Blogia
dendemurosparaomundo

Unha alternativa política.

Unha alternativa política. A continuación algunhas propostas do partido PRT-Esquerda Revolucionaria, se vos interesa saber algo máis relcionado sobre este mundo, podedes visitar este websitewebsite.
PRT- ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización anticapitalista que loita polo transformazón socialista da sociedade.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA fundamentase no marxismo como ferramenta para a acción revolucionaria.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización internacionalista que busca a unidade dos traballadores e pobos por encima das fronteiras nacionais e culturais.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA loita ó lado dos pobos esmagados do chamado "III Mundo" contra o imperialismo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA sostén a necesidade de construír unha Internacional Obreira revolucionaria que unifique as loitas dos traballadores e os esmagados de todo o mundo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA oponse a todas as formas de explotación e opresión social, en particular, ás que sofren as mulleres e os xoves.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA defende que todas as loitas son, en realidade, a mesma loita por acabar co capitalismo, por iso apoiamos todas loitas progresistas.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA defende a acción de masas contra o fascismo e o nazismo.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA oponse ó stalinismo xa que, representa unha concepción burocrática e autoritaria do socialismo, allea por completo ás ideas de Marx e Lenin.
PRT-ESQUERDA REVOLUCIONÁRIA é unha organización democrática que funciona segundo o principio da máis ampla liberdade na discusión e a máis firme unidade na acción.

Xuzgade vós mesmos, o artigo somentes tenta destacar que existen máis partidos que o PSOE ou o PP... existen alternativas políticas.

1 comentario

Andrew -

Home! Parece que non estamos nun bipartidismos ainda que sexa iso o que nos queiran vender... Ainda que a cruda realidade é que hai moita xente que non ten unha ideoloxía propia e que trata de que lle digan o que ten que facer... pero por favor... pensade por vós mesmos, o importante é ter cada un as súas propias ideas, sen iso non somos ninguén... Cada un debe pensar para ser, non ser para pensar...
O PP e PSOE tratan que teñas as súas ideas, se es do PSOE tes que estar dacordo en todo o que digan. Pero a realidade é que cada un dos seres humanos deberiamos ter un partido para nós sós. Porque todos pensamos diferente. Os partidos son grupos de xente con ideoloxía afín, e que os votantes atense ás consecuenzas de votar ou non. Gústame moito este artigo, xa que considero que un Partido que sexa Esquerra Republicana é moi valente da súa parte, xa que vendo os tempos que corren, nos que é máis importante o embarazo de doña Letizia que os 20 mortos de Bagdad...
Veña artista... ti e eu sabemos coma está o mundo... A ver se lles abres os ollos ós demais, a min cada día sorpréndesme máis!