Blogia
dendemurosparaomundo

Frases celebres II. NUNCA MÁIS!

Frases celebres II. NUNCA MÁIS! Recordades o afundimento do Prestige nas costas galegas? pois a continuación veredes algunhas frases que dixeron certos individuos, membros do goberno do noso país:

"Probabelmente o fuel non toque a costa galega"
(Asenio Fernández de Mesa, Delegado do Goberno, 14 de novembro)

"Xa pasou o perigo máis grave"
(Manuel Fraga, 15 de novembro)

"co Prestige a 60 millas o risco non é alto".
(Henrique López Veiga, Conselleiro de Pesca, 15 de novembro)

", a rápida intervención das autoridades españolas alonxando o barco das costas, fai que non temamos unha catástrofe ecolóxica, como aconteceu en outras ocasións, nin prevemos grandes problemas nas augas españolas nin para os recursos pesqueiros"
(Arias Cañete. Cidade Real, 16.11.02 )

"Todo o fuel que tiña que chegar á costa xa chegou"
(López Veiga, 17 de novembro)

"O petroleiro pido perder entre 3.000 e 4.000 toneladas de fuel".
(Fernández de Mesa, 19 de novembro)

"Se fai falla, volto a bañarme como en Pombares".
(Fraga, 21 de novembro)

"Afecta a unha parte importante Da Coruña, pero non é unha marea negra".
(Mariano Rajoy, 23 de novembro)

"A touro pasado todos acertamos por que lado se tira o penalti".
(Francisco Álvarez-Cascos, Ministro de Fomento, 26 de novembro)

"O vertido afecta a unha extensión moi importante, pero non é unha marea negra".
(Arias Cañete, 26 de novembro)

"Se alguén fala de descoordinación, que o demostre, e, se alguén é capaz de demostrar que é mellor que un petroleiro que se está a partir entre nun porto antes que ser quitado, que tamén diga que estaría disposto a asumir esa responsabilidade. Nós non o imos facer e imos contribuír a que o dano ás familias e o dano ó medio ambiente sexa o menor posíbel. O que non imos facer, Señoría, e xa llo digo, é ir a Galicia a facernos fotografías, a non resolver nada e a mercadear"
(Aznar, 27/11/02).

"Semella ser que se trata dunha variante de fuel que ten algunhas complicacións".
(Fraga, 28 de novembro)

"Creo que hai alarmismos moi pouco xustificados"
(Aznar, Roma 28.11.02 )

"nestes momentos, a estructura atópase deformada. Hai pranchas dobradas cara adentro. Pénsase que o fuel está aínda enfriándose , saen uns pequenos fiíños, os que se viron, hai en concreto catro regueiros que se solidificaron con xeitos de plastilina en estiramento vertical. Debe saír de algunha das fendas. Están os técnicos estudando o que significa iso".
(Mariano Rajoy, 5.12.02 )

Simpáticas?, pode ser, pero considero que debemos pensar que os individuos que dixeron isto, son todos membros do goberno do país de noso. Por iso, debemos facer memoria, dentro de pouco máis dun mes temos a palabra,

NUNCA MÁIS!!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

ALESSANDRA -

Que asco de xente!!! E aínda así Fraga seguirá gobernando a nosa terra. ¿Como podemoos permitir que persoas así sean os altos mandos da nosa Galiza? Que pena que a grande beleza que nos rodea estea estropeada por persoaxes como Manuel Fraga, non merecedor desta terra que nin siquera a valora. A culpa é, sen dúbida, dos galegos.Con esperanza (que é o último que se perde) anímovos a que abrades os ollos e vexades a realidade. Galiza necesita un cambio!!!. David estás facendo un bo traballo e de verdade espero que sirva para acadar as túas metas, non hai dúbida que eres un gran defensor da túa terra.

ALESSANDRA -

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres