Se muestran los artículos pertenecientes al tema Literatura.

11/06/2005

Canción de berce para Minia

cancion_de_berce_para_minia.jpgEste é un relato tirado da Voz de Galiza, trata o tema da igrexa cristiana católica apostólica romana e as súas "cárceres", que estuveron presentes tamén aquí en Galiza, este relato trata iso.

Espero que vos guste:

GALICIA anos sesenta, unha parella nova atopa traballo na Suiza, como tantos outros para limpar o país máis limpo do mundo, vivindo en sórdidos barracóns miserentos. Territorio comanche, reserva emigrante. Así son as cousas dos pobres na Suiza dos ricos, dos bancos, dos reloxos puntuais, do chocolate agridoce, tal vez...

Teñen unha nena de a penas dous anos e como non lles quedan parentes na aldea, déixana a cargo das monxas do asilo da vila. Alí acollen os fillos dos que van traballar pola Europa. É o «boom» da emigración.

Minia está asustada, apoucada de verse tan soa. Iso si, tamén ben coidada polas monxas- hermanas. Non entende por qué os seus pais non están... Todo é extraño para ela, o cuarto do asilo, as toucas e as caras tan brancas, os rezos continuos, os falares das monxas que son castelás, rioxanas, navarras, andaluzas cecáis.

Minia apenas puido durmir esta noite, e moi cedo chama desconsolada, coa mirada cautiva entre os altos barrotes de madeira do berce que a protexen para que non poida caer. As monxas van acodindo unha a unha pé dela. Amables, arrodean o berce de Minia. Pregúntanlle se está enferma, se se acorda dos pais, se ten sede-fame-frío cecáis. A todo responde que non e repite unha frase moi curta de dúas palabras magoadas que ningunha das monxas sabe entender.

A superiora manda chamar pola cociñeira Dorinda, que sí naceu nestas terras onde a orde leva un cento de anos ou así. Ordénalle «que mire lo que quiere la niña, que lleva llorando desde el alba y no sabemos que hacer».

A cociñeira dilixente achégase ó berce de Minia e diríxese a ela no idioma de seu. E mentres a nena responde co mesmo S.O.S., pedras conxugadas que ninguén soubo entender, Dorinda acóllea nos brazos, chántalle un bico na cara e pona de pé.

A pequena tan só repetía:

—Quéromergher, quéromergher, quéromergher...!
11/06/2005 16:42 Enlace permanente. Tema: Literatura No hay comentarios. Comentar.

30/03/2005

Caracterización dos personaxes

Boxer.jpgNeste apartado, tratamos de mostrar como son as diferentes personaxes da historia, centrándonos principalmente nos animais que son os protagonistas da novela, aínda que tamén faremos fincapé nas actitudes que adoptan durante toda a obra e no que nos suxire cada un dos personaxes, e logo contrastaremos o noso criterio co que representa cada un dos animais para o autor e para outros estudiosos de George Orwell.

A continuación faremos unha serie de paralelismos que caracterizan os personaxes, e as relacións entre eles:

- Maior:

É o cocho líder, o animal máis sabio de toda a granxa. O seu estado físico e deplorable, e aínda que está durante pouco tempo involucrado na historia, é o causante de toda a revolución, é o ideólogo. Parecía ser ademais o conselleiro de tódolos animais, sendo así motivo de admiración para a maioría dos animais e causa de envexa para outra minoría ( Napoleón). Este porco transmite confianza, seguridade no que di, carisma, e ademais argumenta perfectamente os seus ideais, emitíndoos cara os outros animais de forma que estean escoitando entusiasmados. Trata de influír na mentalidade dos animais para que non sexan conformistas, que loiten pola liberdade, que traten de ser eles mesmos, e non escravos dos humanos. A súa morte non representa neste caso o cese da loita, senón que é o motivo real polo que os animais móvense e rebélanse contra o humano malvado e opresor. A victoria é dedicada a este porco, o auténtico líder da revolución, xa que el foi o que impartiu e concienciou o resto da granxa para dicir: ¡ Basta! ¡ Debemos atacar!. Polo tanto, este porco inspira sabedoría, e aínda que estaba agonizando, a punto de morrer, os ideais deste porco permanecían impunes ata a hora do seu falecemento, e continuou ata o fin motivando, incentivando, animando e axitando a revolución. Era un porco afable que vía na violencia a única resposta para solucionar a súa situación, e ademais castigar duramente ós opresores.

- Snowball:

É o principal seguidor dos ideais do líder Maior, é o principal afectado polo falecemento do seu ídolo e amigo. Logo da súa morte, permanece, aínda que inquedo e atemorizado pola morte do carismático orador Maior, con gañas de levar a cabo os seus ideais, de feito que pouco despois do falecemento deste porco, os animais están máis motivados para a revolta, tendo tantas ansias de liberdade que eles mesmos saben que son capaces de conseguilo, teñen a confianza e a seguridade que o anterior líder lles proporcionou e lles inculcou. Tras logar botar ó campesiño da granxa, este brillante porco trata de establecer e continuar o legado que deixara o seu amigo morto, eliminando toda referencia ó humano e elaborando unha "personalidade" propia para a nova comunidade. A eficacia e a unión que logrou este porco vén dada pola súa capacidade de actuación, xa que este porco suxire confianza en sí mesmo, e no que está a facer, capaz de acadar todo o que se propoña. A diferencia do anterior líder, máis carismático e orador, Snowball ( bola de neve, traducido ó galego) ten unha actitude máis de actuación e de cooperación entre os membros da granxa, buscando sempre un consenso e a igualdade entre os inquilinos. O seu proxecto soamente se ve debilitado pola oposición doutro porco, Napoleón, o cal posuía o apoio dos cans, e intentaba de derrocar a Snowball mediante tácticas de manipulación, convencendo ó resto dos animais de que o seu proxecto tiña moitos erros, e acusándoo de tratar de ser o gobernante principal da granxa, acción que realiza máis tarde el, ó facer o golpe de estado. A tenacidade e intelixencia de Snowball non foi suficiente para manter o seu liderado na granxa, e pouco despois foi derrocado mediante métodos pouco ortodoxos por Napoleón e os seus secuaces.

- Napoleón:

A súa grande conspirativa é o seu risco principal. Non ten grandes dotes de orador coma os anteriores, nin a tenacidade nin a intelixencia de Snowball, nin o carisma que transmitía Maior, pero aínda así, ten certas dotes de manipulación e de persuasión cara as grandes masas ( dotes características dun dictador), pero a súa forte personalidade e os seu espírito de loita e de rebelión é tamén moi representativo, aínda que este sentimento é orientado cara os seus intereses persoais, a diferencia dos outros dous lideres, que buscaban a igualdade, a unión. A súa arrogancia móstrase dende o principio da obra, e aínda que non posúe intelixencia de oratoria e de instrucción cara as masas, posúe unha grande capacidade de acción e de persuasión. A súa alianza cos feros cans fomenta a súa superioridade con respecto ó resto dos animais da granxa que acaban tendo medo, represión e asimilación que tiñan ó principio co granxeiro Jones. É un personaxe orgulloso e fachendoso, que non dubida en eliminar a aqueles que mostren comportamentos que teñan calquera relación cos réximes anteriores ou que non estean dacordo co sistema implantado.

- Boxer:

O cabalo, a animal máis forte da granxa, e o que posúe maior espírito de traballo, esforzo, entrega e sacrificio. É outro dos personaxes que máis cooperan para a liberdade da granxa e dos animais, xa que, probablemte, era un dos que máis traballaba para o amo humano. A súa complicidade co burro Benxamín é moi relevante na historia, xa que aínda que non sexan líderes da comunidade, toman especial importancia nas decisións e están presentes ó longo da historia. Este personaxe non destaca pola súa intelixencia nin tenacidade, pero o seu espírito de loita é moi relevante para o resto de personaxes, a súa forza e enteireza acaba por axudar ós outros animais. Estas características son o que fan que este animal sexa moi importante para a historia, e, como podemos comprobar, e súa marcha da granxa marca un antes e un despois na comunidade, xa que sen Snowball e sen el, Benxamín queda só como único membro pioneiro da rebelión, tal e como está foi plantexada ó principio.

- Benxamín:

É o animal máis cauto e máis curioso da granxa. Trata sempre de investigar e descubrir cada vez máis dos proxectos que se tratan de levar a cabo na opresión "napoleónica", e non descansa ata tratar de descubrir tódolos seus propósitos. A súa amizade con Boxer fan destes dous un dúo ideal: o cabalo transmitía o esforzo e a loita, e el a curiosidade, a búsqueda de solucións, o anhelo de conseguir sempre unha sociedade mellor. Esta unión indisoluble e case fraternal ( ó longo da historia permanecen xuntos os dous personaxes ) rómpese coa desaparición do seu amigo. Agora, os porcos eliminaran ó líder carismático ( Boxer ) e ó animal con máis forza da granxa ( Snowball ). Isto produce no burro un sentimento de desacougo e de tristeza, pero aínda así continua loitando por descubri-las intencións dos cochos, sen resignarse a permanecer sublevado ós seus intereses. Acaba de ver que é o que estaba sucedendo na granxa, e representa a esperanza de que é posible entender o mundo e de que a partir de aí nada pode seguir igual... Unha imaxe crucial na historia é cando, Benxamín realiza a través da súa mente unha comparación entre os porcos e os humanos. Unha vez entendido iso, é el quen decide encabezar a nova rebelión contra a opresión conxunta dos porcos e humanos.

- As ovellas e as pitas:

Son as personaxes estúpidas e maioritarias, que representan con diferencia a maioría da poboación. Carecen de criterio propio, e precisan duns ideais, dunhas argumentacións que fagan que se sintan cómodos na sociedade da granxa. Caracterízanse tamén por ser totalmente acríticas coas medidas que implantan Napoleón e os seus representantes, e teñen capacidade de resignación e de sublevación. A manipulación e a persuasión destes animais é doada de acadar, xa que a súa intelixencia limítase ás aprendizaxes que reciben dos membros máis sabios. Na revolución primeira, liderada por Snowball, comezan a ser instruídos do xeito máis básico, comezando pola súa alfabetización e por inculcarlles unha serie de coñecementos elementais. Aínda así, este período foi rapidamente truncado coa chegada de Napoleón, ó que non lle interesaba a alfabetización destes animais, senón todo o contrario: intentaba explota-lo máximo a súa capacidade de traballo e os recursos que poden chegar a ofrecer.

- O corvo Moses:

Esta personaxe se caracteriza pola súa facilidade por cambiar dunha situación a outra. Aínda que en principio é repudiado e marcha co granxeiro Jones, este volta ó mesmo tempo que sucede o golpe de estado de Napoleón, tratándose de manter nun segundo plano despois de ter que fuxir da granxa. Os corvos teñen especial aprecio polo ouro e polas cousas de grande valor, e isto ten unha simboloxía especial que analizaremos logo no comentario crítico da obra.

- O granxeiro Jones:

Afeccionado ó alcohol, maltrata ó seu gando, e busca sacar o máximo rendemento posible a cada animal. O seu obxectivo e o motivo polo que ten a granxa é sinxelo: producir canto máis mellor, ter sempre recursos dispoñibles e obte-lo máximo rendemento posible. Para el, o home é un ser superior en toda regra, e os animais deben estar sempre a disposición dos seres humanos, xa que eles están neste mundo precisamente para iso, para servirnos.

-Outras personaxes:

-Gordiño roñón:

É un cocho moi xove que dá mitins tentando persuadir ós animais do bo funcionamento da granxa baixo o mandato de Napoleón.

-Cans:

Son os represores de Napoleón, xa que silencian e oprimen ás masas que insinúan unha resistencia ó réxime.
30/03/2005 18:32 Enlace permanente. Tema: Literatura Hay 2 comentarios.

O vídeo de debuxos animados. Un resumo

perfect.jpgEste artigo é un resumo do video de debuxos animados "A Revolta dos Animais",unha fantástica obra de George Orwell, se vos apetece saber de que vai... Son 10 minutos de lectura, que lle quitedes proveito:

O vídeo é unha representación audiovisual na súa forma cinematográfica da obra de George Orwell´s “A revolta dos animais”. O vídeo presenta a historia do “impredicible”, unha hipotética revolta de animais de granxa fronte ós seus autonomeados donos e unha posterior asimilación destes de lingua, costumes e ideoloxía humanas.

No seu comezo aparece un granxeiro malhumorado que visita de xeito agresivo ós animais da súa granxa. Os animais amósanse amedrentados e permanecen quedos ante o caracter agresor do único animal humano presente ata agora na historia. Esta situación desagradable, unha constante na vida de animais propios dunha granxa provoca que decidan unha reunión na que o máis vello, o porco Maior de considerables dimensións e aspecto avellentado, fala en ton de irmán de cara ós seus compañeiros. Este, fai ver ó resto a desoladora función vital de cada un dos animais, ante o que responden cun xesto de temor e preocupación que se converte en alboroto. Como culminación da xunta o porco propón unha revolta que os conduza ata unha ansiada liberdade, os compañeiros responden con cánticos ata que estes son interrompidos polo falecemento do porco xefe Maior.

Trala morte do ideólogo, o granxeiro interrompe a tráxica escena lanzando un par de disparos ó aire. Ó día seguinte, os animais érguense e non teñen alimento algún que levarse á boca, xa que o granxeiro non se levantou para proporcionar enerxía en forma de comida ós seus “peóns”. Os animais buscan unha alternativa para poder comer algo, e diríxense cara as reservas de comida existentes na ganxa. O granxeiro erguese malhumorado, pois percatarase da xogada dos animais, e diríxese cara eles cun látego, estes en lugar de escapar atemorizados, enfróntanse ó granxeiro. O home non ten reparo en empregalo látego para espanta-los animais, aínda que mediante a unión o superan en forza. O granxeiro fuxe aterrado, escondéndose nunha taberna da vila chamada Red Lión, onde se atopa con outros granxeiros do lugar.

Mentres os animais celebran a súa victoria fronte ó humano opresor e manipulador das súas vidas, o granxeiro Jones pide axuda ó resto dos habitantes da vila para recuperar o terreo perdido. Nembargantes, os animais deféndense das acometidas dos humanos, quen empregan tanto ferramentas para o tratamento da terra como armas de fogo, e teñen que abandoar o territorio pertencente ós animais, tal como planeara o porco Maior (traducido ó galego, alcalde). Os animais desfánse das ferramentas empregadas polo granxeiro, tanto para tratar aterra como para someter ós animais, lanzando algunhas ó pozo e queimando outras. Mentres contemplan ó lume, os animais entoan cánticos, festexando a súa total independencia. Posteriormente, entran na casa do campesiño e observan cabezas de animais disecadas, e outros adornos no antigo fogar do granxeiro, que fan que os animais desaten toda a súa ira contra os alimentos e prendas que son feito grazas ás súas labores ou á súa matanza, bando claramente a función que cumprían nunha sociedade na que prevalecían os intereses humanos. Deciden abandonar a casa e formar eles mesmos o seu propio fogar lonxe do que por moito tempo foi o seu opresor; paralelamente á marcha dos animais dáse un feito que marcará o desenlace da historia, un dos cochos, chamado Napoleón, decide permanecer alí, negándose a acompañar ós seus compañeiros, e realizar o seu propio plan. Os animais póñense dacordo en que poden desenvolver a súa actividade perfectamente nunha granxa deles á que chamarán Maior (en honra ó porco líder, ideólogo da revolta) sen a axuda do granxeiro, e redactan en conxunto unha serie de normas comúns, entre as normas destaca: “ Catro pernas ben, dúas pernas mal”, norma que fai que as galiñas non se vexan identificadas, pero despois póñense dacordo en que as alas son consideradas como pernas ou patas. Outro dos mandatos que é importante destacar é: “ Un animal nunca debe matar a outro”, declarando o dereito á vida como un principio fundamental.

As pombas (animal que en diversas obras é o encargado de expander mensaxes) fai o propio na obra de G.Orwell´s, e diríxense á vila a comentarlle a animais doutras zonas o que está a acontecer na granxa Manor. Estes, non dubidan en dar un xiro radical e seguir a proposta plantexada, abandonando a escravitude e dirixíndose cara un xeito de vivir basado na cooperatividade e igualdade entre eles, provocando unha transformación no mundo animal.

De seguido amósanse os diversos avances dados na granxa Maior, agora os animais toman por súas, accións “propiamente” humanas como por exemplo o aprendizaxe das letras e dos números que lles garante unha comunicación máis “desenvolta” e a capacidade de levar a contabilidade das tarefas que deben realizar. Mentres, Napoleón continua a forxar unha relación férrea cos cans abandonados polo granxeiro. A humanización dos animais é inminente, xa que toman por seus actos considerados só de seres humanos ( empregan roupa, dispoñen de servicios antes inexistentes como a luz).

Napoleón continua intentando liderar os animais, pero estes prefiren o criterio que establece Snowball, o porco que tomou o liderado logo da morte de Maior. Coa colaboración dos cans, Napoleón faille fronte a Snowball, líder da utopía animal, quen se ve acurralado e acaba fuxindo da granxa, mediante un “golpe de estado” acádao poder e somete ós membros da anterior sociedade.
O novo líder plantexa as súas teses coas que a comunidade será próspera e acusa a Snowball de querer o regreso dos humanos a granxa. Napoleón leva a cabo a iniciativa de construír un muíño, antes proposta por Snowball, pero que non foi posta en marcha debido ó desconcerto que provocaba e a falta de aceptación por algúns dos membros da sociedade alí establecida debido á dureza que suporía a construcción desta. O novo réxime establecido presenta un talante diferente, apreciado polos habitantes, xa que Napoleón decide os horarios de comida (momento no que poden descansar do traballo feito), cun toque de corneta e establece a seguinte norma: “Os animais non deben durmir nas camas dos humanos”. Asemade variou outras normas, que diverxen das dictadas por Snowball, para aumentar o seu poder e a súa capacidade de decisión e influencia sobre a nova sociedade, consolidando así seu modelo.

Nesta liña, variou unha das normas que prevalecía antes da súa chegada: “Ningún animal pode matar a outro animal”, senteciando: “Ningún animal pode matar a outro sen causa xustificada.” Esta nova norma escribiuse logo de que Napoleón asasinase a algúns dos membros da comunidade, tras mostrar unha actitude repúdiante de cara o trato recibido.

Dáse un feito curioso que sorprende a algúns dos animais: Un home aparece na granxa, entra na casa onde habita a elite dominante e sae cun saco cheo de moedas. De volta á taberna, o home ponse a contabilizar a recadación, de xeito que o resto dos granxeiros móstranse asómbrandos e conversan con el para tentar descubrir de onde procede o diñeiro.

A continuación, os campesiños xúntanse e ármanse en armas e valor para dirixírense cara a granxa. Os animais camúflanse ante a predicibel chegada dos “seres racionais”, e mediante unha serie de estratexias e unha boa planificación e organización, os animais saen dos seus respectivos refuxios premeditamente establecidos de xeito ordenado, sorprendendo ós humanos que permaneceran estáticos ó non veren a ninguén e non foron capaces de resistir ás acometidas dos animais, escapando de novo cara a vila. Paralelamente, Napoleón reúnese co resto dos porcos para condecorarse, momento no que explota a dinamita que anteriormente colocaran os seres humanos, derrubando a granxa por completo; polo que os animais, a maioría deles malparados e feridos trasládanse cara outro emprazamento.

O proceso de humanización segue o seu curso, agora os líderes dispoñen de espectáculos para o disfrute e ocio. Mentres, o traballo non cesa, e coa chegada dun temporal dáse un accidente laboral, a lesión do membro máis capaz do grupo, o cabalo Boxer, debido ás pésimas condicións nas que se traballaba: unha xornada de traballo moi extensa que desencadeou nun descenso do rendemento e falta material (precariedade laboral). O día seguinte chega un automóbil á granxa que leva a Boxer, xa que agora xa non supón un beneficio económico, e constitúe un atranco para a construcción do “imperio”. Os traballadores enfróntanse ante unha situación de desacougo e inoperancia ante o que o dictador impón respecto taxantemente e xustifica o acto que os conmovera.

Nesta situación remátase o muíño de vento, proxecto primordial de Napoleón, e que significa o comezo dunha industria en crecemento, as industrias Napoleón son xa un feito. Os animais, proseguen coa súa humanización, comezan a empregar vestimenta, e deprenden a escribir a máquina... Séguese a desenvolver a cultura e actos de ocio ós que asisten somentes os gobernantes, é dicir, aqueles que non traballaban. Este feito plasmase nunha nova regra que modificaba a anterior: “ Tódolos animais son iguais”, ó que se lle engadiu “... pero uns son máis iguais que outros”. Esta norma afirma a dictadura, e a existencia de clases, colocando a algúns porcos por riba do resto dos animais, dándose unha contradiciion dentro do sistema que nun comezo se pretendía forxar.

O burro Benxamín, doído especialmente pola retirada de Boxer da granxa, tenta investigar sobre as novas intencións da elite dominante, a cal estaba reunida nunha cea; Boxer, axexa a sesión detrás dunha fiestra. O autor establece unha comparación a través do pensamento do burro, o cal non observa diferencia entre os antigos mandatarios e os porcos, xa que mentres espía á elite está a ver ós granxeiros. Dáse unha transformación que é susceptible de ser debatida, xa que nun comezo os porcos son quen de establecer normas equitativas, pero co aprendizaxe de calidades atribuídas ós humanos ou co desenvolvemento da sociedade; esta, perde valores positivos como o igualitarismo e o cooperatrivismo e convertese nunha dictadura comunista.

Benxamín volta á granxa e coméntalle o sucedido ó resto dos compañeiros, quen enfurecidos diríxense cara a casa, afastada, onde se estaba a celebrar a cea. No acto soa unha música que semella ser tirada dunha película de Stanley Kubrick, e deixase entrever unha hipotética sublevación dos traballadores contra os gobernantes...

Se considerades oportuno realizar algún comentario, calquera que sexa, será ben recibido... Grazas.
30/03/2005 22:30 Enlace permanente. Tema: Literatura Hay 1 comentario.

A constitución animal

const.gifOla! Estes son os 5 mandamentos da constitución Animal (que aparecen no video da obra de George Orwell). Simplemente comentar que na obra son 7. Aquí tedes os 5, se queredes podedes comparalos cos da George Orwell´s, que están resumidos noutro artigo do "güevló":


A Constitución animal está formada por cinco postulados ou normas básicas:

- "Ningún animal poderá durmir nunha cama"

Esta lei facía referencia principalmente ó luxo que supuña para os animais ter un espazo individual onde durmir, pero estes non querían luxos que proviñesen dos seres humanos, de aí a lóxica desta norma.

Máis tarde coa chegada de Napoleón ó poder, esta norma foi modificada pola seguinte:
"Ningún animal poderá durmir nunha cama con sabas". Deste xeito, os porcos e Napoleón comezaron a facer uso da casa do señor Jones para o seu beneficio propio, sen dar permiso para que o resto dos animais empreguen este luxo.

- "Non se poderá beber alcohol".

Esta norma chégase a cumprir durante un breve período de tempo.

Xa que coa chegada de Napoleón ó poder, vólvese a incumprir, aínda que de novo, incúmprense por parte da elite dominante: os porcos.

- "Catro patas: bo. Dúas pernas: malo."

Esta frase soe ser reiterada en múltiples ocasións polas ovellas. As galiñas non estaban moi acordes con esta norma, xa que por unha parte elas eran excluídas. O razoamento para que elas entraran foi o seguinte: as ás delas tamén contan como patas. Deste xeito tódolos animais eran de catro patas. En inglés non se reflexa unha distinción entre pata e perna, xa que se emprega o mesmo termo para as dúas expresións: leg.

Os porcos volven a quebrantar esta norma ó final da novela, xa que na festa que celebran eles van a dúas patas, xusto no momento que o burro Benxamín os imaxina a eles igual que os humanos. Este feito de que anden a dúas patas fai máis doado que os imaxine coma persoas.

- "Ningún animal pode matar a outro"

Volve a ser quebrantada polos porcos, como tódalas regras que foran elaboradas polo primeiro goberno da rebelión, liderado polo porco Snowball.

O goberno de Napoleón trocou tamén o plantexamento desta norma: "Ningún animal pode matar a outro sen motivo algún". Napoleón e os seus secuaces deciden eliminar a aqueles que se mostran en contra do réxime, e así desata o terror e o caos na granxa.

- "Tódolos animais son iguais"

Esta norma é a que establece a igualdade entre tódolos animais coma se de camaradas na revolución soviética se tratase. É a lei básica e principal que resume e sintetiza o resto. Cumprindo esta lei, respectas a tódolos animais por igual.

Pero esta lei ía ser modificada de novo por Napoleón e os seus porcos pola seguinte:
" Tódolos animais son iguais pero uns máis que outros". Con esta norma acabouse a igualdade e o que representaba a verdadeira revolución. Os cochos son os verdadeiros traidores da revolución xa que a súa revolución de igualdade converteuse nun estado dictatorial, que dá máis importancia a uns cidadáns cá outros.
A constitución vai evolucionando, e favorecendo ós cochos, có que se apreza que o poder é o que corrompe ó líder e o leva a traizoar os principios que xurara. Napoleón nunca buscou o benestar xeneral, só pretendeu o ben dos porcos. Ó igual que a Nomenclatura rusa vivía moi ben mentres o resto dos obreiros estaban na miseria. O poder e a avaricia fixo que os cochos se convertesen no que máis odiaban, seres humanos.

Que opinades, que constitución é máis racional?, a dos animais de granxa?, ou a do dos animais humanos?...
Un saúdo.
30/03/2005 22:33 Enlace permanente. Tema: Literatura Hay 1 comentario.




dendemurosparaomundo

Ola benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.

Temas



Archivos

Enlaces

O fútbol

  • http://www.canaldeportivo.com/

Galiza

O galego

A política

  • http://www.marxismo.org
  • http://www.amnistiainternacional.org/
  • http://www.bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R&pubid=1037366653062&c=Page&cid=1037366653130
  • http://www.psoe.es/ambito/actualidad/home.do
  • http://www.marxismo.org/
  • http://www.izqrepublicana.es/
  • http://www.uniondopovogalego.org/
  • http://www.png-pg.org/
  • http://www.galizanova.org/news.asp?cat=41
  • http://www.galizalivre.org/home/
  • http://www.palestinalibre.org/inicio.htm
  • http://www.solidaridad.net/index.asp
  • http://www.anti-bush.com/

Curiosidades

  • http://www.andresito_gal.blogia.com

Música

  • http://www.systemofadown.com/
  • http://www.bobmarley.com/
  • http://www.kiosco12.com/images/products/211-917.jpg

Michael Moore

  • http://www.michaelmoore.com/

Nunca Máis!

  • www.plataformanuncamais.org/
  • http://www.esferobite.com/marea/INDEX_GA.HTM
  • http://prestige.blogalia.com/
  • -6757196023946195541/167807397/6/6081/6081/6083/6083/6081/-1

Diarios de información nacionais

Diarios de información españois

Estudos sobre o galego

Diarios de información internacionais

Salvador Allende

  • http://www.salvador-allende.cl/

Che Guevara

  • http://www.el-comandante.com/

HAI QUE BOTALOS

Flipa!!

  • http://www.adeguello.net/ade05ene1.htm

Pancho Villa

  • http://ojinaga.com/villamex/

Otros


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]