
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema A política. 22/07/2005PALESTINA segue loitando pola liberdade Non á Cultura da Guerra Unha vez máis, mentres os ollos do mundo están dirixidos ás vítimas do terrorismo en Londres,e aproveitando o ataque suicida de Natania do 12 de xullo de 2005, onde faleceron 4 israelíes, Sharon, descarregou o seu ódio cara os civis palestinos. . Baixo o argumento de combatir o terrorismo, (non é terrorismo 38 anos de ocupación militar!!), hai que destruir todo, e matar á máxima cantidade de palestinos posíbel, mentres que a cifra de mortos non xere reacción negativa. Está visto que matar ata 12 palestinos por día xa non é problema!. Este número de vítimas palestinas non aparece nos medios de comunicación, debe ser que as vidas dos Occidentais valen máis.... 29/05/2005BNG e PSOE forxan unha alianza Ás eleccións autonómicas de Galiza adiantadas polo presidente da xunta Don Manuel Fraga Iribarne, que se celebrarán o día 21 do vindeiro mes de xuño, por primeira vez nunha campaña electoralo Partido Socialista Obreiro Español acepta publicamente un pacto co Bloque Nacionalista Galego para formar goberno. Primeiro foi Rodríguez Zapatero o que convidou ós nacionalistas a unha “colaboración intensa” logo das eleccións galegas no debate do Estado. Cabe mencionar, que a postura dos socialistas respecto á formación dun goberno conxunto en Galiza, é moi diversa, xa que mentres Don Rodríguez Zapatero lle extende o brazo a Anxo Quintana, o jocker Francisco Vázquez nega tal plantexamento e o candidato Emilio Pérez Touriño non se decanta... Unha vez superada a diversidade de opinións ó respecto, a alternativa semella ser fiábel, unha luz que se ve dende esta cova sumerxida nas profundidades, Galiza... 27/05/2005O novo estatuto para Galiza que presenta o BNG Neste artigo ofrécese un enlace onde se mostran as bases para a elaboración dun novo estatuto para Galiza, elaboradas polo partido nacionalista con máis habitantes afíns en Galiza, o Bloque Nacionalista Galego.26/05/2005Partido Nacionalista Galego. Partido Galeguista Esta é unha alternativa política ó bipartidismo imperante na maioría dos estados actuais, e tamén no español e en Galiza; o Partido Nacionalista Galegoe os seus proxectos de futuro:Após os Consellos Nacionais de Febreiro e Maio, o PNG-PG está dotado dos elementos xurídicos e as persoas con vontade de traballo que poidan levar a cabo os anceios de compromiso e participación do noso VI Congreso. Partimos da realidade de que o PNG-PG conta con tres puntos fortes: Compostela, Ourense e Vigo. Neses tres lugares seguiremos a traballar para o crecemento do PNG-PG e da súa representatividade no BNG, e procuraremos paliar os déficit de implantación que temos nalgunhas comarcas e na provincia de Lugo. Doutra banda, ademais do noso traballo político no BNG, imos continuar dando unha maior presencia específica do noso Partido na sociedade, nomeadamente a través dos medios de comunicación social e as actividades que se organizan. Os proximos artigos tentarán achegarvos información dos partidos ós que podedes votar nas vindeiras seleccións. 25/05/2005Bolivia en loita contra os yankees O pobo enloita, únese contra o neoliberalismo e as transnacionales.O Diaño uníu á oligarquia, Deusiño e a Pachamama ós seus fillos, ós mais pobres, para derrotar á oligarquia e nacionalizar os hidrocarburos", din os sindicalistas, tras selar a unidade entre a COB do mineiro Solares, os cocaleiros de Evo Morales, as Xuntas Veciñais de El Alto del carpintero Abel Mamani, a Coordinadora de Defensa do Gas do fabril Olivera e os líderes campesiños e indíxenos como o "Mallku" Felipe Quispe, Román Loayza, Alejo Véliz, Rufo Calle. Se exacerba a loita nacional e a loita de clases. A aldea vai polo gas, pola auga, pola dignidade nacional". Vai sendo hora de espertar e pular polos nosos intereses, debemonos revelar contra o agresor e manipuldor. 24/05/2005Un BNG novo Este artigo amosa a opinión do luso Manuel Xurés, auditor e membro do grupo de opinión Couto Mixto, sobre os novos aires dentro do Bloque Nacionalista Galego:O BNG vém de efectuar umha profunda renovaçom das listas electorais e da image externa o que, sem dúvida, se extenderá a médio prazo à própria composiçom interna. Foi um exercício complexo, nom carente de riscos e dificuldades, que tem por objectivo recuperar umha comunicaçom fluida cos seutores sociais mais receptivos ao arelado cámbio politico e que, mália os altibaixos cíclicos, seguem a ver na organizaçom bandeira do nacionalismo galego a única alternativa de transformaçom real de Galiza. Por disgraça, todo renovamento dum colectivo humano e quase impossível de se realizar sem ferir algumhas sensibilidades que se poderiam sentir vítimas da dinámica criada. Pero a cada é mais evidente que determinados relevos eram inevitáveis pois mais do que diferenças político-ideológicas, que se adoitam brandir coma simples coarctadas dos desencontros persoais, eram velhos ressentimentos, genreiras, egocentrismos vários,…, herdados doutros tempos –épicos, certo– os que estavam a pexar um BNG que, a partir do próximo mes de Junho, está decidido a ser governo ou, quanda menos, cogoverno. Niste sentido, é elogiável ver como a meirande parte dos "renovados" cederom o seu posto discretamente, sem estridéncias nem foguetaria; o que os honra. Forom e som bos e generosos que derom o milhor de seu pola Terra e o seu povo e que, dende a nova situaçom de "merecida jubilaçom", seguiram com certeza achegando o ombreiro ou assumindo outras responsabilidades pois o país precisa diles. Outros, os menos, coa imprensa mafioso-colonial –sempre à espreita– de aliada oportunista tentarom dificultar a renovaçom que a grande maioria no BNG, como se poido comprovar nas assembleias democráticas, demandava. Encerelharom o debate baseando-se fundamentalmente na ideia subjacente –quando nom ostentosamente explicitada– de serem imprescindíveis e, diste jeito, qual "renovados" frautistas de Hammeling, levarem dançando atrais diles amplos seutores dos "ratinhos" independentes, encantados coa tal música. Estratégia nefasta, certamente, pois é obvio que quando alguém proclama aos quatro ventos a sua imprescindibilidade, vem sendo o sinal inequívoco de que, fatalmente, é prescindível. Em fim, o final do conto já se sabe como foi: os ratinhos independentes que, coma mim, levam ouvido nesta vida frautas dabondo, nom se botarom ao terreiro. Intuo que à nova equipa responsável sabe que, inda que durante umha tempada teram de navegar em augas agitadas, tarde ou cedo aquelas iram acougando e, no essencial, tenhem por diante sua todo por ganhar ja que, após vários anos de declínio que tocou chao nas derradeiras eleiçons ao Parlamento Europeu cuns resultados alarmantemente frouxos, ninguém, honestamente, poderá-os culpar dos resultados das vindeiras eleiçons os quais, segundo as sondages, prevéem-se discretos, pero que permitiram consolidar a base social nacionalista necessária prao relançamento futuro. O feito de se plantejarem, de partida, uns objectivos realistas é umha estratégia inteligente, pois dá-se a circunstáncia de que em contendas eleitorais recentes, a teima por acadar metas por riba das possibilidades reais, transformou em derrota subjectiva alguns resultados que, objectivamente, nom eram tam desfavoráveis. Em calquera caso, o desafio imediato dos "novos pilotos" é saberem transmitir à cidadania em geral e aos potenciais eleutores em particular que a renovaçom em marcha no BNG é umha "mise à jour" necessária, positiva e inelutável pois, de tódalas maneiras, passe o que passare no 19 de Junho, e independentemente de comportamentos individuais de quem, incompreensivelmente, se negam a aceutar a evidéncia, o tempo nom desanda. 11/05/2005Unha alternativa política. A continuación algunhas propostas do partido PRT-Esquerda Revolucionaria, se vos interesa saber algo máis relcionado sobre este mundo, podedes visitar este websitewebsite. PRT- ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización anticapitalista que loita polo transformazón socialista da sociedade. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA fundamentase no marxismo como ferramenta para a acción revolucionaria. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización internacionalista que busca a unidade dos traballadores e pobos por encima das fronteiras nacionais e culturais. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA loita ó lado dos pobos esmagados do chamado "III Mundo" contra o imperialismo. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA sostén a necesidade de construír unha Internacional Obreira revolucionaria que unifique as loitas dos traballadores e os esmagados de todo o mundo. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA oponse a todas as formas de explotación e opresión social, en particular, ás que sofren as mulleres e os xoves. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA defende que todas as loitas son, en realidade, a mesma loita por acabar co capitalismo, por iso apoiamos todas loitas progresistas. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA defende a acción de masas contra o fascismo e o nazismo. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA oponse ó stalinismo xa que, representa unha concepción burocrática e autoritaria do socialismo, allea por completo ás ideas de Marx e Lenin. PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización democrática que funciona segundo o principio da máis ampla liberdade na discusión e a máis firme unidade na acción. Xuzgade vós mesmos, o artigo somentes tenta destacar que existen máis partidos que o PSOE ou o PP... existen alternativas políticas. 06/04/2005A pena de morte. Neste artigo, presento un debate coas posturas a favor e en contra da pena de morte. Espero que vos guste:A pena de morte é a ultima medida, a sanción extrema a aplicar polos tribunais de “XUSTIZA”. Desgraciadamente, existen lugares nos que se recorre a este tipo de sentencias. Os apoloxetas deste ACTO IRRACIONAL, lexitiman a pena de morte, apoiándose en que esta, é unha medida de persuasión eficaz, e que supón un alivio para a poboación (pois a PERSOA DEIXA DE EXISTIR), eliminándose así, a un ser perigoso. Esta LEI mercé a estar SUSTENTADA NO MEDO FOMENTADO E ALIMENTADO NA POBOACIÓN, é defendida por ¿SERES HUMANOS?. Contra esta teoría, e dun xeito racional, plantexándose dúbidas e interrogantes que deslexitiman o acto. A partir de datos, coñécese que a pena de morte, NON FUNCIONA COMO MEDIO DE DDISUASIÓN. Ademais, onde está a segunda oportunidade á que ten dereito o culpábel? Non se poderían reformar as sancións a impoñer propoñendo unha hipotética e probable reintegración do individuo na sociedade mediante un longo proceso de cura? Asemade, quen procesa e condea, tamén mata, polo tanto, quen eliminaría a ese novo asasino?... Penso, que NINGUEN NACE DELINCUENTE NEN ASASINO, senón que son diversas circunstancias da vida, son as que provocan que un ser humano, remate por facer dano a outra persoa. Na SOCIEDADE DESIGUALITARIA da que formamos parte, non todos temos as mesmas oportunidades... Creo que NINGUÉN POSEE O DEREITO A QUITARLLE A VIDA A OUTRO HUMANO. Igualmente, tamén INFLUEN PREXUIZOS e DISCRIMINACIÓNS a hora de dar o veredicto sobre o suxeito. Penso que contra a SOLUCION HIPÓCRITA que plantexan algúns dirixentes, deberíase de barallar a posibilidade de especializar uns centros e instalacións, nos cales, se tentara a probable reinserción (na medida do posíbel) do suxeito na sociedade; sen relegalos a un porvir estremecedor ou a unha MORTE INHUMANA. O ANIMAL HUMANO É O UNICO CON AFAN DE EXTERMINIO, O UNICO QUE MATA, QUITANDOLLE A VIDA A OUTRO DE “IGUAL CONDICIÓN”, SEN MOTIVOS PURAMENTE DE SUPERVIVENCIA. Xa que o resto dos animais “non racionais e menos desenvoltos”, matan para alimentarse e así poder sobrevivir, practicando este acto cruento, por instinto de supervivencia e obrigación natural. Existen DIRIXENTES que practican CRIMES DE ESTADO contra a HUMANIDADE, poñendo límites ós DEREITOS HUMANOS e deslexitimándoos. Ademais, sendo estes mesmos GOBERNANTES HIPÓCRITAS, criminais a grande escala, xa que son causantes de numerosísimas mortes; ben por pasividade, non interesándolle a situación dalgúns seres humanos (as persoas do 3º mundo), ou sendo eles mesmos os causantes dos exterminios de grandes colectivos. Esto sempre por un AFÁN DE ENRIQUECEMENTO que supera con creces á MORAL e á ÉTICA que en teoría deberían prevalecer. “ESTAR VIVO, OU ESTAR MORTO, DEPENDE DO CAPITAL”. “¿CANTOS SERES HUMANOS TEÑEN QUE ASASINAR PARA DARSE DE CONTA QUE ESTO É UNHA ATROCIDADE?” Se é do voso agrado, gustaríame que fixesedes un comentario sobre este artigo, decantándovos por unha das posturas ou aportando novas ideas sobre o tema. Grazas. 30/03/2005A miña humilde opinión Ola, este artigo, tenta ofrecer a miña postura sobre a Constitución Europea, e os entremados realizados por parte do goberno e os seus complices para lexitimalo... Opino que a descrición anterior do tratado e dos protocolos existentes, recollida e complementada da paxina oficial da Unión Europea, trata dende un posicionamento superficial os temas existentes. E, moitos destes e outros puntos que van a lexislar ós europeos poden ser obxecto de discusión, así como a propaganda que se fixo desta para predispoñer á xente na súa votación ou os resultados acadados. Penso que é un dato moi relevante, que só menos dun tercio da cidadanía do estado español con dereito de voto, ratificou favorablemente o Tratado da Constitución Europea no referendo consultivo celebrado o 20 de febreiro. Con este resultado, o Tratado Constitucional da Unión Europea, non debería ter lexitimidade. Cando se esixe consenso, maiorías do 50% + 1, incluso maiorías cualificadas no caso de decisións de certa transcendencia, non debería de aceptarse que se ratificase un Tratado Constitucional con voto favorable de menos dun tercio do censo electoral. Así que, considero que de observárense e analizárense as votacións de xeito que se concluíse un resultado racional, este, nunca podería ser o aprovamento dunha constitución rexeitada pola poboación. Xunto coa altísima abstención , o voto NON á Constitución Europea, obtivo o 17,3 % dos votos no conxunto do estado, alcanzando resultados impactantes e susceptibles de ser obxecto de reflexión; xa que en Euskal Herria e Catalunya, nacións cunha personalidade e opinión moi desenvoltas, o non, acadou un 33,7% e un 28% respectivamente. Asemade, os votos en branco tamén alcanzaron porcentaxes inusuais (6% na media estatal), reflexándose con este dato, baixo o meu punto de vista, unha pasividade e unha alerxia política moi elevada. Creo que os votos en branco son un símbolo dun rexeitamento e repudia ó sistema político e democrático actual, tal como está plantexado. Un feito moi representativo, é que goberno do estado e as forzas políticas partidarias do SI que representan ó redor do 90 % do Congreso de Deputados non foron capaces de mobilizar sequera ós seus electorados tradicionais, fracasando estrepitosamente. A pesares de que no proceso do referendo case se silenciase ós defensores do non e de que o goberno do estado manipulase a información, e empregase os recursos públicos en beneficio da posición do si; contra tódalas adversidades, o voto non, obtivo un resultado moi digno, especialmente, nos lugares onde a cidadanía a través da actividade de centenares de plataformas que agrupaban a numerosas organizacións, puideron contrastar a información, explicar, e ofrecer unha visión máis completa do verdadeiro contido e case oculto, do tratado constitucional. Como por exemplo, o seu carácter profundamente antisocial ó consagrar o modelo económico neoliberal, o déficit democrático e a negación dos dereitos nacionais ou a confirmación da Europa belixerante; así como ofrecer posibles alternativas para avanzar nunha Europa social, verdadeiramente democrática, pacífica e solidaria. Como ben dixo Xosé Vidal-Beneyto, importante intelectual de esquerdas, “a conxunción de dúas lóxicas corrompidas: a política e a mediática, impuxeron unha axenda de rivalidades e descualificacións nas que unha vez máis a causa de Europa foi sacrificada ós propósitos politiqueiros duns e doutros”. Deste xeito, os partidos políticos e os seus líderes, en lugar de tentar convencernos das vantaxes de contar cunha constitución común a tódolos países pertencentes á UE, dedicáronse a predicir o que nos caería enriba de non votar “positivamente” no referendo. Cómpre sinalar con referencia ó texto do tratado, a súa esaxerada extensión e complexidade, con 448 artígos, 36 protocolos, 2 anexos e 50 declaracións, fronte á unha sinxeleza, que se en realidade cresen que a súa proposta fose positiva e beneficiosa para a maioría da poboación, estaría presente. Asemade, a dependencia está elevada ó grao máximo, xa que cada país depende para a toma das súas decisións en tódalas materias transcendentais, do aprovamento e consentimento dos membros restantes; igual que se require unha unanimidade en materia de política exterior e de goberno económico da Unión. No que atinxe ó carácter comercial e financeiro do Tratado, pódese dicir que este, é estatisticamente demostrable xa que o mercado, aparece citado 78 veces, e a competencia, ten 27 ocorrencias, sendo eles os referentes máximos; ademais de, cancelarse o político e diluírse o social, por non seren un motivo economicamente favorable para as multinacionais, máximas beneficiadas da constitución “aprobada” polos cidadáns. Continuando na liña de non permitir refacer ou discutir os textos feitos por algúns dos máximos dirixentes (que non por nós), practicamente non se pode proceder a unha, máis que probablemente precisa revisión constitucional, o que, equivale a pechar o futuro entre os muros que agora se constrúan. Opino que debería ser un factor determinante para facer un tratado susceptible de ser revisado, a heteroxeneidade presente entre os Estados membros en canto ó seu pasado e á súa historia inmediata, así como ós seus propósitos e expectativas. Considero que existe un número moi elevado de puntos con posibilidade de ser discutidos e deslexitimados. O mundo está a cambiar de xeito veloz e irremediable, podemos nós facer algo para que se adecúe dacordo ás nosas expectativas de modo que non nós sexa prexudicial?, ou, simplemente debemos deixar de loitar e somerxernos na pasividade imperante?. Que consecuencias máis inmediatas ten o tratado pertencente e relativo ós membros da UE? Opino que o aspecto máis relevante, e que o mesmo tempo foi motivo da creación dunha constitución, é a maior liberdade, se cabe, que terá nun futuro moi próximo o mercado; os sucesos e decisións que marcarán o desenlace da humanidade están subordinados a estas entes de carácter supranacional chamadas multinacionais, que están sempre presentes, senón de xeito explícito e claro, como no goberno dos EEUU (industrias de armamento e petrolíferas), xerando dependencia económica ou de outras diversas maneiras. O diñeiro move o mundo. Nembargantes, penso que o tratado ten puntos positivos, de telos, un podería ser un hipotético agrandamento do poder e competencia fronte ós EEUU de Norteamérica. Xa que Europa, foi ata agora un xigante económico, pero un anano político. Pero, que posición poderá tomar España nunha máis que probable guerra imperialista e estratéxica dos EEUU contra Irán?, todos a favor ou todos en contra; en realidade asústame pensar niso. E se nun futuro, se este mesmo país se ve “obrigado” a defender a súa supremacía contra China?, nós que faremos?. Seremos unha competencia amiga ou racional?, de ser racional, non cabería outra cousa que ir na defensa das víctimas do imperialismo, e facer fronte a un imperio, que ó igual que o fixeron todos os seus predecesores, debe caer derrotado. Bueno, que opinades con respecto á Constitución que vai estar vixente para todos os europeos?, parécevos adecuada?, decantaríadesvos por non ter ningunha? gustaríavos unha máis adecuada?... Se podedes deixade as vosas opinións, ou algunha suxerencia para un próximo artículo relacionado coa Constitución Europea.. Un saúdo. A Constitución Europea. Unha síntese Este artigo, tenta ser un resumo teórica do que é a Constitución Europea, xa que, como esta é un rollo (por ser extensa e complexa no seu desenvolvemento das ideas), pode ser válido para a xente que teña pouco tempo, e que queira saber igualmente de que trata. Se vos sodes dos que non tedes tempo, invítovos a leelo:A Constitución Europea, vai ser en pouco espazo de tempo, unha lei vixente e imperante sobre os países que forman parte da UE. O tratado divídese en catro partes: A primeira parte, contén os obxectivos, os valores e os principios relativos ó reparto de competencias entre a Unión e os Estados membros, así como as disposicións institucionais básicas da Unión. Aínda que o Tratado constitucional"constrúe" sobre a base do xa existente, o certo é que esta Parte I contén importantes novidades e moitos dos seus artígos son orixinais na súa redacción. A parte II, contén a Declaración de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, tal e como foi proclamada en Niza en decembro de 2000, con algunhas modificacións no seu preámbulo e nas disposicións finais de natureza horizontal relativas ó ámbito de aplicación e á interpretación do seu contido. A parte terceira contén as bases xurídicas das políticas comúns, así como o desenrolo das disposicións relativas ó funcionamento da Unión esbozadas na Parte I; en boa medida, reproduce case sen modificacións o contido do Tratado da Comunidade Europea e do Tratado da Unión Europea. Como remate, a cuarta parte contén as disposicións xerais e finais; o seu articulado refírese fundamentalmente á sucesión e continuidade xurídica entre as actuais Comunidade e Unión Europeas e a nova Unión Europea, á aplicación territorial, ós procedementos de revisión á ratificación e entrada en vigor, así como ás versións auténticas do Tratado constitucional. O Tratado constitucional ten dous anexos: o primeiro anexo, relativo á lista de productos obxecto da política agrícola común, e o Anexo II, que contén a lista dos países e territorios de ultramar. O Tratado constitucional ten ademais 36 Protocolos anexos. 28 de estes Protocolos reproducen Protocolos xa existentes nos actuais Tratados da Comunidade Europea e da Unión Europea. Na maior parte de estes 28 casos, os Protocolos experimentaron pequenas adaptacións de compararselles cos textos hoxe vixentes; non obstante, hai Protocolos que foron obxecto de profundas reformas, como por exemplo o relativo ó papel dos Parlamentos nacionais ou o Protocolo sobre a aplicación dos principios de subsidiariedade e proporcionalidade. Finalmente, hai 8 Protocolos de nova creación: -Sobre determinadas disposicións transitorias aplicables ás institucións. -Sobre o Eurogrupo. -Sobre as modificacións do Tratado EURATOM. -Sobre a cooperación estructurada permanente en materia de defensa. -Sobre a adhesión ó Convenio Europeo de Dereitos Humanos. -Sobre as disposicións todavía aplicables das Actas de Adhesión anteriores á última ampliación. -Sobre as disposicións aínda aplicables da Acta de Adhesión de 2003. -Sobre os actos e Tratados que complementaron ou modificaron o Tratado constitutivo da Comunidade Europea e o Tratado da Unión Europea. Un pouco rollo non? Se queredes podedes engadir información sobre ela, ou comentar que vos parece. Un saúdo. |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |