
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Curiosidades. 07/06/2005Dvdmuros segue "güeblogueando"!! Hoxe día 7 de xuño, logo de 8 días dende que rematase o plazo para incluir novas no "güebló", xa que este debía estar a punto para o análise.Agora, gustaríame recordar outra vez máis que dendemurosparaomundo vai seguir colgando noticiais durante o verán, e vai seguir operativo, tentando recoller (manténdose na liña precedente) noticias de actualidade e otros sucesos que deben ser recordados. A todos os compañeiros de "güebló" e visitantes da páxina, espero seguir en contacto con vós!! 31/05/2005Pasatempos. Que tal ten darías coma detective? Queres porte a proba? Pensas que eres Sherlock Holmes, e en realidade eres o xefe Wiggum? Entra nesta páxina e saberalo...30/05/2005Dvdmuros segue "güeblogueando" Hoxe día 30 de maio, remata o plazo para incluir novas no "güebló", xa que este debe estar xa a punto para o análise.Agora, plantéxanse nos "güeblogueadores académicos" dúas alternativas: unha sería a de renunciar a seguir descrubindo as diversas posibilidades que este servidor nos ofrece ; e outra, a que espero seguir eu, a de continuar "güeblogueando" e continuar desenvolvéndome neste fantástico universo cheo de posibilidades. A todos os compañeiros de "güebló" e visitantes da páxina, espero seguir en contacto con vós!! 07/04/2005Descargas (spots e videos) Ola "güebloqueadores"! Aquí tedes un artigo no que pretendo ofrecervos enlaces para cubrir o voso tempo de ocio, ou según os empreguedes, para algún traballo. Podedes descargar anuncios de todo tipo, ou se preferides baixar videos en plan cachondeo (os máis deles).Espero que vós sexa útil. A medida que vaia descubrindo novos "roios" na rede, xa vós irei informando. E, se vós apetece, e me queredes botar unha man, podedes incluír un comentario con suxerencias. 06/04/2005Frases célebres de George W. Bush. Estas son algunhas frases do presidente estadounidense, recollidas pola rede, espero que vos guste o artigo, e sobre todo que vos riades con él, porque a verdade non é para menos. Son unhas risas...Todas elas foron pronunciounas realmente por Bush, non é coña; así que non as pasar por alto: - "Marte está esencialmente na mesma órbita. Marte está mais ou menos á mesma distancia que o Sol, o que é moi importante. Temos fotos onde existen canais, pensamos, é auga. Se hai auga, iso significa que hai osíxeno. Se hai osíxeno, significa que podemos respirar (11/08/1994). - "Nós temos un firme compromiso coa OTAN. Nós formamos parte da OTAN. Nós temos un firme compromiso con Europa. Nós formamos parte de Europa". - "Se non temos éxito, corremos o risco de fracasar". - "A grande maioría das nosas importacións veñen de fora do país". - "Falei con Vicente Fox, o novo presidente de México, para ter petróleo que enviar a Estados Unidos. Así non dependeremos do petróleo estranxeiro" (10/03/2000). - "Desde entón é un orzamento: ten unha morea de cifras" (05/05/2000). - "Non sei se vou gañar ou non. Creo que si. Non sei se estou preparado para o posto. E se non o estou, que máis dá?" (21/08/2000). - "Sei que os seres humanos e os peixes poderán coexistir en paz" (29/09/2000). - "O gas natural é hemisférico. Gústame chamarlle hemisférico na natureza, porque é o producto que podemos atopar no veciñanza" (20/12/2000). - "Sei que en Washington hai moitas cobizas. É natural. Pero espero que os cobizosos se dean conta de que é mais fácil triunfar con un éxito que con un fracaso" (18/01/2001). - "Estou atento non só a preservar o poder executivo para min se non tamén para os meus predecesores" (29/01/2001). - "Estamos empeñados en traballar con ambas partes para levar o nivel de terror a un nivel aceptábel para ambas partes" (02/10/2001). - "A miña viaxe a Asia comeza en Xapón por unha razón importante. Comeza aquí porque desde fai século e medio América e Xapón formaron unha das maiores e máis duradeiras alianzas dos tempos modernos. Desta alianza saíu unha era de paz no Pacífico" (Tokio, 18/02/2002). - "¿Vostedes tamén teñen negros?" (ó presidente brasileiro Fernando Cardoso, Sao Paulo, 28/04/2002). - "Como saben, estes foros son abertos, poden vir e escoitar o que teño que dicir" (28/10/2003). - "Quen non está con nós, está contra nós" (09/2003). - "Teño unha misión que realizar e axeonllado pido ó bo Señor que me axude a cumprila con sabedoría" (26/04/2003, entrevista con The New York Times). - "Penso que a guerra é un lugar perigoso" (07/05/2003). - "Lembren simplemente que son os paxaros os que se supón que sofren, non o cazador" (22/01/2004). - "Mais de 3.000 sospeitosos terroristas foron arrestados en moitos países. E moitos outros tiveron un destino diferente. Digamos o deste modo: eles deixaron de ser un problema para os Estados Unidos" (05/05/2004). - "Son o tipo que fai a Historia" (29/08/2004)." Se vós apetece, e sodes sabedores de algunha outra frase celebre do actual presidente estadounidense, ou de algún acto curioso de seu, gustaríame que o comentarades. Un saúdo. Pásao!,pásao! A VOTAR ... A VOTAR POLO NON.PASAO. PASAO....PASAO. Chegou a hora! Hai que facer un último esforzo, e empregar o instrumento que nos permitiu sacar ó PP do goberno. Os móbiles son a arma de quen non ten voz. Úsao! Manda un mensaxe chamando a votar NON. Pode ser o seguinte ¿Sabías que o referendo non é vinculante e a constitución a aproba o Congreso?. Non consintas que te enganen. Vota NON. OUTRA EUROPA É POSIBLE. |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |