Blogia
dendemurosparaomundo

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista

Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista Esta é unha alternativa política ó bipartidismo imperante na maioría dos estados actuais, e tamén no español e en Galiza; o Partido Nacionalista Galegoe os seus proxectos de futuro:

Após os Consellos Nacionais de Febreiro e Maio, o PNG-PG está dotado dos elementos xurídicos e as persoas con vontade de traballo que poidan levar a cabo os anceios de compromiso e participación do noso VI Congreso.

Partimos da realidade de que o PNG-PG conta con tres puntos fortes: Compostela, Ourense e Vigo. Neses tres lugares seguiremos a traballar para o crecemento do PNG-PG e da súa representatividade no BNG, e procuraremos paliar os déficit de implantación que temos nalgunhas comarcas e na provincia de Lugo.

Doutra banda, ademais do noso traballo político no BNG, imos continuar dando unha maior presencia específica do noso Partido na sociedade, nomeadamente a través dos medios de comunicación social e as actividades que se organizan.

Os proximos artigos tentarán achegarvos información dos partidos ós que podedes votar nas vindeiras seleccións.

1 comentario

ALESSANDRA -

HOLA PEQUECHO!!!!!!!!!!
Pois a verdade sería interesante un crecemento significativo dos partidos minoritarios, dos verdadeiros partidos que velan pola recuperación do noso pais e os seus intereses.
Eres unha marabilla!!!!!!!!!!!! A VERDADE É QUE CON ESTES ARTIGOS FIXÉCHESME PENSAR E REFLEXIONAR. GRAZAS. QUE CHULINHO ME ERES!!!!!!!!