Blogia
dendemurosparaomundo

O vídeo de debuxos animados. Un resumo

O vídeo de debuxos animados. Un resumo Este artigo é un resumo do video de debuxos animados "A Revolta dos Animais",unha fantástica obra de George Orwell, se vos apetece saber de que vai... Son 10 minutos de lectura, que lle quitedes proveito:

O vídeo é unha representación audiovisual na súa forma cinematográfica da obra de George Orwell´s “A revolta dos animais”. O vídeo presenta a historia do “impredicible”, unha hipotética revolta de animais de granxa fronte ós seus autonomeados donos e unha posterior asimilación destes de lingua, costumes e ideoloxía humanas.

No seu comezo aparece un granxeiro malhumorado que visita de xeito agresivo ós animais da súa granxa. Os animais amósanse amedrentados e permanecen quedos ante o caracter agresor do único animal humano presente ata agora na historia. Esta situación desagradable, unha constante na vida de animais propios dunha granxa provoca que decidan unha reunión na que o máis vello, o porco Maior de considerables dimensións e aspecto avellentado, fala en ton de irmán de cara ós seus compañeiros. Este, fai ver ó resto a desoladora función vital de cada un dos animais, ante o que responden cun xesto de temor e preocupación que se converte en alboroto. Como culminación da xunta o porco propón unha revolta que os conduza ata unha ansiada liberdade, os compañeiros responden con cánticos ata que estes son interrompidos polo falecemento do porco xefe Maior.

Trala morte do ideólogo, o granxeiro interrompe a tráxica escena lanzando un par de disparos ó aire. Ó día seguinte, os animais érguense e non teñen alimento algún que levarse á boca, xa que o granxeiro non se levantou para proporcionar enerxía en forma de comida ós seus “peóns”. Os animais buscan unha alternativa para poder comer algo, e diríxense cara as reservas de comida existentes na ganxa. O granxeiro erguese malhumorado, pois percatarase da xogada dos animais, e diríxese cara eles cun látego, estes en lugar de escapar atemorizados, enfróntanse ó granxeiro. O home non ten reparo en empregalo látego para espanta-los animais, aínda que mediante a unión o superan en forza. O granxeiro fuxe aterrado, escondéndose nunha taberna da vila chamada Red Lión, onde se atopa con outros granxeiros do lugar.

Mentres os animais celebran a súa victoria fronte ó humano opresor e manipulador das súas vidas, o granxeiro Jones pide axuda ó resto dos habitantes da vila para recuperar o terreo perdido. Nembargantes, os animais deféndense das acometidas dos humanos, quen empregan tanto ferramentas para o tratamento da terra como armas de fogo, e teñen que abandoar o territorio pertencente ós animais, tal como planeara o porco Maior (traducido ó galego, alcalde). Os animais desfánse das ferramentas empregadas polo granxeiro, tanto para tratar aterra como para someter ós animais, lanzando algunhas ó pozo e queimando outras. Mentres contemplan ó lume, os animais entoan cánticos, festexando a súa total independencia. Posteriormente, entran na casa do campesiño e observan cabezas de animais disecadas, e outros adornos no antigo fogar do granxeiro, que fan que os animais desaten toda a súa ira contra os alimentos e prendas que son feito grazas ás súas labores ou á súa matanza, bando claramente a función que cumprían nunha sociedade na que prevalecían os intereses humanos. Deciden abandonar a casa e formar eles mesmos o seu propio fogar lonxe do que por moito tempo foi o seu opresor; paralelamente á marcha dos animais dáse un feito que marcará o desenlace da historia, un dos cochos, chamado Napoleón, decide permanecer alí, negándose a acompañar ós seus compañeiros, e realizar o seu propio plan. Os animais póñense dacordo en que poden desenvolver a súa actividade perfectamente nunha granxa deles á que chamarán Maior (en honra ó porco líder, ideólogo da revolta) sen a axuda do granxeiro, e redactan en conxunto unha serie de normas comúns, entre as normas destaca: “ Catro pernas ben, dúas pernas mal”, norma que fai que as galiñas non se vexan identificadas, pero despois póñense dacordo en que as alas son consideradas como pernas ou patas. Outro dos mandatos que é importante destacar é: “ Un animal nunca debe matar a outro”, declarando o dereito á vida como un principio fundamental.

As pombas (animal que en diversas obras é o encargado de expander mensaxes) fai o propio na obra de G.Orwell´s, e diríxense á vila a comentarlle a animais doutras zonas o que está a acontecer na granxa Manor. Estes, non dubidan en dar un xiro radical e seguir a proposta plantexada, abandonando a escravitude e dirixíndose cara un xeito de vivir basado na cooperatividade e igualdade entre eles, provocando unha transformación no mundo animal.

De seguido amósanse os diversos avances dados na granxa Maior, agora os animais toman por súas, accións “propiamente” humanas como por exemplo o aprendizaxe das letras e dos números que lles garante unha comunicación máis “desenvolta” e a capacidade de levar a contabilidade das tarefas que deben realizar. Mentres, Napoleón continua a forxar unha relación férrea cos cans abandonados polo granxeiro. A humanización dos animais é inminente, xa que toman por seus actos considerados só de seres humanos ( empregan roupa, dispoñen de servicios antes inexistentes como a luz).

Napoleón continua intentando liderar os animais, pero estes prefiren o criterio que establece Snowball, o porco que tomou o liderado logo da morte de Maior. Coa colaboración dos cans, Napoleón faille fronte a Snowball, líder da utopía animal, quen se ve acurralado e acaba fuxindo da granxa, mediante un “golpe de estado” acádao poder e somete ós membros da anterior sociedade.
O novo líder plantexa as súas teses coas que a comunidade será próspera e acusa a Snowball de querer o regreso dos humanos a granxa. Napoleón leva a cabo a iniciativa de construír un muíño, antes proposta por Snowball, pero que non foi posta en marcha debido ó desconcerto que provocaba e a falta de aceptación por algúns dos membros da sociedade alí establecida debido á dureza que suporía a construcción desta. O novo réxime establecido presenta un talante diferente, apreciado polos habitantes, xa que Napoleón decide os horarios de comida (momento no que poden descansar do traballo feito), cun toque de corneta e establece a seguinte norma: “Os animais non deben durmir nas camas dos humanos”. Asemade variou outras normas, que diverxen das dictadas por Snowball, para aumentar o seu poder e a súa capacidade de decisión e influencia sobre a nova sociedade, consolidando así seu modelo.

Nesta liña, variou unha das normas que prevalecía antes da súa chegada: “Ningún animal pode matar a outro animal”, senteciando: “Ningún animal pode matar a outro sen causa xustificada.” Esta nova norma escribiuse logo de que Napoleón asasinase a algúns dos membros da comunidade, tras mostrar unha actitude repúdiante de cara o trato recibido.

Dáse un feito curioso que sorprende a algúns dos animais: Un home aparece na granxa, entra na casa onde habita a elite dominante e sae cun saco cheo de moedas. De volta á taberna, o home ponse a contabilizar a recadación, de xeito que o resto dos granxeiros móstranse asómbrandos e conversan con el para tentar descubrir de onde procede o diñeiro.

A continuación, os campesiños xúntanse e ármanse en armas e valor para dirixírense cara a granxa. Os animais camúflanse ante a predicibel chegada dos “seres racionais”, e mediante unha serie de estratexias e unha boa planificación e organización, os animais saen dos seus respectivos refuxios premeditamente establecidos de xeito ordenado, sorprendendo ós humanos que permaneceran estáticos ó non veren a ninguén e non foron capaces de resistir ás acometidas dos animais, escapando de novo cara a vila. Paralelamente, Napoleón reúnese co resto dos porcos para condecorarse, momento no que explota a dinamita que anteriormente colocaran os seres humanos, derrubando a granxa por completo; polo que os animais, a maioría deles malparados e feridos trasládanse cara outro emprazamento.

O proceso de humanización segue o seu curso, agora os líderes dispoñen de espectáculos para o disfrute e ocio. Mentres, o traballo non cesa, e coa chegada dun temporal dáse un accidente laboral, a lesión do membro máis capaz do grupo, o cabalo Boxer, debido ás pésimas condicións nas que se traballaba: unha xornada de traballo moi extensa que desencadeou nun descenso do rendemento e falta material (precariedade laboral). O día seguinte chega un automóbil á granxa que leva a Boxer, xa que agora xa non supón un beneficio económico, e constitúe un atranco para a construcción do “imperio”. Os traballadores enfróntanse ante unha situación de desacougo e inoperancia ante o que o dictador impón respecto taxantemente e xustifica o acto que os conmovera.

Nesta situación remátase o muíño de vento, proxecto primordial de Napoleón, e que significa o comezo dunha industria en crecemento, as industrias Napoleón son xa un feito. Os animais, proseguen coa súa humanización, comezan a empregar vestimenta, e deprenden a escribir a máquina... Séguese a desenvolver a cultura e actos de ocio ós que asisten somentes os gobernantes, é dicir, aqueles que non traballaban. Este feito plasmase nunha nova regra que modificaba a anterior: “ Tódolos animais son iguais”, ó que se lle engadiu “... pero uns son máis iguais que outros”. Esta norma afirma a dictadura, e a existencia de clases, colocando a algúns porcos por riba do resto dos animais, dándose unha contradiciion dentro do sistema que nun comezo se pretendía forxar.

O burro Benxamín, doído especialmente pola retirada de Boxer da granxa, tenta investigar sobre as novas intencións da elite dominante, a cal estaba reunida nunha cea; Boxer, axexa a sesión detrás dunha fiestra. O autor establece unha comparación a través do pensamento do burro, o cal non observa diferencia entre os antigos mandatarios e os porcos, xa que mentres espía á elite está a ver ós granxeiros. Dáse unha transformación que é susceptible de ser debatida, xa que nun comezo os porcos son quen de establecer normas equitativas, pero co aprendizaxe de calidades atribuídas ós humanos ou co desenvolvemento da sociedade; esta, perde valores positivos como o igualitarismo e o cooperatrivismo e convertese nunha dictadura comunista.

Benxamín volta á granxa e coméntalle o sucedido ó resto dos compañeiros, quen enfurecidos diríxense cara a casa, afastada, onde se estaba a celebrar a cea. No acto soa unha música que semella ser tirada dunha película de Stanley Kubrick, e deixase entrever unha hipotética sublevación dos traballadores contra os gobernantes...

Se considerades oportuno realizar algún comentario, calquera que sexa, será ben recibido... Grazas.

2 comentarios

nike shox o'nine -

Sit not sad because that time a fitful aspect wearied

Andrew -

Hombre!!!
Creo que o video reflexa ben a obra, pero coma le-lo libro non hai nada. En realidade, Orwell é a hostia, deberíamos ler tódlas súas obras... A ver se podemos... Porque coa de curros que hai...
Veña pálante!!