
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Nunca Máis!. 21/05/2005Hai que botalos Hai que botalos!!!O domingo 22 estrease en Compostela ás 19:30 horas a película Hai que botalos , un proxecto audiovisual promovido dende Burla Negrae a produtora A Fraga Maldita, cun marcado contido político e no que participaron máis dun centenar de artistas e creadores galegos. O filme consta de vinte e catro curtametraxes, pertencentes aos máis diversos xéneros, cunha duración non superior aos cinco minutos cada unha, e con el quérense denunciar diferentes aspectos da realidade galega, dende a política de incendios desenvolvida pola a Administración até a precariedade laboral, a emigración da mocidade ou o desaproveitamento das axudas económicas europeas. Despois de varios meses de realización e de producción, o domingo estrearase este traballo colectivo e autoxestionado, nunha gala na que estarán presentes a práctica totalidade dos directores así como Miguel de Lira, Víctor Mosqueira, Mabel Rivera e Luís Tosar entre outros actores. No mesmo acto farase a lectura dun manifesto no que se explicarán os motivos e as intencións da iniciativa. Cunha clara finalidade política, o proxecto xurdiu a partir de Burla Negra e da rede sociocultural que naceu ao seu abeiro, Arredemo, e que tiña por fin a “dinamización social e cultural do país”. A través desta rede de acción, que xa conta entre os integrantes con máis de cen colectivos e trescentos particulares, lanzouse a iniciativa de realizar unha creación libre, á marxe da industria, cun orzamento modesto e o interese común do “boto”. NUNCA MÁIS!!!! HAI QUE BOTALOS!!!! 18/05/2005Frases celebres II. NUNCA MÁIS! Recordades o afundimento do Prestige nas costas galegas? pois a continuación veredes algunhas frases que dixeron certos individuos, membros do goberno do noso país: "Probabelmente o fuel non toque a costa galega" (Asenio Fernández de Mesa, Delegado do Goberno, 14 de novembro) "Xa pasou o perigo máis grave" (Manuel Fraga, 15 de novembro) "co Prestige a 60 millas o risco non é alto". (Henrique López Veiga, Conselleiro de Pesca, 15 de novembro) ", a rápida intervención das autoridades españolas alonxando o barco das costas, fai que non temamos unha catástrofe ecolóxica, como aconteceu en outras ocasións, nin prevemos grandes problemas nas augas españolas nin para os recursos pesqueiros" (Arias Cañete. Cidade Real, 16.11.02 ) "Todo o fuel que tiña que chegar á costa xa chegou" (López Veiga, 17 de novembro) "O petroleiro pido perder entre 3.000 e 4.000 toneladas de fuel". (Fernández de Mesa, 19 de novembro) "Se fai falla, volto a bañarme como en Pombares". (Fraga, 21 de novembro) "Afecta a unha parte importante Da Coruña, pero non é unha marea negra". (Mariano Rajoy, 23 de novembro) "A touro pasado todos acertamos por que lado se tira o penalti". (Francisco Álvarez-Cascos, Ministro de Fomento, 26 de novembro) "O vertido afecta a unha extensión moi importante, pero non é unha marea negra". (Arias Cañete, 26 de novembro) "Se alguén fala de descoordinación, que o demostre, e, se alguén é capaz de demostrar que é mellor que un petroleiro que se está a partir entre nun porto antes que ser quitado, que tamén diga que estaría disposto a asumir esa responsabilidade. Nós non o imos facer e imos contribuír a que o dano ás familias e o dano ó medio ambiente sexa o menor posíbel. O que non imos facer, Señoría, e xa llo digo, é ir a Galicia a facernos fotografías, a non resolver nada e a mercadear" (Aznar, 27/11/02). "Semella ser que se trata dunha variante de fuel que ten algunhas complicacións". (Fraga, 28 de novembro) "Creo que hai alarmismos moi pouco xustificados" (Aznar, Roma 28.11.02 ) "nestes momentos, a estructura atópase deformada. Hai pranchas dobradas cara adentro. Pénsase que o fuel está aínda enfriándose , saen uns pequenos fiíños, os que se viron, hai en concreto catro regueiros que se solidificaron con xeitos de plastilina en estiramento vertical. Debe saír de algunha das fendas. Están os técnicos estudando o que significa iso". (Mariano Rajoy, 5.12.02 ) Simpáticas?, pode ser, pero considero que debemos pensar que os individuos que dixeron isto, son todos membros do goberno do país de noso. Por iso, debemos facer memoria, dentro de pouco máis dun mes temos a palabra, NUNCA MÁIS!! |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |