Blogia
dendemurosparaomundo

Máis protestas.

Máis protestas. O escritor Ray Bradbury esixiu desculpas a Moore por "inspirarse " no título do seu romance Fahrenheit 451, un clásico da ciencia ficción que foi adaptado ó cine en 1966 por François Truffaut. Bradbury quere que o documental de Moore, titulado Fahrenheit 9/11, reciba un novo título.

A razón, segundo o escritor de 83 anos, é que Moore "non solicitou o meu permiso (...) Non é o seu romance, non é o seu título, polo que el non debeu ter feito isto". O romance de Bradbury, publicada en 1953, retrata unha sociedade futurista na que o corpo de bombeiros queima vivendas e bibliotecas para destruír os libros e evitar que a xente teña pensamentos independentes. O título da obra débese á temperatura á que arde o papel. Moore sinalou que Fahrenheit 9/11, que fai alusión aos atentados do 11-S en EEUU, é "a temperatura á que se queima a liberdade".

O seu filme, que gañou en maio o premio principal no Festival de Canns, denuncia que o goberno do presidente George W. Bush actuou en forma inepta antes dos atentados terroristas, e entón aproveitou o temor da xente cara ataques futuros para obter apoio cara a guerra contra o Iraque.

Bradbury, quen non vira o filme, dixo que chamou fai seis meses á compañía de Moore para protestar polo título. Sinalou que se lle prometera que Moore respondería ó seu chamado. A resposta chegou o sábado anterior, dixo Bradbury. Agregou que Moore lle dixo que estaba "avergoñado". "De pronto deuse conta de que deixara transcorrer demasiado tempo", considerou o escritor por teléfono dende a súa casa no vecindario de Cheviot Hills, Nos Anxos.

Bradbury, quen se considera independente, dixo que evitaría recorrer a un litixio, pois espera "amañar isto como cabaleiros, se el me dá a man, e me devolve o meu libro e o meu título".

Todo sexa polo recorte da liberdade de expresión.

1 comentario

Andrew -

Home! Q tal?Realmente vexo que neste sentido, neste caso aquel día que vimos a peli de risas no piso e cun sorriso serviute para moito! Eu estba un pouco sobao, temos que vela outra vez, o unico malo é que a peli ponme un pouco furioso...
Paréceme unha tonteria que o tipo, o tipo, que ten alternativas a sako póñase a dicir que Michael Moore non lle pidiu pirmiso para por de titulo a súa película coma a súa novela... A frase final resume todo o que pensam os líderes pero o teu artigo reflexa a realidade do mundo...

Veña, veña, veña vémonos prontiño!!!!