Se muestran los artículos pertenecientes al tema Pontevedra.

27/05/2005

Iniciativas universitarias de Hai que botalos

manima.jpgO xoves, día 26 de maio, visionóuse en diversas facultades de Galiza o o dvd de Hai que botalos, na nosa tamén se produxo este feito mercé a mobilización de Andrés Rozados Lorenzo e outros compañeiros que o axudaron, o descurso que ven a continuación foi lido en todos os lugares onde se viu dito filme:

O día 19 de Xuño non acaba o mundo. Pero é un día importante. Galiza ten a oportunidade de definirse acerca de si mesma. Díxoo moi ben o Presidente Fraga hai pouco tempo. Galiza ten que escoller entre o prestixio e a aventura.

Como colectivo comprometido coa cultura e a sociedade galega, Burla Negra decidiu implicarse na campaña electoral a favor da aventura. Entre outras razóns porque o Prestixio do Señor Fraga afundiu definitivamente, hai case tres anos, a duascentas millas da nosa costa.

Dentro de Burla Negra, e noutros colectivos do movemento social galego, temos a convicción de que Galiza é un país maduro con recursos humanos e culturais dabondo para valerse por si mesmo. E como tal país, dono de si e capaz de afrontar os desafíos que se lle impoñan. Pero tamén pensamos que para desenvolverse plenamente como país, a nosa sociedade debe atreverse a arriscar.

Moitas e moitos de nós estamos desencantados coa clase política en xeral. Non o queremos ocultar. Pero iso non significa que non reclamemos o noso lexítimo dereito a participar activamente na vida política galega. E hai que dicir ben alto e claro que o Partido Popular de Galicia impide de maneira sistemática a participación dunha boa parte da sociedade galega na construción do país. Insultos, ameazas e listas negras forman parte do seu caduco estilo político.

Por esta razón tivemos que xuntarnos máis de trescentas persoas e facer vintecatro curtametraxes sen un peso, para que a xente que queira poda ver en imaxes cal é a situación do país desde outras perspectivas. Aí ao lado, en Europa, a isto de ter varias perspectivas sobre as cousas, chámanlle democracia, e por aquí andamos moitas e moitos con vontade de importar este concepto á nosa terra.

Non sabemos se o “boto” abrirá novas vías no país. Pero é a nosa maneira de reclamar outra forma de facer as cousas. Pensamos que antes de nada hai que airear a casa e botar fóra os fantasmas que nos prenden a un modelo social e político esgotado e inútil. Iso é o que cabe decidir nestas eleccións, se aceptamos continuar co caciquismo e a intolerancia ou se pola contra, decidimos implicarnos sen medo no avance real e democrático da nosa sociedade.

O día 19 imos ter festa rachada, pase o que pase. Para nós chega con celebrar o traballo e o empeño de tantas persoas que se sumaron a un obxectivo común, que conseguiron coordinarse para expresar e pór na pantalla unha idea colectiva, centos de persoas que en toda Galiza colaboran xa de maneira activa para facer chegar ao resto da xente estas vintecatro visións cinematográficas da nosa realidade.

Este esforzo cívico e social significa que temos unha sociedade viva e libre, disposta a comprometerse na construción deste país, unha sociedade capaz de cooperar e tecer novas redes de acción e participación. Unha sociedade consciente de que o país é cousa de todas e todos e non só dos políticos. E por isto, sen formar parte de ningún partido, queremos aportar a nosa “pedra de granito” a estas eleccións. Para que se teña en conta que existen outras visións sobre Galiza que só se poden resumir nun lema: Hai que Botalos!

Hai que botalos!!
27/05/2005 18:39 Enlace permanente. Tema: Pontevedra Hay 1 comentario.

24/05/2005

Fútbol sala universitario

partido.jpgOxe ás 10 da mañá no pavillón universitario de Pontevedra xógase a final do Campionato da Universidade de Vigode fútbol sala. Esta será disputada entre o mellor equipo das facultades de Vigo, e o mellor de Pontevedtra (Sporting de Xestión) da Facultade de CCSS e da Com.; o gañador disputaría a finalísima ás 16h contra o mellor equipo universitario de Ourense.
O duelo ven precedido, no caso do Sporting de Xestión (equipo da nosa facultade), de tres victorias, cada cal máis espectacular que a outra. Na súa traxectoria cara a consecución do Trofeo que os pode acreditar como mellor equipo da Universidade de Vigo, acadaron un 4-3, un 7-3 e un axustado 5-5 contra o equipo de Inef, o cal resolveron na tanda de penaltis.
Os membros do equipo son: César Méndez, Guti, Adri, Víctor Méndez, Leandro, Cuchi, Raul Ximenez, Frank Lemos e Luís; entre os cales cabe destacar ó seu goleador Adri, e á traxectoria do estandarte do equipo, Cesar Méndez.
Este futbolista de 21 anos, reside actualmente en Santiago de Compostela e Pontevedra ó 50 %, e está estudar (ou iso tenta) 4º de Publicidade e Relacións Públicas, ven traspasado do alcumado “Dream Team II”,formalmente “Unos Ahí”, co cal recolleu amplas derrotas debido ós problemas de saúde e á inoperancia de algúns dos seus xogadores, ademais dun sen fin de problemas coas analíticas que se lles realizaron os venres. Esquecido iso, e recuperado do fondo trauma psicolóxico, está a desfrutar actualmente dos mellores momentos da súa Carrreira futbolística.

Muros, 24 de maio do 2005.
24/05/2005 03:19 Enlace permanente. Tema: Pontevedra Hay 1 comentario.

20/05/2005

Ence quere gobernar Pontevedra!!

boikot.jpgÉ por todos coñecidos o "cheirume" que desprende a celulosa Ence en Pontevedra, e seguro que tamén son coñecidos os diversos empregos que garante ós pontevedreses dita empresa capitalista, pero penso que existen outros acontecementos que rodean á empresa que non están tan extendidos...
Unha das propostas do BNG cando se presentou ó concello de Pontevedra foi a de "alonxar" a Ence da ría, "colocándoa" nun lugar preparado para a ela, onde as cotas de contaminación fosen máis reducidas. A celulosa, a cal ten como axioma o que segundo Maquiavelo debía seguir un príncipe, negouse e propuxo novos postos de traballo a cambio de que quedase contaminando na ría.
Dende entón, sucederon algúns sucesos estranos en Pontevedra...
Mentras non complemento o artigo, algúns feitos que non teñen perda
20/05/2005 05:57 Enlace permanente. Tema: Pontevedra No hay comentarios. Comentar.




dendemurosparaomundo

Ola benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.

Temas



Archivos

Enlaces

O fútbol

  • http://www.canaldeportivo.com/

Galiza

O galego

A política

  • http://www.marxismo.org
  • http://www.amnistiainternacional.org/
  • http://www.bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R&pubid=1037366653062&c=Page&cid=1037366653130
  • http://www.psoe.es/ambito/actualidad/home.do
  • http://www.marxismo.org/
  • http://www.izqrepublicana.es/
  • http://www.uniondopovogalego.org/
  • http://www.png-pg.org/
  • http://www.galizanova.org/news.asp?cat=41
  • http://www.galizalivre.org/home/
  • http://www.palestinalibre.org/inicio.htm
  • http://www.solidaridad.net/index.asp
  • http://www.anti-bush.com/

Curiosidades

  • http://www.andresito_gal.blogia.com

Música

  • http://www.systemofadown.com/
  • http://www.bobmarley.com/
  • http://www.kiosco12.com/images/products/211-917.jpg

Michael Moore

  • http://www.michaelmoore.com/

Nunca Máis!

  • www.plataformanuncamais.org/
  • http://www.esferobite.com/marea/INDEX_GA.HTM
  • http://prestige.blogalia.com/
  • -6757196023946195541/167807397/6/6081/6081/6083/6083/6081/-1

Diarios de información nacionais

Diarios de información españois

Estudos sobre o galego

Diarios de información internacionais

Salvador Allende

  • http://www.salvador-allende.cl/

Che Guevara

  • http://www.el-comandante.com/

HAI QUE BOTALOS

Flipa!!

  • http://www.adeguello.net/ade05ene1.htm

Pancho Villa

  • http://ojinaga.com/villamex/

Otros


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]