Blogia
dendemurosparaomundo

A Constitución Europea. Unha síntese

A Constitución Europea. Unha síntese Este artigo, tenta ser un resumo teórica do que é a Constitución Europea, xa que, como esta é un rollo (por ser extensa e complexa no seu desenvolvemento das ideas), pode ser válido para a xente que teña pouco tempo, e que queira saber igualmente de que trata. Se vos sodes dos que non tedes tempo, invítovos a leelo:

A Constitución Europea, vai ser en pouco espazo de tempo, unha lei vixente e imperante sobre os países que forman parte da UE.

O tratado divídese en catro partes:

A primeira parte, contén os obxectivos, os valores e os principios relativos ó reparto de competencias entre a Unión e os Estados membros, así como as disposicións institucionais básicas da Unión. Aínda que o Tratado constitucional"constrúe" sobre a base do xa existente, o certo é que esta Parte I contén importantes novidades e moitos dos seus artígos son orixinais na súa redacción.

A parte II, contén a Declaración de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, tal e como foi proclamada en Niza en decembro de 2000, con algunhas modificacións no seu preámbulo e nas disposicións finais de natureza horizontal relativas ó ámbito de aplicación e á interpretación do seu contido.

A parte terceira contén as bases xurídicas das políticas comúns, así como o desenrolo das disposicións relativas ó funcionamento da Unión esbozadas na Parte I; en boa medida, reproduce case sen modificacións o contido do Tratado da Comunidade Europea e do Tratado da Unión Europea.

Como remate, a cuarta parte contén as disposicións xerais e finais; o seu articulado refírese fundamentalmente á sucesión e continuidade xurídica entre as actuais Comunidade e Unión Europeas e a nova Unión Europea, á aplicación territorial, ós procedementos de revisión á ratificación e entrada en vigor, así como ás versións auténticas do Tratado constitucional.

O Tratado constitucional ten dous anexos: o primeiro anexo, relativo á lista de productos obxecto da política agrícola común, e o Anexo II, que contén a lista dos países e territorios de ultramar.

O Tratado constitucional ten ademais 36 Protocolos anexos. 28 de estes Protocolos reproducen Protocolos xa existentes nos actuais Tratados da Comunidade Europea e da Unión Europea. Na maior parte de estes 28 casos, os Protocolos experimentaron pequenas adaptacións de compararselles cos textos hoxe vixentes; non obstante, hai Protocolos que foron obxecto de profundas reformas, como por exemplo o relativo ó papel dos Parlamentos nacionais ou o Protocolo sobre a aplicación dos principios de subsidiariedade e proporcionalidade.

Finalmente, hai 8 Protocolos de nova creación:

-Sobre determinadas disposicións transitorias aplicables ás institucións.
-Sobre o Eurogrupo.
-Sobre as modificacións do Tratado EURATOM.
-Sobre a cooperación estructurada permanente en materia de defensa.
-Sobre a adhesión ó Convenio Europeo de Dereitos Humanos.
-Sobre as disposicións todavía aplicables das Actas de Adhesión anteriores á última ampliación.
-Sobre as disposicións aínda aplicables da Acta de Adhesión de 2003.
-Sobre os actos e Tratados que complementaron ou modificaron o Tratado constitutivo da Comunidade Europea e o Tratado da Unión Europea.

Un pouco rollo non? Se queredes podedes engadir información sobre ela, ou comentar que vos parece. Un saúdo.

1 comentario

Andrew -

Q pasa meu amigo!

A verdade é que este artigo é menos interesante que o anterior, porque gústanos coñecer a túa opinión, aínda que nas furnas veuse que a nosa opinión non é nin a do 10% case...
Eu apoio unha consitución, pero non esa, que traballen carallo que se se rebanan un pouco os sesos poden facer unha millor... Tamén merece a pena destacar que case a totalidade dos botantes non leron nin a portada da Constitución Europea, así que... este artigo serve para abri-los ollos a aqueles que votaron e non saben o que.

Veña rapás!! vavavavava, hai que portarse ben! Coida ese pescozo!!!