Se muestran los artículos pertenecientes al tema O galego.

18/05/2005

Descarga de obras de Rosalía de Castro.

rosaliadecastro.gifHoxe, día de resaca das letras galegas, se vos paetece saber un pouco máis sobre o motivo de que celebremos todos os 17 de maio o Día das Letraas Galegas, podedes ler a Colección de Cantares Gallegos feita por José Casal Lois.
Tamén tendes aquí un enlace no cal se vos ofrece a posibilidade de descargar calquera obra de Rosalía de Castro.
Espero que desfrutedes moito coas súas lecturas. Un saúdo.
18/05/2005 21:37 Enlace permanente. Tema: O galego No hay comentarios. Comentar.

17/05/2005

Historia do Día das Letras Galegas.

Cantares-Gallegos-i0n19067.jpgO 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución un Dia das Letras Galegas, unhha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

Máis don cuarto de seculo despois, celebrados días e dias das letras galeges, normalizada ou en camiño de normalizarse a situación cultural do noso Pais, é bo momento para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros (dos "SEÑORES DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías e minimos anacos da obra, para deixar constancia da honra que merecen estes galegos sobranceiros.
Comezamos con palabras de Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), que lembra aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.

Xa este primeiro ano se editou un libro, unha edición critica de CANTARES GALLEGOS realizada por Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinaria, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambentes populares.
Despois -a partir de entón- fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas adicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas, e hoxe está nun momento en que parece que responde xa ó que pretendiamos todos: Que a festa das Letras Galegas teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambentes minoritarios senón nos ambentes do pobo".

Texto do libro "Os Señores da Palabra". Editorial Ophiusa. Lugo. 1993
17/05/2005 03:39 Enlace permanente. Tema: O galego No hay comentarios. Comentar.

Xesús Lorenzo Varela (La Habana, 1916 - Madrid 1978)

xesuslorenzov_01.jpgComo xa sabedes, este ano adicáselle o Día das Letras Galegas a Xesús Lorenza Varela, neste artigo figuran algunhas anecdotas da súa vida:

Paradigma de fillo de emigrantes, o nacemento de Xesús Lorenzo Varela está directamente vencellado ó fenómeno da emigración galega, xa que ven ó mundo no barco “La Navarre” que transportaba á súa familia desde Monterroro (Lugo) á Habana (Cuba). Era o 10 de agosto de 1916 cando Xosé Ramón Varela García, natural da parroquia de Fufín, e Perpetua Vázquez Ojea, de Lodoso, chegaban a Cuba co seu fillo recén nado á illa na que permanecen ata 1920 en que se trasladan a Buenos Aires (Arxentina).

No barrio de Nueva Pompeya transcorren os primeiros tempos da infancia de Lorenzo Varela que aínda neno regresa ó entorno rural de Monterroso que alterna con viaxes a Arxentina, para acabar instalándose en Lugo nos primeiros anos 30 para estudiar o Bacharelato. Son os anos de proclamación da República que espertan as inquedanzas políticas deste mozo que se achega ó ideario nacionalista durante un acto que celebra o Partido Galeguista o 22 de marzo de 1932 no Teatro Principal de Lugo coa asistencia de Castelao e Valentín Paz Andrade, entre outros. Contacto que o leva a participar da fundación o 11 de xaneiro de 1933 das Mocidades Galeguistas de Lugo con Ramón Piñeiro e outros compañeiros como Fernández del Riego, Xosé Velo, Celso Emilio Ferreiro ou Carvalho Calero. En Lugo tamén toma contacto e entabla amizade con Ánxel Fole que por entón editaba a revista esquerdista “Yunque”, e serán uns anos que marquen profundamente algunhas das súas creacións poéticas posteriores (poemas como ‘”Éramos tres irmáns” adicado á súa amizade con Fole e Ramón Piñeiro, ou “Lugo” adicado á cidade da súa xuventude e despertar político, o corroboran).
Na década dos 30 (1934) Xesús Lorenzo Varela abandona a cidade das murallas para estudiar Filosofía e Letras en Madrid onde contacta co gupo PAN (Poetas Andantes y Navegantes) que xurde do diálogo continuo dun grupo de amigos no café La Granja del Henar, e no que participan Rafael Dieste e Xosé Otero Espasandín. Este último chega a dirixir a revista literaria “Pan” creada en 1935, patrocinada polo irmán de Rafael Dieste, daquela cónsul de Uruguay e aglutinadora de colaboradores cos que Xesús Lorenzo Varela protaniza as Misións Pedagóxicas: considerada unha das páxinas máis brilantes da cultura republicana, este proxecto de dinamización cultural enmárcase nas reformas educativas da II República e o seu principal obxectivo era levar a cultura de xeito lúdico ós recunchos máis afastados dos centros culturais e educativos, tratanto ó tempo de dignifica-los valores da cultura tradicional rural
Esta etapa na biografía de Xesús Lorenzo interrómpese en 1936 co comezo da Guerra Civil española (1936-1939) na que ten unha participación activa, tanto no frente de loita como no ámbito cultural a favor da causa republicana. Logo de participar na constitución da Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura (creada en 1936 por personases como Rafael Dieste, José Bergamín, Rafael Alberti, Antonio Machado ou Federico García Lorca), e de ver condicionado o seu labor xornalístico que por aquel entón centraba as súas actividades creativas, Lorenzo Varela reacciona enrolándose como voluntario para loitar na fronte donde, desde comisario político, pasou a comandar unha brigada da 11 división e a afiliarse ó Partido Comunista.
Labor de combate e loita política que compaxina co xornalismo xa que escribe e dirixe distintas publicacións destinados á tropa en combate, como “El Mono azul” e “Hora de España”, e participa tamén nos volumes colectivos “Poetas en la España Leal” (1937) e “Homenaje de despedida a las Brigadas Internacionales” (1938).
Por estes anos (xullo de 1937) celébrase en Valencia o Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascistas., que se convertiu no máis importante da historia contemporánea pola asistencia de algúns dos escritores da época como Pablo Neruda, Nicolás Guillén, Ernest Hemingway, César Vallejo, Raúl González Tuñón, Octavio Paz, André Malraux, Lois Aragón, etc.
Un novo xiro na vida de Lorenzo Varela o marca o final da contienda civil. Logo de permanecer no campo de concentración de Saint Cyprien (en Francia), consigue embarcar en maio de 1939 rumbo ao exilio en México. De novo o mar de por medio marcan dous dos fenómenos máis importantes da historia española do século XX e da vida de Xesús Lorenzo: a emigración (a pegada atópase no seu nacemento chegando á Habana cos seus pais como emigrantes) e o exilio (derivado da súa actividade política e ós seus ideais a prol da República).
En Veracruz agárdano amigos como León Felipe, José Bergamín e Miguel Prieto que o axudan a retorma-la súa actividade literaria e xornalística chegando a co-dirixir as revistas “Romance” e “Taller”, entablando novas amistades como a de Octavio Paz que o integran na vida cultural mexicana. Unha vitalidade que lle leva a escribir o seu primeiro poemario individual: “Elegías españolas” (Editorial Guerra Literaria, 1940).
Esta primeira etapa no exilio remata en 1941 cando, tras unha breve estadía en Cuba , decide trasladarse de México a Arxentina onde reside seu pai (súa nai falece en 1944) e onde se atopa con vellos amigos da súa etapa madrileña como Rafael Dieste, e con outros galegos como Luis Seoane. O xornalismo e a tradución centran a súa actividade en Buenos Aires onde comeza unha intensa actividade intelectual permanecendo fiel ós seus ideais políticos. Neste ambiente publica en 1942 –e non exento de dificultades- “Torres de amor”, o seu máis extenso poemario en castelán escrito antes da súa chegada a Arxentina, e que conta cun limiar de Dieste e ilustracións de Seoane. Pero 1942 tamén se convirte nun ano clave na vida e obra de Xesús Lorenzo Varela pola súa participación na fundación da revista “De mar a mar”: unha publicación literaria na que se inclúe a poesía, a prosa ou a plástica. Trala desparición desta revista codirixe a quincenal “Correo Literario” (1943-1945) na que publica sete poemas en castelán e numerosos artigos, ás veces asinados co seu propio nome ou baixo o pseudónimo de Felipe Arcos Ruíz. Dos anos 40 son as tertulias no Café Tortoni onde entabla relación con outros intelectuais exiliados.
Na súa faceta de tradutor figuran traballos como a tradución de poemas de Aquilino Iglesia Alvariño, e traducións do portugués ao castelán como"Doña Flor y sus dos maridos" do escritor brasileiro Jorge Amado. Mentras, como creador literario cómpre reseñar “Ofrenda a los franceses”, sendo tamén un excelente crítico de arte e sen deixar de lado un dos fitos máis importantes do seu labor creativo: a publicación da súa primeira obra galega, “Catro poemas para catro grabados”, incluidos no álbum de litografías de Luis Seoane “María Pita e tres retratos medievales”. Corría o ano 1944, o mesmo do falecemento da súa nai, e case dez anos despois, en 1951, faise unha segunda edición destes poemas acompañados dunha tradución inglesa de William Sand, e da música do compositor Julián Bautista.
Lorenzo Varela compaxinaría durante estes anos a poesía con outras actividades creativas , con ensaios e xornalismo. Ademáis de codirixir con Luis Seoane entre xuño de 1946 e xullo de 1948 (logo da desaparición de “Correo Literario”) unha nova publicación: “Cabalgata”, e de colaborar nos xornais e revistas máis importantes de Arxentina (“Clarín", "El Mundo", "La Nación", "El Hogar", "Del Arte", "Sur", "Primera Plana"…), exerce o xornalismo radiofónico a través do programa “Hora Once” co fotógrafo Horacio Cóppola.
A súa militancia política tampouco quedará afastada da súa vida e desde a súa chegada a Bos Aires ao porteño barrio de Nueva Pompeya, Lorenzo Varela incorpórase á militancia política. Coa división do Partido Comunista de España en distintos sectores enfrontados, Lorenzo Varela toma a decisión de se distanciar desas liortas e comeza a militar no Partido Comunista Arxentino colaborando na Frente Cultural.
Pero será a vida sentimental de Xesús Lorenzo a que marque o tránsito dos anos 40 ós 50, xa que entre 1947 e 1952 reside en Montevideo onde entabla unha relación sentimental coa escritora Estela Canto que non chega a fructificar polo que decide regresar a Arxentina onde continúa coa poesía publicando “Lonxe”, en 1954Nesta década empezan a aparecer en Galicia algúns dos seus poemas que se publican en revistas da Galicia da posguerra (no número 11 de “Alba” aparece o poema “María Balteira”), e que Francisco Fernández del Riego inclúe na súa “Escolma da poesía galega IV. Os contemporáneos” , de 1955. Un ano no que Xesús Lorenzo coñece en Buenos Aires a Isaac Díaz Pardo do que se fará amigo e colaborador ata o seu falecemento.
E de novo a súa vida sentimental cobra protagonismo no paso dos 50 ós 60 xa que decide finalmente casar con Marika Gerstein –unha profesora de idiomas viúva e moi culta- en 1960. Con ela ten tres fillos –Hugo, Ariel e Fernando-, e con ela mantén as interesantes reunións que se celebraban na súa residencia con personaxes como León Felipe, Luis Cernuda, Rafael Alberti, Alberto Closas ou Ernesto Sábato. Os anos 60 son tamén importantes porque regresa por 15 días a España empregando unha licencia do xornal “La Razón” no que colabora e para comprobar as posibilidades reais dun retorno definitivo. Volta que non se produce, a pesar de que algúns dos seus amigos (Dieste, Seoane ou Díaz Pardo) sí deciden retornar. Esta década queda marcada por un descenso na producción poética de Xesús Lorenzo do que cómpre destacar a publicación en 1963 do poema “Homenaje a Picasso”, e do ensaio “Seoane o el arte sometido a la libertad”, de 1966, como signo do que será a súa actividade a partir dentón: atención ós compromisos dos amigos que espallan en libros e álbums boa parte da súa creación final.
Así se desenvolven as publicacións do poema “Cantiga nova que se chama cadea”, en 1970 (adicado a Xosé Luis Méndez Ferrín, entón encarcelado, e aparecido no primeiro e único número da revista “Cuco-Rei” editada por Seoane) ou o ensaio adicado á obra pictórica de Salvador Dalí (1971).
O tan ansiado regreso prodúcese en plena transición política española, acelerado pola situación política que se vivía en Arxentina (represión do dictador Videla tralo golpe de estado) e logo dunha viaxe por Europa: entre 1976 e a súa morte vive entre Galicia e Madrid matinando novos proxectos culturais pero nun ambiente de indiferencia e menosprecio cara a súa persoa. Só Xesús Alonso Montero e Ánxel Fole saúdan o seu regreso, e únicamente Díaz Pardo recolle o testigo dalgunha das súas iniciativas como a posta en marcha do Instituto Galego de Información que Lorenzo Varela concebía como instrumento de comunicación e recuperación da moderna historia de Galicia. A Galería Sargadelos de Madrid sería o seu refuxio: alí adicábase ás traducións e lembraba Arxentina.
Coa saúde debilitada, e véndose reducida a súa creación literaria a esporádicas colaboracións como os prólogos de libros de Paz-Andrade e Manuel Lueiro, Xesús Lorenzo Varela chega ó fin dos seus días sumido na soedade. Falece en Madrid o 25 de novembro de 1978, e os seus restos mortais son trasladados ó camposanto de San Martiño de Fufín, en Monterroso (Lugo), no ano 1981."
17/05/2005 21:23 Enlace permanente. Tema: O galego No hay comentarios. Comentar.

15/05/2005

Os Séculos Escuros.

seculos escuros.jpgÓ final desta etapa medieval (s. XIV-XV), a máis gloriosa das nosas letras, o idioma e a literatura galega entran nun período de decadencia.

Diversos foron os factores que provocaron este progresivo declive;entre eles cabe salientar: o asentamento no noso país dunha nobreza estranxeira, Intransixente coa cultura e coa língua de Galicia, que vén substituír a unha nobreza galega derrotada tras apoia-los perdedores nas loitas dinásticas pola coroa de Castela, Pedro I e máis tarde(1475-1479) Xoana a Beltranexa; a ausencia dunha burquesía capaz de defende-los seus intereses e os do país; a diminución da poLoación; a perda de autonomía da Igrexa galega, etc.

Estes feitos e a crecente política centralista e intervencionista de Castela, afianzan gravemente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e impiden a consolidación do galego como língua literaria. Neste sistema centralizador aparece, xunto ó concepto de "Estado nacional", a necesidade de uniformización lingüística como factor de cohosión da nova estructura política.

Neste contexto político, a língua galega, durante o longo penodo de tres séculos —XVI, XVII e XV111, denominados SÉCULOS ESCUROS— estivo ausente dos usos escritos. En contraste con esta situación, outras variedades europeas, entre elas o castelán e o portugués, entran nun proceso de fixación e codificación, que lles confire a categoria de línguas de cultura. A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue a se-la vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación.

O exclusivo uso oral carrexou a dialectalización e a fragmentación do idioma e, xa que logo, a súa consideración como língua aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.

A nosa literatura queda así á marxe do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa escura das nosas letras co Século de Ouro da literatura castelá. Así e todo posuímos algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos dan unha mostra da língua da época. Paralelamente a este baleiro de literatura erudita, pervive a vea da lírica popular en forma de cantigas de berce, de cego, entroidos, adiviñas, lendas, romances, contos, farsas, etc. Moitos deles chegaron ata hoxe por transmisión oral.
15/05/2005 18:14 Enlace permanente. Tema: O galego Hay 1 comentario.




dendemurosparaomundo

Ola benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.

Temas



Archivos

Enlaces

O fútbol

  • http://www.canaldeportivo.com/

Galiza

O galego

A política

  • http://www.marxismo.org
  • http://www.amnistiainternacional.org/
  • http://www.bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R&pubid=1037366653062&c=Page&cid=1037366653130
  • http://www.psoe.es/ambito/actualidad/home.do
  • http://www.marxismo.org/
  • http://www.izqrepublicana.es/
  • http://www.uniondopovogalego.org/
  • http://www.png-pg.org/
  • http://www.galizanova.org/news.asp?cat=41
  • http://www.galizalivre.org/home/
  • http://www.palestinalibre.org/inicio.htm
  • http://www.solidaridad.net/index.asp
  • http://www.anti-bush.com/

Curiosidades

  • http://www.andresito_gal.blogia.com

Música

  • http://www.systemofadown.com/
  • http://www.bobmarley.com/
  • http://www.kiosco12.com/images/products/211-917.jpg

Michael Moore

  • http://www.michaelmoore.com/

Nunca Máis!

  • www.plataformanuncamais.org/
  • http://www.esferobite.com/marea/INDEX_GA.HTM
  • http://prestige.blogalia.com/
  • -6757196023946195541/167807397/6/6081/6081/6083/6083/6081/-1

Diarios de información nacionais

Diarios de información españois

Estudos sobre o galego

Diarios de información internacionais

Salvador Allende

  • http://www.salvador-allende.cl/

Che Guevara

  • http://www.el-comandante.com/

HAI QUE BOTALOS

Flipa!!

  • http://www.adeguello.net/ade05ene1.htm

Pancho Villa

  • http://ojinaga.com/villamex/

Otros


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]