Blogia
dendemurosparaomundo

O muiño de mareas.

O muiño de mareas. Moitos son os muíños que aquí se encontran, anque dunha maneira especial se deben citar os localizados nos lugares de Serres e Torea, por estar en funcionamento ata fai moi poucos anos. Característica común a eles é a estructura de planta rectangular na que se combina a cantería e a cachotería. Pero de calquera maneira, a obra culminante neste sentido sería o Muíño do Pozo do Cachón, situado na parroquia de Serres. Trátase dun muíño de marea construído no primeiro cuarto do século XIX que se comezou a rehabilitar non ano 1990 por iniciativa do Concello da vila e baixo proxecto do arquitecto D. Jesús Anaya Díaz. A súa importancia estriba en que é un dos muíños desta tipoloxía máis grandes de España e as súas instalacións teñen un alto interese etnográfico, artístico e cultural, formando parte da historia local desta terra. A súa planta é rectangular alcanzando un gran desenrolo lonxitudinal, na que se diferencia a zona de muíños propiamente dita e a parte que antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última parte funcionaron a principios de século, por iniciativa de D. Abelardo Dubert, os Baños de Santa Rita, unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños temperados de algas e auga mariña.

Xunto ó edificio do muíño emprendéronse tamén nos últimos anos labores de recuperación da ponte pola que se accede a este edificio. Na actualidade funciona como centro cultural con diversas actividades ó longo do ano, e nun futuro podería albergar o Museo Etnográfico e Histórico de Muros. Nas inmediacións dispónse dunha área recreativa, concibida a maneira de auditorio ó aire libre, que contribúe a resaltar a fermosura e singularidade da obra.

2 comentarios

Almu -

Ola David, son Almu, estou facendo un traballo de patrimonio sobre o pozo do Cachón e no concello non me axudaron moito. Ti tes algunha información sobre el, calquera cousa,que me poidas pasar?
deixochoche a miña dirección para que me mandes o que teñas
gracias, moitas

Domingo Barras -

Estimado amigo:
He encontrado muy interesante tu blog acerca de la riqueza cultural y natural de Muros y comarca.
Estoy interesado en la obra del arquitecto D. Jesús Anaya Diaz y he visto que ha rehabilitado vuestro molino de mareas, así como también ha llevado la dirección de la piscina cubierta de Serres.El motivo de ponerme en contacto con ustedes es para pedirles, por favor, unas fotos de dichas obras ( sus exteriores e interiores,dependencias,etc) pues estoy realizando un trabajo de investigación acerca de estas obras de arquitectura y su entorno.
Si alguien es tan amable podrían ser enviadas al siguiente correo:
domi06220@yahoo.es
Muchas gracias .