Blogia
dendemurosparaomundo

O GALEGO NOS MEDOS DE COMUNICACION DE MASAS.

O GALEGO NOS MEDOS DE COMUNICACION DE MASAS. No século XIX aparecen as primeiras mostras de revistas galegas, coma O tío Marcos da Portela. No primeiro tercio do século XX xorden algunhas revistas bilingües de orientación literaria e cultural ( Ronsel, Resol, Alfar) pero sobre todo da revista monolingüe Nós e o periódico A Nosa Terra. A principios dos 60 de século pasado comezaron a aparecer algunhas publicacións en galego, como a revista de cultura Grial, e o galego apareceu timidamente na prensa a partir da década dos 70.
Os medios de comunicación –sobre todo TV; radio, prensa e ultimamente todo o relaciona coas ferramentas informaticas- son un sector estratéxico de cara a normalización do idioma, pola crecente importancia que teñen nas experiencias lingüísticas diarias dos cidadáns. Pero o galego é, con moito, lingua minoritaria nos medios de comunicación a que temos acceso os galegos, revelándose este sector como un dos axentes castelanizadores máis eficaces. En xeral, podemos dicir que a presencia do galego é escasísima nos medios de escritos e un chisco mellor, pero minoritaria, na radio e na TV. Tamén, en xeral hai máis presencia do galego nos medios públicos ca nos privados.
1.Na prensa só temos un diario de información xeral en galego, Galicia hoxe (antes O Correo Galego) de moi cativa tirada. O resto da prensa diaria que se le en Galicia divídese entre os diarios que chegan de Madrid, integramente en castelán, e os editados en Galicia. Nestes a presencia do galego non supera o 5% (maiormente artigos, colaboracións culturais e viñetas humorísticas). Amosan pouca vontade normalizadora e mesmo traducen sistematicamente ó castelán informacións recibidas en galego. Toda ela é prensa privada e a estas alturas non vale a desculpa do analfabetismo de moitos galegos na propia lingua.
Tocante a certo tipo de publicacións periódicas especializadas (prensa deportiva, revistas do corazón...) a presencia do galego é practicamente igual a cero.
Respecto á prensa non diaria contamos cun semanario de información xeral, A Nosa Terra, moitas publicacións de carácter local pouc omarcal, varias revistas de información e debate (Tempos novos...) e de carácter cultural (Grial, Encrcillada...) e outras de información especializada (temas de natureza, etc..)
Na radio e na televisión o galego recibiu un forte pulo coa creación en 1986 da Compañía da RTVG, coa programación case totalmente en galego, aínda que con fortes eivas (publicidade maioritariamente en castelán e nunha corrección lingüística discutíbel). De todos os xeitos, contribuíron a mellorar a imaxe da lingua, a consolidar a variedade estándar e a erradicar prexuízos diglósicos. Por imperativo legal un dos seus obxectivos é a normalización lingüística.
Hai presencia do galego, pero moi escasa e era maior anos atrás noutras emisoras de radio publicas e privadas. TVE mantén algunha presencia do galego en programas territorios para Galiza. É especialmente magoante a existencia de programas destinados para os emigrantes galegos espallados polo mundo que se emiten en castelán.
De todos os xeitos, a proporcionalidade é abismal na radio e na TV a favor do castelá, co agravante no caso da TV de que futuro se presenta moi preocupante por mor da invasión dunha grande cantidade de canles privadas só en castelán. E a administración galega, ó contrario do que acontece noutras comunidades, non toma medidas a prol do galego (coma o impulso da técnica do dual con dobraxes a galego, a creación dunha segunda canle de TV coma en Cataluña ou Euskadi...; o mesmo acontece verbo dos novos instrumentos de comunicación, como internet).

0 comentarios