
|
Fútbol sala universitario Oxe ás 10 da mañá no pavillón universitario de Pontevedra xógase a final do Campionato da Universidade de Vigode fútbol sala. Esta será disputada entre o mellor equipo das facultades de Vigo, e o mellor de Pontevedtra (Sporting de Xestión) da Facultade de CCSS e da Com.; o gañador disputaría a finalísima ás 16h contra o mellor equipo universitario de Ourense.O duelo ven precedido, no caso do Sporting de Xestión (equipo da nosa facultade), de tres victorias, cada cal máis espectacular que a outra. Na súa traxectoria cara a consecución do Trofeo que os pode acreditar como mellor equipo da Universidade de Vigo, acadaron un 4-3, un 7-3 e un axustado 5-5 contra o equipo de Inef, o cal resolveron na tanda de penaltis. Os membros do equipo son: César Méndez, Guti, Adri, Víctor Méndez, Leandro, Cuchi, Raul Ximenez, Frank Lemos e Luís; entre os cales cabe destacar ó seu goleador Adri, e á traxectoria do estandarte do equipo, Cesar Méndez. Este futbolista de 21 anos, reside actualmente en Santiago de Compostela e Pontevedra ó 50 %, e está estudar (ou iso tenta) 4º de Publicidade e Relacións Públicas, ven traspasado do alcumado “Dream Team II”,formalmente “Unos Ahí”, co cal recolleu amplas derrotas debido ós problemas de saúde e á inoperancia de algúns dos seus xogadores, ademais dun sen fin de problemas coas analíticas que se lles realizaron os venres. Esquecido iso, e recuperado do fondo trauma psicolóxico, está a desfrutar actualmente dos mellores momentos da súa Carrreira futbolística. Muros, 24 de maio do 2005. 24/05/2005 03:19 Comentarios » Ir a formulario |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |