
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Flipa!!. 02/06/2005Secta desarticulada en Valencia Doce persoas pertencentes á secta chamada "A Congregación da Oliveira" foron detidas, acusadas de asociación ilícita, estafa e abandono de menores. O seu líder, que se facía chamar Jehuda e era natural de Zaragoza, escollía ós seus adoradores entre persoas de nivel adquisitivo medio alto, como médicos e profesores (non ten sentido converter a xente que está na ruína) e obrigábaos a darlles o dez por cento dos seus ingresos. A secta planeaba construír doce vivendas xunto á igrexa que tiña en Beninmantel. A idea era facer un complexo relixioso dedicado á congregación (e así ter máis vixiado ao rabaño). Pero Jehuda, ó que consideraban un deus, non se conformaba con iso e ademais recomendaba abandonar ós fillos. Os nenos saen moi caros e requiren unha atención que impide "centrarse na secta". De feito, un dos denunciantes é un neno que foi abandonado polos seus dous pais, a instancias da secta. Falsos soldados rouban un millón de euros Un día antes de que os soldados da OTAN abandonasen Saraxevo, un grupo de ladróns disfrazados de soldados da OTAN roubaron un millón de euros dunha furgoneta dunha empresa de seguridade. Os impostores puxeron un control facticio nunha autoestrada, onde pararon ó vehículo.A Caza de Bruxas segue vixente na India. As anciáns da Indiaestán en perigo permanente. Ser muller vella na India ten o problema engadido de que cando pasa algunha desgraza na túa aldea, matante. Cada vez que morre máis dunha persoa nunha poboación ou que se rexistra un andazo de algunha enfermidade acúsase ás anciáns do lugar de bruxería. En Siliguri dous xoves mataron a golpes a unha muller de 70 anos en novembro porque crían que era unha meiga. Segundo o diario Hindustan Times, nos últimos cinco anos 93 persoas foron asasinadas no distrito de Jalpaiguri por crer que se adicaban á bruxería. O tamaño si importaUn home de 50 anos que tiña oito esposas sofreu un drástico troco no seu pene por culpa da sua primeira muller. Aklina Banu creia que o tamaño do pene era o que obrigaba ó seu home a casarse con tantas mulleres, polo que decidiu cortar polo san, literalmente, e cunha folla de afeitar amputou a parte do membro do seu esposo, mentres este durmia. Non se sabe se Aklina pudo confirmar a súa teoría. 01/06/2005Profesor acusado de cobrar diñeiro por aprobar A Ricardo Abastos, profesor de literatura dun instituto de Ponte Pedra, pódenlle caer de tres a seis anos de cárcere por un delito de colleito propio de funcionario. Unha das alumnas contoulle ó seu pai que debia pagar 60 sois (uns 14 euros) para aprobar, e este comunicoullo á policia. Os investigadores seguiron o rasto dos billetes da menor ata o peto de Ricardo. Os pais están indignados porque non entenden que en realidade o profesor lles estaba a dar unha clase avanzada de Economía e Mundo Real. (na Faculdade de Periodismo da Universidade Complutense de Madridhabia un profesor de Ética e Deontología Profisional que facia uns exames absurdos e despois subía a nota medio punto por cada filme de vídeo que lle regalaban ou cada artigo que lle traducisen gratis. E a ninguén lle estrañou nunca, ó fin e ao cabo, o que mellor forma de aprender a ética do periodismo). Esta é a ética que están a deprender os alumnos. Beatas deítanse con sacerdote por medo ó diaño Ser cura ten as súas vantaxes, que llo digan a Carlos Romeiro de 59 anos que confesou ter dito a tres mulleres da súa congregación de San Diego que se non tiñan relazóns sexuais con el, o diaño faríalles moito dano. A unha delas contoulle que tivera unha revelación divina, e que ela xa fora atacada polo diaño. Por suposto, a única forma de detelo era deitándose con el. Agora o pastor, que pode ser condenado a cinco anos e oito meses de cárcere, recoñece que o que fixo estaba mal e prometeu non facelo nunca máis. 31/05/2005Prófugo detido coas esposas postas A policia do condado de Boston realizou un dos arrestos mais fáciles da história. Kudsai Kwenda chamounos pedindo axuda porque se puxera unhas esposas e non podia quitarsas . Os policias dirixíronse ó lugar, pero antes de entrar, viron na súa base de dados que Kwenda tiña unha orde de arresto por non haber comparecido a unha citación xudicial. Cando o home saíu todo contento a reciber ós funcionários, non esperaba que en vez de o liberalo, o levarian a comisaría, coas esposas xa postas. |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |