Blogia
dendemurosparaomundo

Loita pola supremacía mundial.

Loita pola supremacía mundial. Como era de esperar, o imperio dos Estados Unidos de Norteamérica, comeza a situarse estratexicamente nos ámbitos territorial e político, para o que será sen dúbida o grande enfrontamento pola supremacía mundial no século XXI: CHINA VS EEUU.

No que atinxe á situación territorial, cabe mencionar, o achegamento dos Estados Unidos á zona oriental, mediante a colonización de Afganistán e do Iraque, e a parece que próxima conquista de Irán.

Asemade, posicionáronse a favor de Taiwan, xunto con Xapón, no conflicto pola independencia que mantén con China.

Os próximos artigos tratarán máis fondamente este tema.

2 comentarios

ALESSANDRA -

A verdade aínda que verdadeiramente interesante non estou moi informada sobre este asunto pero EEUU xa se sabe que o que busca, como ben di andrés, é domina-lo mundo.Esperemos que non volvamos ser a vergoña de Europa apoiando a Bush. Un enfrontamento contra China é moi probabel vendo a situación actual no mundo. Davidinho este tema telo que ampliar xa que algo de interesa mundial. Estou orjullosa de ti!!! BIKIÑOS

Andrew -

Non existe ningunha dúbida en que os EEUU queren ralentizar o exermente país asiático. EEUU busca a supremacía da súa cultura e o dominio de todo o planeta. Xa que non osa enfrontarse a superpotencias coma Xapón ou a UE, trata de buscar alianzas con eles para que non xordan problemas... China podería ser un perigo para os EEUU, xa que cada vez máis son os países da UE que se mostran menos "afins" á política de G.W. Bush coma Alemaña, Francia, e, en teoría, España e Italia. Xapón ten un enfrontamento con China dende hai séculos, xa que son dous dos países con máis poderío económico. Sen dúbida estamos ante outra guerra fría, xa que EEUU osa entrometerse en Taiwan, pero nunca en China...
Noraboa polo web blog, espero con inpaciencia o artigo ampliado sobre este tema!!!!
Veña David
B&A