Blogia
dendemurosparaomundo

As enquisas son como se lle preguntas a unha muller....

As enquisas son como se lle preguntas a unha muller.... Xosé Manuel Fraga Iribarne volve ó ataque, o actual presidente da Xunta e o candidato da refundada alianza popular para estas seleccións autonómicas de Galiza, volveu a deixarnos unha desas frases celebres ás que os nosos oidos xa están acostumados:
"As enquisas en Galicia son como se lle preguntas a unha muller con cantos homes se acostou un ha noite", esta frase súmase a outras como:

"Se gobernan os socialista e os nacionalistas farán que ETA veña a Gaicia" e outras moitas burradas que o ex-ministro de información do asasino Franco deixou ditas durante o seu lonxevo mandato.

Tan sequera esta última afirmación, ten a súa parte de razón, no sentido de que as enquisas en Galiza, que non Galicia, non teñen un porcentaxe elevado de veracidade, xa que as enquisas na súa maioría son feitas nas cidades, e as que son feitas nas pequenas aldeas, non son respostadas pola xente maior na que permanecen o escurantismo da etapa caciquil e o medo a expresarse libremente; agora na súa afirmación sobre as mulleres non sei se será verdade, pero o que si é certo que non se lle debe facer moito caso a unha persoa que na súa xuventude, fai 50 anos, firmou sentencias de morte e defendeu publicamente ó dictador Mussolini.

Esperemos que este vindeiro 21 de xuño, http://www.haiquebotalos.com/ pois debemos de botar fora de Galiza os restos do franquismo e da igrexa pois teñen demasiado poder aquí con este goberno.

0 comentarios