esgotado e inútil. Iso é o que cabe decidir nestas eleccións, se aceptamos continuar co caciquismo e a intolerancia ou se pola contra, decidimos implicarnos sen medo no avance real e democrático da nosa sociedade.

O día 19 imos ter festa rachada, pase o que pase. Para nós chega con celebrar o traballo e o empeño de tantas persoas que se sumaron a un obxectivo común, que conseguiron coordinarse para expresar e pór na pantalla unha idea colectiva, centos de persoas que en toda Galiza colaboran xa de maneira activa para facer chegar ao resto da xente estas vintecatro visións cinematográficas da nosa realidade.

Este esforzo cívico e social significa que temos unha sociedade viva e libre, disposta a comprometerse na construción deste país, unha sociedade capaz de cooperar e tecer novas redes de acción e participación. Unha sociedade consciente de que o país é cousa de todas e todos e non só dos políticos. E por isto, sen formar parte de ningún partido, queremos aportar a nosa “pedra de granito” a estas eleccións. Para que se teña en conta que existen outras visións sobre Galiza que só se poden resumir nun lema: Hai que Botalos!

Hai que botalos!!