
|
Proliferan as denuncias contra Michael Moore A polémica segue acompañando ao cineasta Michael Moore. O seu último traballo, Fahrenheit 9/11, segue erguendo revolto en todo o mundo por multitude de razónsAdemais, Moore tivo que defenderse de diversas acusacións no seu país pouco antes do estreo do documental. Por un lado, o lexislador republicano Mark Kennedy acusou a Moore de acurtar esceas das súas declaracións sobre a guerra no proceso de montaxe do filme porque non se axustaban á súa tese. Moore negou este feito. Por outro lado, ante as acusacións de parcialidade, Moore tivo que explicar que o seu obxectivo é contribuír a que George Bush "deixe a casa branca (...) O meu filme é unha editorial e non pretendo que sexa un traballo de periodismo neutro e equilibrado". A pesar diso, asegura o director, os feitos presentados no documental son exactos. Un grupo de conservadores denominado "Move America Forward" lanzou tamén unha campaña para que os propietarios de salas de cine renuncien a exhibir o filme, ó que consideran antiestadounidense. "É escandaloso dicir iso. Todo o que fago, e este filme en particular, proclama que eu amo a este país. Tento salvar ó país do que a administración Bush lle fixo". Non sei cal é a vosa opinión, pero dende o meu punto de vista, en xente coma Michael Moore deben residir todas as nosas espranzas. Menos mal que coas armas non se matan as palabras. 06/05/2005 03:18 Comentarios » Ir a formulario
Pobre Michael, sempre igual, para tocar os webos non hai como os yanquis...
Q pasa my friend! Temos que coller un día Bowling for Columbine e así podíamos coñecer máis a este home. Eu xa a vin, pero teño gañas de volvela a ver... Tamén poderías dicir ti que opinas, ti que opinas do que fan en Pecado Original Tocando las Bowlings... Veña rapas!! a coidarse, pasalo ben e botar as risas locas Jrrnnrrmnrnrnjnr.... Ai!!!! Fecha: 13/05/2005 21:01. |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |