Blogia
dendemurosparaomundo

Curiosidades

O PP practica a contracampaña.

O PP practica a contracampaña. Ola, xa queda menos para as eleccións autonómicas de Galiza, máis en concreto, quedan 10 días para saber se se vai optar por un cambio ou se vai seguir a monotonía popular; as últimas enquisas decántanse pola primeira opción, xa que se formaría un goberno en coalición entre os socialistas e o bng.

Ante esta hipótese, don Manuel Fraga Iribarne, afirma que un goberno "social-nacionalista" odería facilitar que se adentrase o terrorismo en Galiza.

Está visto que todo vale, "o fin xustifica os medios"; xa que dende un punto de vista racional esta teoría so pode ser considerada unha aberración.

Hai que botalos!!!

O tamaño si importa

Un home de 50 anos que tiña oito esposas sofreu un drástico troco no seu pene por culpa da sua primeira muller.
Aklina Banu creia que o tamaño do pene era o que obrigaba ó seu home a casarse con tantas mulleres, polo que decidiu cortar polo san, literalmente, e cunha folla de afeitar amputou a parte do membro do seu esposo, mentres este durmia.
Non se sabe se Aklina pudo confirmar a súa teoría.

Prófugo detido coas esposas postas

Prófugo detido coas esposas postas A policia do condado de Boston realizou un dos arrestos mais fáciles da história. Kudsai Kwenda chamounos pedindo axuda porque se puxera unhas esposas e non podia quitarsas .
Os policias dirixíronse ó lugar, pero antes de entrar, viron na súa base de dados que Kwenda tiña unha orde de arresto por non haber comparecido a unha citación xudicial.
Cando o home saíu todo contento a reciber ós funcionários, non esperaba que en vez de o liberalo, o levarian a comisaría, coas esposas xa postas.

Pásao!,pásao!

Pásao!,pásao! A VOTAR ... A VOTAR POLO NON.

PASAO. PASAO....PASAO.

Chegou a hora! Hai que facer un último esforzo, e empregar o instrumento que nos permitiu sacar ó PP do goberno.

Os móbiles son a arma de quen non ten voz.

Úsao! Manda un mensaxe chamando a votar NON.

Pode ser o seguinte ¿Sabías que o referendo non é vinculante e a constitución a aproba o Congreso?.

Non consintas que te enganen. Vota NON.

OUTRA EUROPA É POSIBLE.