Blogia
dendemurosparaomundo

Caracterización dos personaxes

Caracterización dos personaxes Neste apartado, tratamos de mostrar como son as diferentes personaxes da historia, centrándonos principalmente nos animais que son os protagonistas da novela, aínda que tamén faremos fincapé nas actitudes que adoptan durante toda a obra e no que nos suxire cada un dos personaxes, e logo contrastaremos o noso criterio co que representa cada un dos animais para o autor e para outros estudiosos de George Orwell.

A continuación faremos unha serie de paralelismos que caracterizan os personaxes, e as relacións entre eles:

- Maior:

É o cocho líder, o animal máis sabio de toda a granxa. O seu estado físico e deplorable, e aínda que está durante pouco tempo involucrado na historia, é o causante de toda a revolución, é o ideólogo. Parecía ser ademais o conselleiro de tódolos animais, sendo así motivo de admiración para a maioría dos animais e causa de envexa para outra minoría ( Napoleón). Este porco transmite confianza, seguridade no que di, carisma, e ademais argumenta perfectamente os seus ideais, emitíndoos cara os outros animais de forma que estean escoitando entusiasmados. Trata de influír na mentalidade dos animais para que non sexan conformistas, que loiten pola liberdade, que traten de ser eles mesmos, e non escravos dos humanos. A súa morte non representa neste caso o cese da loita, senón que é o motivo real polo que os animais móvense e rebélanse contra o humano malvado e opresor. A victoria é dedicada a este porco, o auténtico líder da revolución, xa que el foi o que impartiu e concienciou o resto da granxa para dicir: ¡ Basta! ¡ Debemos atacar!. Polo tanto, este porco inspira sabedoría, e aínda que estaba agonizando, a punto de morrer, os ideais deste porco permanecían impunes ata a hora do seu falecemento, e continuou ata o fin motivando, incentivando, animando e axitando a revolución. Era un porco afable que vía na violencia a única resposta para solucionar a súa situación, e ademais castigar duramente ós opresores.

- Snowball:

É o principal seguidor dos ideais do líder Maior, é o principal afectado polo falecemento do seu ídolo e amigo. Logo da súa morte, permanece, aínda que inquedo e atemorizado pola morte do carismático orador Maior, con gañas de levar a cabo os seus ideais, de feito que pouco despois do falecemento deste porco, os animais están máis motivados para a revolta, tendo tantas ansias de liberdade que eles mesmos saben que son capaces de conseguilo, teñen a confianza e a seguridade que o anterior líder lles proporcionou e lles inculcou. Tras logar botar ó campesiño da granxa, este brillante porco trata de establecer e continuar o legado que deixara o seu amigo morto, eliminando toda referencia ó humano e elaborando unha "personalidade" propia para a nova comunidade. A eficacia e a unión que logrou este porco vén dada pola súa capacidade de actuación, xa que este porco suxire confianza en sí mesmo, e no que está a facer, capaz de acadar todo o que se propoña. A diferencia do anterior líder, máis carismático e orador, Snowball ( bola de neve, traducido ó galego) ten unha actitude máis de actuación e de cooperación entre os membros da granxa, buscando sempre un consenso e a igualdade entre os inquilinos. O seu proxecto soamente se ve debilitado pola oposición doutro porco, Napoleón, o cal posuía o apoio dos cans, e intentaba de derrocar a Snowball mediante tácticas de manipulación, convencendo ó resto dos animais de que o seu proxecto tiña moitos erros, e acusándoo de tratar de ser o gobernante principal da granxa, acción que realiza máis tarde el, ó facer o golpe de estado. A tenacidade e intelixencia de Snowball non foi suficiente para manter o seu liderado na granxa, e pouco despois foi derrocado mediante métodos pouco ortodoxos por Napoleón e os seus secuaces.

- Napoleón:

A súa grande conspirativa é o seu risco principal. Non ten grandes dotes de orador coma os anteriores, nin a tenacidade nin a intelixencia de Snowball, nin o carisma que transmitía Maior, pero aínda así, ten certas dotes de manipulación e de persuasión cara as grandes masas ( dotes características dun dictador), pero a súa forte personalidade e os seu espírito de loita e de rebelión é tamén moi representativo, aínda que este sentimento é orientado cara os seus intereses persoais, a diferencia dos outros dous lideres, que buscaban a igualdade, a unión. A súa arrogancia móstrase dende o principio da obra, e aínda que non posúe intelixencia de oratoria e de instrucción cara as masas, posúe unha grande capacidade de acción e de persuasión. A súa alianza cos feros cans fomenta a súa superioridade con respecto ó resto dos animais da granxa que acaban tendo medo, represión e asimilación que tiñan ó principio co granxeiro Jones. É un personaxe orgulloso e fachendoso, que non dubida en eliminar a aqueles que mostren comportamentos que teñan calquera relación cos réximes anteriores ou que non estean dacordo co sistema implantado.

- Boxer:

O cabalo, a animal máis forte da granxa, e o que posúe maior espírito de traballo, esforzo, entrega e sacrificio. É outro dos personaxes que máis cooperan para a liberdade da granxa e dos animais, xa que, probablemte, era un dos que máis traballaba para o amo humano. A súa complicidade co burro Benxamín é moi relevante na historia, xa que aínda que non sexan líderes da comunidade, toman especial importancia nas decisións e están presentes ó longo da historia. Este personaxe non destaca pola súa intelixencia nin tenacidade, pero o seu espírito de loita é moi relevante para o resto de personaxes, a súa forza e enteireza acaba por axudar ós outros animais. Estas características son o que fan que este animal sexa moi importante para a historia, e, como podemos comprobar, e súa marcha da granxa marca un antes e un despois na comunidade, xa que sen Snowball e sen el, Benxamín queda só como único membro pioneiro da rebelión, tal e como está foi plantexada ó principio.

- Benxamín:

É o animal máis cauto e máis curioso da granxa. Trata sempre de investigar e descubrir cada vez máis dos proxectos que se tratan de levar a cabo na opresión "napoleónica", e non descansa ata tratar de descubrir tódolos seus propósitos. A súa amizade con Boxer fan destes dous un dúo ideal: o cabalo transmitía o esforzo e a loita, e el a curiosidade, a búsqueda de solucións, o anhelo de conseguir sempre unha sociedade mellor. Esta unión indisoluble e case fraternal ( ó longo da historia permanecen xuntos os dous personaxes ) rómpese coa desaparición do seu amigo. Agora, os porcos eliminaran ó líder carismático ( Boxer ) e ó animal con máis forza da granxa ( Snowball ). Isto produce no burro un sentimento de desacougo e de tristeza, pero aínda así continua loitando por descubri-las intencións dos cochos, sen resignarse a permanecer sublevado ós seus intereses. Acaba de ver que é o que estaba sucedendo na granxa, e representa a esperanza de que é posible entender o mundo e de que a partir de aí nada pode seguir igual... Unha imaxe crucial na historia é cando, Benxamín realiza a través da súa mente unha comparación entre os porcos e os humanos. Unha vez entendido iso, é el quen decide encabezar a nova rebelión contra a opresión conxunta dos porcos e humanos.

- As ovellas e as pitas:

Son as personaxes estúpidas e maioritarias, que representan con diferencia a maioría da poboación. Carecen de criterio propio, e precisan duns ideais, dunhas argumentacións que fagan que se sintan cómodos na sociedade da granxa. Caracterízanse tamén por ser totalmente acríticas coas medidas que implantan Napoleón e os seus representantes, e teñen capacidade de resignación e de sublevación. A manipulación e a persuasión destes animais é doada de acadar, xa que a súa intelixencia limítase ás aprendizaxes que reciben dos membros máis sabios. Na revolución primeira, liderada por Snowball, comezan a ser instruídos do xeito máis básico, comezando pola súa alfabetización e por inculcarlles unha serie de coñecementos elementais. Aínda así, este período foi rapidamente truncado coa chegada de Napoleón, ó que non lle interesaba a alfabetización destes animais, senón todo o contrario: intentaba explota-lo máximo a súa capacidade de traballo e os recursos que poden chegar a ofrecer.

- O corvo Moses:

Esta personaxe se caracteriza pola súa facilidade por cambiar dunha situación a outra. Aínda que en principio é repudiado e marcha co granxeiro Jones, este volta ó mesmo tempo que sucede o golpe de estado de Napoleón, tratándose de manter nun segundo plano despois de ter que fuxir da granxa. Os corvos teñen especial aprecio polo ouro e polas cousas de grande valor, e isto ten unha simboloxía especial que analizaremos logo no comentario crítico da obra.

- O granxeiro Jones:

Afeccionado ó alcohol, maltrata ó seu gando, e busca sacar o máximo rendemento posible a cada animal. O seu obxectivo e o motivo polo que ten a granxa é sinxelo: producir canto máis mellor, ter sempre recursos dispoñibles e obte-lo máximo rendemento posible. Para el, o home é un ser superior en toda regra, e os animais deben estar sempre a disposición dos seres humanos, xa que eles están neste mundo precisamente para iso, para servirnos.

-Outras personaxes:

-Gordiño roñón:

É un cocho moi xove que dá mitins tentando persuadir ós animais do bo funcionamento da granxa baixo o mandato de Napoleón.

-Cans:

Son os represores de Napoleón, xa que silencian e oprimen ás masas que insinúan unha resistencia ó réxime.

2 comentarios

BFS -

Eu tamén me sumo as felicitacións. Que traballazo! A única cousa en que disinto da descrición que fas é na caracterización final de Benxamín, o burro escéptico e bo amigo. Aínda que non sucede exactamente igual no libro, nas últimas escenas dos debuxos animados, o burro que acaba de ver que é o que estaba sucedendo na granxa, representa a esperanza de que é posible entender o mundo e de que a partir de aí nada pode seguir igual... É el quen encabeza a nova rebelión contra o opresión conxunta dos porcos e humanos. Well done, David!

Andrew -

Ola! como andamos? eyyyy q passa¿? Quero dicirte que este curro de animal farm esta wapo wapo wapo... a caracterización está moi ben preparada e explicada, e resume os sentimentos, sensacións e vibración que Orwell quería transmitir nos seus personaxes... Como xa sabes, esta obra eu lina prematuramente, ós 9 anos, pero agora a entendo dunha maneira millor... O traballo duns fainos máis intelixentes ós outros, e ti fanos máis ricos intelectualmente falando, e como persoas, porque estás como unha cabra e iso nótase na nosa personalidade despois... Veña liante! coidate moito e weblogea aí de risas