
|
"O touro" de Lorenzo Varela. A continuación, achégovos máis á obra de Lorenzo Varela. Este poema titúlase O touro, da obra Catro poemas pra catro grabados. Nel, refléxase paixón, sinceridade, sentimento... Un poema breve, pero non por iso, de pouca calidade. O autor fai preguntas, xoga co diálogo, coas expresións coloquiais, coas respostas logradas dos feligreses, e neste caso, con anáforas coa partícula condicional si. A partir deses recursos, a antítesis imperante na poesía, coa cal, transmite o concepto que quere difundir. Espero que vos gusteO TOURO ¿Quén lle dixo ó touro verde nas ribeiras verdes de Iria o que non sabía a morte o que a serpe non sabía? -Onde vades, feligreses, que non levades folía. -Imos ver si a cruz é demo, si é muller a varonía, si o que era peito foi lombo si se trabucóu a vida. ¿Quén lle dixo ó touro verde segredos de sodomía? ¿Ou como viron seus ollos unha verdade escondida? De corno a corno levaba o touro verde de Iria, unha aureola dourada como un sol morto na ría. ¡Aquel touriño non era touro como os desta vida! 18/05/2005 04:56 Comentarios » Ir a formulario |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |