Blogia
dendemurosparaomundo

A pena de morte.

A pena de morte. Neste artigo, presento un debate coas posturas a favor e en contra da pena de morte. Espero que vos guste:

A pena de morte é a ultima medida, a sanción extrema a aplicar polos tribunais de “XUSTIZA”.

Desgraciadamente, existen lugares nos que se recorre a este tipo de sentencias. Os apoloxetas deste ACTO IRRACIONAL, lexitiman a pena de morte, apoiándose en que esta, é unha medida de persuasión eficaz, e que supón un alivio para a poboación (pois a PERSOA DEIXA DE EXISTIR), eliminándose así, a un ser perigoso. Esta LEI mercé a estar SUSTENTADA NO MEDO FOMENTADO E ALIMENTADO NA POBOACIÓN, é defendida por ¿SERES HUMANOS?.

Contra esta teoría, e dun xeito racional, plantexándose dúbidas e interrogantes que deslexitiman o acto. A partir de datos, coñécese que a pena de morte, NON FUNCIONA COMO MEDIO DE DDISUASIÓN. Ademais, onde está a segunda oportunidade á que ten dereito o culpábel? Non se poderían reformar as sancións a impoñer propoñendo unha hipotética e probable reintegración do individuo na sociedade mediante un longo proceso de cura? Asemade, quen procesa e condea, tamén mata, polo tanto, quen eliminaría a ese novo asasino?...

Penso, que NINGUEN NACE DELINCUENTE NEN ASASINO, senón que son diversas circunstancias da vida, son as que provocan que un ser humano, remate por facer dano a outra persoa. Na SOCIEDADE DESIGUALITARIA da que formamos parte, non todos temos as mesmas oportunidades... Creo que NINGUÉN POSEE O DEREITO A QUITARLLE A VIDA A OUTRO HUMANO. Igualmente, tamén INFLUEN PREXUIZOS e DISCRIMINACIÓNS a hora de dar o veredicto sobre o suxeito.

Penso que contra a SOLUCION HIPÓCRITA que plantexan algúns dirixentes, deberíase de barallar a posibilidade de especializar uns centros e instalacións, nos cales, se tentara a probable reinserción (na medida do posíbel) do suxeito na sociedade; sen relegalos a un porvir estremecedor ou a unha MORTE INHUMANA.

O ANIMAL HUMANO É O UNICO CON AFAN DE EXTERMINIO, O UNICO QUE MATA, QUITANDOLLE A VIDA A OUTRO DE “IGUAL CONDICIÓN”, SEN MOTIVOS PURAMENTE DE SUPERVIVENCIA. Xa que o resto dos animais “non racionais e menos desenvoltos”, matan para alimentarse e así poder sobrevivir, practicando este acto cruento, por instinto de supervivencia e obrigación natural.

Existen DIRIXENTES que practican CRIMES DE ESTADO contra a HUMANIDADE, poñendo límites ós DEREITOS HUMANOS e deslexitimándoos. Ademais, sendo estes mesmos GOBERNANTES HIPÓCRITAS, criminais a grande escala, xa que son causantes de numerosísimas mortes; ben por pasividade, non interesándolle a situación dalgúns seres humanos (as persoas do 3º mundo), ou sendo eles mesmos os causantes dos exterminios de grandes colectivos. Esto sempre por un AFÁN DE ENRIQUECEMENTO que supera con creces á MORAL e á ÉTICA que en teoría deberían prevalecer.

“ESTAR VIVO, OU ESTAR MORTO, DEPENDE DO CAPITAL”.

“¿CANTOS SERES HUMANOS TEÑEN QUE ASASINAR PARA DARSE DE CONTA QUE ESTO É UNHA ATROCIDADE?”

Se é do voso agrado, gustaríame que fixesedes un comentario sobre este artigo, decantándovos por unha das posturas ou aportando novas ideas sobre o tema.
Grazas.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

1 comentario

Andrew -

Este artigo é realmente interesante... Un tema do que merece a pena falar...
Agora non teño tempo de comentar!!! pero máis adiante espera... que vas ter unha opinión wapa wapa wapa
Veña tio...
Ata mañá
B&A
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres