Blogia

dendemurosparaomundo

A Caza de Bruxas segue vixente na India.

A Caza de Bruxas segue vixente na India.

As anciáns da Indiaestán en perigo permanente. Ser muller vella na India ten o problema engadido de que cando pasa algunha desgraza na túa aldea, matante. Cada vez que morre máis dunha persoa nunha poboación ou que se rexistra un andazo de algunha enfermidade acúsase ás anciáns do lugar de bruxería.
En Siliguri dous xoves mataron a golpes a unha muller de 70 anos en novembro porque crían que era unha meiga. Segundo o diario Hindustan Times, nos últimos cinco anos 93 persoas foron asasinadas no distrito de Jalpaiguri por crer que se adicaban á bruxería.

Falsos soldados rouban un millón de euros

Falsos soldados rouban un millón de euros

Un día antes de que os soldados da OTAN abandonasen Saraxevo, un grupo de ladróns disfrazados de soldados da OTAN roubaron un millón de euros dunha furgoneta dunha empresa de seguridade. Os impostores puxeron un control facticio nunha autoestrada, onde pararon ó vehículo.

Secta desarticulada en Valencia

Secta desarticulada en Valencia

Doce persoas pertencentes á secta chamada "A Congregación da Oliveira" foron detidas, acusadas de asociación ilícita, estafa e abandono de menores.
O seu líder, que se facía chamar Jehuda e era natural de Zaragoza, escollía ós seus adoradores entre persoas de nivel adquisitivo medio alto, como médicos e profesores (non ten sentido converter a xente que está na ruína) e obrigábaos a darlles o dez por cento dos seus ingresos.
A secta planeaba construír doce vivendas xunto á igrexa que tiña en Beninmantel. A idea era facer un complexo relixioso dedicado á congregación (e así ter máis vixiado ao rabaño).
Pero Jehuda, ó que consideraban un deus, non se conformaba con iso e ademais recomendaba abandonar ós fillos. Os nenos saen moi caros e requiren unha atención que impide "centrarse na secta". De feito, un dos denunciantes é un neno que foi abandonado polos seus dous pais, a instancias da secta.

AS LINGUAS NO ESTADO ESPAÑOL.

AS LINGUAS NO ESTADO ESPAÑOL.

A Constitución de 1978 fronte a unha vella tradición de séculos de monolinguismo oficial en castelán e de persecución das outras linguas, ó tempo que declara o castelán como “la lingua oficial de España” e lle outorga preeminencia, engade que serán cooficiais as demais linguas nas súas respectivas comunidades autónomas.
A seguir, os respectivos Estatutos de Autonomía desas comunidades estableceron a cooficialidade da lingua propia: o catalán en Catalunya, Illas Baleares e Valencia; o basco no País Vasco e o galego en Galiza; nestas comunidades vive arredor dom 40 % da poboación total do Estado.
Amais disto, Navarra recoñece o vasco como lingua propia dunha parte do seu territorio. O Estatuto asturiano recomenda a protección do bable (que perde falantes e ámbitos de uso) pero sen outorgarlle a cooficialidade. O Estatuto aragonés fai referencia ás “peculiaridades lingüísticas de Aragón” por mor dos restos da vella lingua aragonesa (o aragonés está en franca regresión e só pervive a nivel coloquial en pequenas áreas da provincia de Huesca) e do catalán que se fala nunha franxa lindante con Catalunya. E o dialecto gascón-occitano empregado polos habitantes do Val de Aran, un val pirenaico de Lleida lindante con Francia.
Logo, durante a década dos oitenta as comunidades con lingua propia aprobaron cadansúa Lei de Normalización Lingüística cuns propósitos semellantes: definir a cooficialidade como igualdade xurídica de linguas, afirmar o dereito dos cidadáns a usaren a lingua propia en todo tipo de actividades privadas ou públicas e desenvolver medidas para a promoción das súas linguas, sobre todo nos ámbitos da administración publica, ensino e medios de comunicación.
Pero, malia estaren dotada as distintas comunidades dunha lexislación semellante, actores históricos e prácticas políticas dun maior ou menor compromiso determinaron situacións e logros distintas.
1-CATALÁN:Fálano uns sete millóns de persoas en Catalunya, Baleares, Valencia e zonas limítrofes. Tamén é de vello a lingua oficial de Andorra. Fóra do estado español fálase en Alguer, cidade da illa italiana de Sardeña, e na Cataluña norte, onde sofre a política hostil do estado francés.
a)En Catalunya ....

2-BASCOS:Fálano máis de seiscentas mil persoas en Esuskadi, no norte de Navarra e no País Vasco francés. É lingua cooficial no País Vasco e en Navarra, pero non no País Vasco francés.
En Euskadi.....

3-GALEGOS:

Fútbol sala universitario

Fútbol sala universitario

Oxe ás 10 da mañá no pavillón universitario de Pontevedra xógase a final do Campionato da Universidade de Vigode fútbol sala. Esta será disputada entre o mellor equipo das facultades de Vigo, e o mellor de Pontevedtra (Sporting de Xestión) da Facultade de CCSS e da Com.; o gañador disputaría a finalísima ás 16h contra o mellor equipo universitario de Ourense.
O duelo ven precedido, no caso do Sporting de Xestión (equipo da nosa facultade), de tres victorias, cada cal máis espectacular que a outra. Na súa traxectoria cara a consecución do Trofeo que os pode acreditar como mellor equipo da Universidade de Vigo, acadaron un 4-3, un 7-3 e un axustado 5-5 contra o equipo de Inef, o cal resolveron na tanda de penaltis.
Os membros do equipo son: César Méndez, Guti, Adri, Víctor Méndez, Leandro, Cuchi, Raul Ximenez, Frank Lemos e Luís; entre os cales cabe destacar ó seu goleador Adri, e á traxectoria do estandarte do equipo, Cesar Méndez.
Este futbolista de 21 anos, reside actualmente en Santiago de Compostela e Pontevedra ó 50 %, e está estudar (ou iso tenta) 4º de Publicidade e Relacións Públicas, ven traspasado do alcumado “Dream Team II”,formalmente “Unos Ahí”, co cal recolleu amplas derrotas debido ós problemas de saúde e á inoperancia de algúns dos seus xogadores, ademais dun sen fin de problemas coas analíticas que se lles realizaron os venres. Esquecido iso, e recuperado do fondo trauma psicolóxico, está a desfrutar actualmente dos mellores momentos da súa Carrreira futbolística.

Muros, 24 de maio do 2005.

DSADSA

SADDSAD

asdaD

DSdsaD

Hai que botalos!!!

Hai que botalos!!!

Este filme que se estreou no cine o día 22 de maio, está composto por 24 curtometraxes que foron promovidos polas asocicións Burla Negrae A Fraga Malditaprincipalmente, ademais de outras moitas axudas que emanaron de membros que xunto con moitos de nós, queren unha nova situazón para Galiza, con liberdade de pensamento e sen unha manipulacion mental e económica que impida o exercio da racionalidade e o voto libre nestas eleccións.

O dvd trata entre outros temas: o pasado escuro e cheo de sangue do actual presidente da Xunta,e ex-franquista; a mala xestión do goberno autonómico nos asuntos forestais, da agricultura e da pesca; e en xeral, o emprego de diñeiro e favoritismos de todo tipo para a consecución de votos, que é a fin de contas o que ansian.

Clicade no enlace e descargadeos todos, porque non teñen perdida.

Loita pola supremacía mundial.

Loita pola supremacía mundial.

Como era de esperar, o imperio dos Estados Unidos de Norteamérica, comeza a situarse estratexicamente nos ámbitos territorial e político, para o que será sen dúbida o grande enfrontamento pola supremacía mundial no século XXI: CHINA VS EEUU.

No que atinxe á situación territorial, cabe mencionar, o achegamento dos Estados Unidos á zona oriental, mediante a colonización de Afganistán e do Iraque, e a parece que próxima conquista de Irán.

Asemade, posicionáronse a favor de Taiwan, xunto con Xapón, no conflicto pola independencia que mantén con China.

Os próximos artigos tratarán máis fondamente este tema.

Se suspenden eles, aprobas ti!!

elecciónsO vindeiro día 19, presentasenos ó galego unha oportunidade histórica que nos poden brindar as eleccións.

O 19 de xuño son as eleccións, e o 20 de xuño hai exames.

Se suspenden eles, aprobas ti!!

Vai botar, e non deixes que xoguen cos teus dereitos

A Constitución Europea. Unha síntese

A Constitución Europea. Unha síntese

Este artigo, tenta ser un resumo teórica do que é a Constitución Europea, xa que, como esta é un rollo (por ser extensa e complexa no seu desenvolvemento das ideas), pode ser válido para a xente que teña pouco tempo, e que queira saber igualmente de que trata. Se vos sodes dos que non tedes tempo, invítovos a leelo:

A Constitución Europea, vai ser en pouco espazo de tempo, unha lei vixente e imperante sobre os países que forman parte da UE.

O tratado divídese en catro partes:

A primeira parte, contén os obxectivos, os valores e os principios relativos ó reparto de competencias entre a Unión e os Estados membros, así como as disposicións institucionais básicas da Unión. Aínda que o Tratado constitucional"constrúe" sobre a base do xa existente, o certo é que esta Parte I contén importantes novidades e moitos dos seus artígos son orixinais na súa redacción.

A parte II, contén a Declaración de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, tal e como foi proclamada en Niza en decembro de 2000, con algunhas modificacións no seu preámbulo e nas disposicións finais de natureza horizontal relativas ó ámbito de aplicación e á interpretación do seu contido.

A parte terceira contén as bases xurídicas das políticas comúns, así como o desenrolo das disposicións relativas ó funcionamento da Unión esbozadas na Parte I; en boa medida, reproduce case sen modificacións o contido do Tratado da Comunidade Europea e do Tratado da Unión Europea.

Como remate, a cuarta parte contén as disposicións xerais e finais; o seu articulado refírese fundamentalmente á sucesión e continuidade xurídica entre as actuais Comunidade e Unión Europeas e a nova Unión Europea, á aplicación territorial, ós procedementos de revisión á ratificación e entrada en vigor, así como ás versións auténticas do Tratado constitucional.

O Tratado constitucional ten dous anexos: o primeiro anexo, relativo á lista de productos obxecto da política agrícola común, e o Anexo II, que contén a lista dos países e territorios de ultramar.

O Tratado constitucional ten ademais 36 Protocolos anexos. 28 de estes Protocolos reproducen Protocolos xa existentes nos actuais Tratados da Comunidade Europea e da Unión Europea. Na maior parte de estes 28 casos, os Protocolos experimentaron pequenas adaptacións de compararselles cos textos hoxe vixentes; non obstante, hai Protocolos que foron obxecto de profundas reformas, como por exemplo o relativo ó papel dos Parlamentos nacionais ou o Protocolo sobre a aplicación dos principios de subsidiariedade e proporcionalidade.

Finalmente, hai 8 Protocolos de nova creación:

-Sobre determinadas disposicións transitorias aplicables ás institucións.
-Sobre o Eurogrupo.
-Sobre as modificacións do Tratado EURATOM.
-Sobre a cooperación estructurada permanente en materia de defensa.
-Sobre a adhesión ó Convenio Europeo de Dereitos Humanos.
-Sobre as disposicións todavía aplicables das Actas de Adhesión anteriores á última ampliación.
-Sobre as disposicións aínda aplicables da Acta de Adhesión de 2003.
-Sobre os actos e Tratados que complementaron ou modificaron o Tratado constitutivo da Comunidade Europea e o Tratado da Unión Europea.

Un pouco rollo non? Se queredes podedes engadir información sobre ela, ou comentar que vos parece. Un saúdo.

A miña humilde opinión

A miña humilde opinión

Ola, este artigo, tenta ofrecer a miña postura sobre a Constitución Europea, e os entremados realizados por parte do goberno e os seus complices para lexitimalo...


Opino que a descrición anterior do tratado e dos protocolos existentes, recollida e complementada da paxina oficial da Unión Europea, trata dende un posicionamento superficial os temas existentes. E, moitos destes e outros puntos que van a lexislar ós europeos poden ser obxecto de discusión, así como a propaganda que se fixo desta para predispoñer á xente na súa votación ou os resultados acadados.

Penso que é un dato moi relevante, que só menos dun tercio da cidadanía do estado español con dereito de voto, ratificou favorablemente o Tratado da Constitución Europea no referendo consultivo celebrado o 20 de febreiro. Con este resultado, o Tratado Constitucional da Unión Europea, non debería ter lexitimidade. Cando se esixe consenso, maiorías do 50% + 1, incluso maiorías cualificadas no caso de decisións de certa transcendencia, non debería de aceptarse que se ratificase un Tratado Constitucional con voto favorable de menos dun tercio do censo electoral. Así que, considero que de observárense e analizárense as votacións de xeito que se concluíse un resultado racional, este, nunca podería ser o aprovamento dunha constitución rexeitada pola poboación.
Xunto coa altísima abstención , o voto NON á Constitución Europea, obtivo o 17,3 % dos votos no conxunto do estado, alcanzando resultados impactantes e susceptibles de ser obxecto de reflexión; xa que en Euskal Herria e Catalunya, nacións cunha personalidade e opinión moi desenvoltas, o non, acadou un 33,7% e un 28% respectivamente.
Asemade, os votos en branco tamén alcanzaron porcentaxes inusuais (6% na media estatal), reflexándose con este dato, baixo o meu punto de vista, unha pasividade e unha alerxia política moi elevada. Creo que os votos en branco son un símbolo dun rexeitamento e repudia ó sistema político e democrático actual, tal como está plantexado.
Un feito moi representativo, é que goberno do estado e as forzas políticas partidarias do SI que representan ó redor do 90 % do Congreso de Deputados non foron capaces de mobilizar sequera ós seus electorados tradicionais, fracasando estrepitosamente.
A pesares de que no proceso do referendo case se silenciase ós defensores do non e de que o goberno do estado manipulase a información, e empregase os recursos públicos en beneficio da posición do si; contra tódalas adversidades, o voto non, obtivo un resultado moi digno, especialmente, nos lugares onde a cidadanía a través da actividade de centenares de plataformas que agrupaban a numerosas organizacións, puideron contrastar a información, explicar, e ofrecer unha visión máis completa do verdadeiro contido e case oculto, do tratado constitucional. Como por exemplo, o seu carácter profundamente antisocial ó consagrar o modelo económico neoliberal, o déficit democrático e a negación dos dereitos nacionais ou a confirmación da Europa belixerante; así como ofrecer posibles alternativas para avanzar nunha Europa social, verdadeiramente democrática, pacífica e solidaria.
Como ben dixo Xosé Vidal-Beneyto, importante intelectual de esquerdas, “a conxunción de dúas lóxicas corrompidas: a política e a mediática, impuxeron unha axenda de rivalidades e descualificacións nas que unha vez máis a causa de Europa foi sacrificada ós propósitos politiqueiros duns e doutros”. Deste xeito, os partidos políticos e os seus líderes, en lugar de tentar convencernos das vantaxes de contar cunha constitución común a tódolos países pertencentes á UE, dedicáronse a predicir o que nos caería enriba de non votar “positivamente” no referendo.
Cómpre sinalar con referencia ó texto do tratado, a súa esaxerada extensión e complexidade, con 448 artígos, 36 protocolos, 2 anexos e 50 declaracións, fronte á unha sinxeleza, que se en realidade cresen que a súa proposta fose positiva e beneficiosa para a maioría da poboación, estaría presente.
Asemade, a dependencia está elevada ó grao máximo, xa que cada país depende para a toma das súas decisións en tódalas materias transcendentais, do aprovamento e consentimento dos membros restantes; igual que se require unha unanimidade en materia de política exterior e de goberno económico da Unión.
No que atinxe ó carácter comercial e financeiro do Tratado, pódese dicir que este, é estatisticamente demostrable xa que o mercado, aparece citado 78 veces, e a competencia, ten 27 ocorrencias, sendo eles os referentes máximos; ademais de, cancelarse o político e diluírse o social, por non seren un motivo economicamente favorable para as multinacionais, máximas beneficiadas da constitución “aprobada” polos cidadáns.
Continuando na liña de non permitir refacer ou discutir os textos feitos por algúns dos máximos dirixentes (que non por nós), practicamente non se pode proceder a unha, máis que probablemente precisa revisión constitucional, o que, equivale a pechar o futuro entre os muros que agora se constrúan. Opino que debería ser un factor determinante para facer un tratado susceptible de ser revisado, a heteroxeneidade presente entre os Estados membros en canto ó seu pasado e á súa historia inmediata, así como ós seus propósitos e expectativas.
Considero que existe un número moi elevado de puntos con posibilidade de ser discutidos e deslexitimados. O mundo está a cambiar de xeito veloz e irremediable, podemos nós facer algo para que se adecúe dacordo ás nosas expectativas de modo que non nós sexa prexudicial?, ou, simplemente debemos deixar de loitar e somerxernos na pasividade imperante?. Que consecuencias máis inmediatas ten o tratado pertencente e relativo ós membros da UE?
Opino que o aspecto máis relevante, e que o mesmo tempo foi motivo da creación dunha constitución, é a maior liberdade, se cabe, que terá nun futuro moi próximo o mercado; os sucesos e decisións que marcarán o desenlace da humanidade están subordinados a estas entes de carácter supranacional chamadas multinacionais, que están sempre presentes, senón de xeito explícito e claro, como no goberno dos EEUU (industrias de armamento e petrolíferas), xerando dependencia económica ou de outras diversas maneiras. O diñeiro move o mundo. Nembargantes, penso que o tratado ten puntos positivos, de telos, un podería ser un hipotético agrandamento do poder e competencia fronte ós EEUU de Norteamérica. Xa que Europa, foi ata agora un xigante económico, pero un anano político. Pero, que posición poderá tomar España nunha máis que probable guerra imperialista e estratéxica dos EEUU contra Irán?, todos a favor ou todos en contra; en realidade asústame pensar niso. E se nun futuro, se este mesmo país se ve “obrigado” a defender a súa supremacía contra China?, nós que faremos?. Seremos unha competencia amiga ou racional?, de ser racional, non cabería outra cousa que ir na defensa das víctimas do imperialismo, e facer fronte a un imperio, que ó igual que o fixeron todos os seus predecesores, debe caer derrotado.


Bueno, que opinades con respecto á Constitución que vai estar vixente para todos os europeos?, parécevos adecuada?, decantaríadesvos por non ter ningunha? gustaríavos unha máis adecuada?...

Se podedes deixade as vosas opinións, ou algunha suxerencia para un próximo artículo relacionado coa Constitución Europea.. Un saúdo.

Membros de Nunca Máis

Membros de Nunca Máis

Neste artigo expóñense as diversas organizacións que forman parte da plataforma Nunca Máis. A información está tirada da propia páxina de Nunca Máis, a verdade e que somos moitos, máis dos que probabelmente pensabamos:

Integrantes da Plataforma Nunca Máis:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Agrupación de Asociacións de Viciños da Zona Rural de Narón
Agrupación de Bateeiros de Cabo de Cruz
Agrupación de "Expertos en Peritación Xudicial en Materia de Seguros" (integrada no Colexio de Mediadores de Seguros da Coruña)
Agrupación de Libreiros de Santiago
Agrupación de Percebeiros de Muxia
Agrupación de Voluntários de Protección Civil do Baixo Miño
ALCER de Lugo
Amas de Casa de Baio
Amigos da República (Ourense)
Antigo Grémio de Mareantes
APA de Bergondo
ARSGAC de Coruña
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
Asemblea do Suído
Asociación Amigos/as da República (Vigo)
Asociación Ánxel Casal de Arzúa
Asociación Aurora
Asociación Avelaíña
Asociación Boirense de Empresários
Asociación Casa Encantada
Asociación Comercial Zona Monumental de Pontevedra
Asociación contra o Cancro de Ponteceso
Asociación Costa da Vida
Asociación Cultural Alto Minho de Lugo
Asociación Cultural "A Miserela"
Asociación Cultural A Pomba do Arco de Foz
Asociación Cultural Arrincadeira de Riotorto
Asociación Cultural Buril de Burela
Asociación Cultural Daniel Calzado
Asociación Cultural e de Tradición Mariñeira GAMELA
Asociación Cultural e Deportiva San Andrés - Xinzo
Asociación Cultural Eliseo Alonso
Asociación Cultural Felicia de Limodre (Fene)
Asociación Cultural Faro Roncudo (Corme)
Asociación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo
Asociación Cultural de Lago - Xove
Asociación Cultural Lumieira (Carballo)
Asociación Cultural Maio Longo de Pontevedra
Asociación Cultural Maria Castaña de Lugo
Asociación Cultural "O Espertello"
Asociación Cultural Osório Guterres de Lourenzá
Asociación Cultural O Galo de Santiago
Asociación Cultural Penas e Rodas de Outeiro de Rei
Asociación Cultural Santa Maria de Torás (A Laracha)
Asociación Cultural Sementeira de Viveiro
Asociación Cultural Seminário Terras de Viveiro
Asociación Cultural Tartarés de Narón
Asociación Cultural Valle-Inclán de Lugo
Asociación Cultural Xeitura
Asociación Cultural Xieiro do Baixo Miño
Asociación Cultural Zaloira
Asociación Curriculum Vitae
Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (AADTG)
Asociación de Amas de Casa de Fene
Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil"
Asociación de Atención á Drogodependéncia XURDIR
Asociación de Comercializadores de Compradores de Peixe de Malpica
Asociación de Comercializadores de Peixe e Marisco da Costa da Morte
Asociación de Comerciantes de Ponteareas
Asociación de Comerciantes de Ribadávia
Asociación Cultural As Lagoas
Asociación de Defensa da Ria de Foz
Asociación de Diabéticos de Ferrolterra
Asociación de Directores e Realizadores de Cine e Televisión de Galicia
Asociación de Empresários de Baio
Asociación de Empresários de Cee
Asociación de Gaiteiros Galegos
Asociación de Mexiloeiros A Boirense
Asociación de Mexiloeiros ASPROMEDI de Rianxo
Asociación de Minoristas do Porto da Coruña
Asociación de Montes de Esteiro
Asociación de Mulleres Buserana da Costa da Morte
Asociación de Mulleres Recandea
Asociación de Músicos en Língua Galega
Asociación de Nais e Pais de A Gándara - Narón
Asociación de Nais e Pais Jorge Juan de Fene
Asociación de Naseiros ALVEDOSA de Ponte Sampaio
Asociación de Pequeno Comércio da Póvoa
Asociación de Pescadores O Buxeiro
Asociación de Pescadores de Rio do Baixo Miño
Asociación de Subastadores de Peixe da Coruña
Asociación de Viciños A Unión de Cabo de Cruz
Asociación de Viciños A Xuntanza de Santiago
Asociación de Viciños Camiño Ancho
Asociación de Viciños de Abelleira - Ostreia
Asociación de Viciños de A Gándara – Narón
Asociación de Viciños de Angoares
Asociación de Viciños de Arou
Asociación de Viciños de Celeiro
Asociación de Viciños de Cumiar
Asociación de Viciños de Fisterra
Asociación de Viciños de Fontenla
Asociación de Viciños de Moreira
Asociación de Viciños de Nogueira
Asociación de Viciños de Paraños - Covelo
Asociación de Viciños de Vilaxoán de Arousa
Asociación de Viciños de Vite
Asociación de Viciños Eduardo Pondal (Corme)
Asociación de Viciños O Castiñeiro do Castiñeiriño
Asociación de Viciños Parderrubias – Salceda
Asociación de Viciños Sabriña – Mondariz
Asociación de Viciños "San Estevo de Perlío"
Asociación de Viciños San Isidro Gándara - Zas
Asociación de Viciños San Xoán, Fornelos e Lourido - Salvaterra
Asociación de Viciños Viladóniga de Vilasanche-Serantes
Asociación Deportiva-Cultural PAU DA LUZ de Corrubedo
Asociación Deportiva Esteirana Remo
Asociación Ecoloxista e Cultural "Verbo Xido" da Terra de Montes
Asociación Francisco Villamil
Asociación Galega de Advogados
Asociación Galega de Antropoloxia Social e Cultural
Asociación Galega de Apicultura (AGA)
Asociación Galega de Historiadores/as (AGH)
Asociación Galega de Mariscadores/as de Muros
Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC)
Asociación "Instituto para o desenvolvemento do software en galego-galego21.org"
Asociación Micolóxica Pan de Raposo de Cee
Asociación Naturista do Baixo Miño
Asociación O Cotelo (Pescadores de cana)
Asociación para a Defensa da Ria de Pontevedra
Asociación Piratas da Ria de Camariñas
Asociación Pista de A Xesta
Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza
Asociación Pola Esquerda
Asociación preSOS Galiza
Asociación Provincial de Amas de Casa e consumidores das Rias Baixas de Pontevedra
Asociación San Xerome Emiliani
Asociación Sócio-Pedagóxica Galega
Asociación Vaipolorio de Pontevedra
Asociación Xuvenil Aturonia - Entenza
Asociación Xuvenil Val de Soneira
A Mahia Negra
Ateneo Ferrolán
Ateneo Libertário de Vigo
Ateneo Republicano de Galicia
Aula Castelao de Filosofia
Bandullo Ecolóxico de Lugo
Bloque Nacionalista Galego
Brigadas en Defensa do Património Chairego
Casino de Muros
Central Unitaria de Traballadores
Centro Cultural "Rueiro"
Centro Democrático Independente de Muros
Ciberirmandade da Fala
Clube de Dornas A Vela "Mascatiño"
Clube Deportivo de Baio
Clube Deportivo San Xerome
Clube Espeleolóxico Maúxo de Vigo
Clube de Ócio Trankimacin 500
Clube de Remo de Muros
Clube Deportivo do Miño
CNT - Galicia
Colectivo BAMBÁN de Sociolingüística
Colectivo Cultural Nunca Máis da Mariña
Colectivo Cultural 25 de Xullo de Arcade
Colectivo de Amigos da República (Redondela)
Colectivo de Estudantes do IES da Póvoa
Colectivo de Estudantes Nunca Máis da Mariña (IES de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao e Viveiro)
Colectivo de Universitarios Activos
Colectivo ecolóxico do Tremufo
Colectivo musical Caldaloba de Lugo
Colectivo "Urbano Lugris"
Colectivo Violeta
Coléxio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña
Coléxio Oficial de Sicólogos de Galiza
CGT - Galicia
CCOO - Galicia
Comissão para a Reunificação Nacional da Galiza e Portugal
Comités Abertos de Estudantes
Comités Abertos de Faculdade
Comité Cidadá de Emerxéncia de Ferrol
Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbria
Comité de Empresa de Stolt Sea Farm de Carnota
Comité de Empresa do Parador "Hostal dos Reis Católicos"
Comités de Solidariedade de Galiza (COSAL-Galiza)
Comité Óscar Romero de Vigo
Comunidade Cristián de Base-Castiñeiriño
Comunidade de Montes de Abelleira
Comunidade de Montes de Arcos - Ponteareas
Comunidade de Montes de Ribeira - Crecente
Comunidade Educativa do CEIP de Escarabote
Confederación Galega de Asociacións Viciñais Rosalia de Castro
Confederación Intersindical Galega
Confederación Galega de APAS de Centros Públicos (CONFAPA-Galicia)
Confraria de Pescadores de A Coruña
Confraria de Pescadores de A Guarda
Confraria de Pescadores de Aldán
Confraria de Pescadores de A Póvoa do Caramiñal
Confraria de Pescadores de Barallobre
Confraria de Pescadores de Cangas
Confraria de Pescadores de Cedeira
Confraria de Pescadores de Mugardos
Confraria de Pescadores de Muxia
Confraria de Pescadores de Ogrobe
Confraria de Pescadores de Rianxo
Confraria de Pescadores de Sada
Confraria de Pescadores de Pontevedra
Consello Escolar do IES Fontexeria
Consello Escolar do I.E.S. Viana do Bolo
Cooperativa de Mariscadores da Ria de Arousa
Coordenadora Anti-Encoro de Caldas,Cuntis e Moraña
Coordenadora de Amigos da República (A Guarda)
Coordenadora de Crentes Galegos
Coordenadora de Ensinantes Areanegra
Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol
Coordenadora Feminista "Donicela"
Coordenadora Galega de ONGŽs
Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños
Coordenadora pola Defensa do Rio Lérez
Coordenadora Urbana de Asociacións de Viciños de Ferrol
COSAL da Costa da Morte
CPS Liga de Amigos de Barallobre
CREA (Directores e Realizadores Asociados de Galicia)
Donas de Nós de Lugo
Escola de Tempo Libre Paspallás
EsCULca - Observatório para a defensa dos direitos e as liberdades
ERVA – Ecoloxistas en Acción
Esquerda Unida
Faculdade de Filoloxia da Universidade da Coruña
Federación de Cooperativas Sinérxia
Federación de empresários da Costa da Morte
Federación Ecoloxista Galega
Federación Viciñal Eduardo Chao de Vigo
Fisterra Unida
Foro Republicano de Noia
Fronte Popular Galega
Fundación 10 de Marzo
Fundación Xosé Soto de Fión
Fuxan os Ventos
Galiza Nova
Grupo de Investigación de Economia Pesqueira da Universidade de Santiago de Compostela
Grupo Ecoloxista ADENCO
Grupo Ecoloxista Coto de Frade
Grupo Ecoloxista Ridimoas
Guerrilleiros das Fragas (As Pontes)
Habitat
Iniciativa pola Calidade de Vida en Pontevedra
Irmandade dos Vinhos Galegos
Liga Céltiga Galaica
Mancomunidade de Comunidades de Montes Viciñais en Man Comun Castrove – Salnés (integra 44 comunidades)
Mar de Tinta
Mesa pola Normalización Lingüística
Movemento Cidadán da Parroquia Cristo da Victoria
Movemento de Renovación Pedagóxica "Nova Escola Galega"
OMAR (Mergulladores)
ONG AMARANTE
Organización Galega de Autónomos e Empresários
Partido Comunista de Ferrol
Partido Comunista do Povo Galego
Peña Celtista Cuadrilla de Pepa A Loba
Piratas das Rías-Sindicato Estudantil
Plataforma contra a Burla Negra
Plataforma de Sanitários da Ria de Vigo
Plataforma en defensa da Ria de Arousa
Plataforma en defensa da Ria de Ribadeo
Plataforma en defensa da Ria de Sada
Plataforma en defensa da Ria de Vigo “Cíes”
Plataforma Meioambiental de Corrubedo
Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública
Plataforma UDC-Prestige
Plataforma XANOCAS de Betanzos
PsdeG-PSOE de Fene, Mondariz, Ponteareas, Muxia
Rádio Clávi de Lugo
Redes Escarlata
Representación de confrarias afectadas da Costa da Morte
Seminário Galego de Educación para a Paz
Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza
Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
Sociedade Cooperativa de Mexiloeiros de Bueu
Sociedade Cultural Deportiva e Xuvenil "FONTEFRIA" de Muíños
Sociedade Cultural Medúlio
Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Esteirana
Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva O Pote
Sociedade Deportiva Barallobre
Sociedade Franca Irmandade de Pontevedra
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Sociedade Galega de História Natural
Teatro Vilar
Solidariedade Internacional de Galicia
Unións Agrárias da Costa da Morte
Unión Libertária de Ferrol
Unión Sindical Obreira
UXT - Galicia
Vangarda Obreira
Vendedores e vendedoras do Mercado Central de Ferrol
Xunta de Faculdade de Humanidades de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela)
Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña do Sergas
Xustiza e Sociedade
Xustiza Negra
Xuventudes Socialistas de Galicia

Teñen apoiado expresamente a Plataforma Nunca Máis e o seu manifesto fundacional:

Asociación Unificada de Gardas Civis
Concellos de Ferrol, Cedeira, Fene, Narón, Camariñas, Corcubión, Carnota, Pontevedra, Vigo, Vilaboa, Poio
Parlamento de Navarra
25 asociacións de viciños de Santiago de Compostela
Asociación dos Ensinantes de Ciéncias de Galiza
Asemblea da Faculdade de Filoloxia e Tradución de Vigo
Consello da Xuventude de Galiza
Asociación de Mulleres Galegas no Exterior Rosalia de Castro
Claustro da Universidade de Santiago de Compostela
Faculdade de Filoloxia da Universidade da Coruña

E múltiples entidades e persoas a título individual que, desde dentro e fóra de Galiza, apoiaron con accións, cartas, pronunciamentos públicos, donacións económicas, etc. as nosas demandas e actividades de resposta social.

Está en proceso de constitución a Plataforma Nunca Máis en distintas comarcas e localidades. Tamén están a participar na Plataforma en moitas zonas persoas a título individual representativas de distintos ámbitos (cultura, medios de comunicación, deporte, música, ...).

Engado as últimas incorporacións:

Boletin de información contra a maré negra "contramaré"
Grupo de Teatro "Chévere"
Asociación "Irímia"
Attack-Galicia
Sala NASA
Confederación Galega de ANPAS de Centros Públicos (CONFAPA-Galicia)
Partido Revolucionário dos Traballadores-Esquerda Revolucionária
Asociación para a Defensa dos Rios "Cachoeira"
Asociación "Alento" de Dano Cerebral de Vigo
LEGAIS (Colectivo de Lesbianas e Gais de Vigo)
Faculdade de Ciéncias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo
Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF-Galicia)
Colectivo Cidadán "Reflicte"
Coordenadora Xeral contra a LOU do Cámpus de Lugo
Club Unesco
Claustro de profesores do IES "Isaac Diaz Pardo" de Sada
Asociación Cultural "Colectivo Camiños"
Escola de Estudos Musicais "A Tempo" de Pontevedra
Consello do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña
Federación de Centros Xuvenis "Don Bosco" de Galicia
Obradoiro Ambiental "Oureol" de Compostela
Asociación de Nais e Pais de Alumnos do C.P. "Mestres Goldar" de Castrelos-Vigo
Asociación Reivindicativa da História e Propriedade "Montes A Lagoa"
Asociación Galega de Guionistas
Asociación de Compañias de Teatro Profesionais de Galicia (ASCIPROTEGA)
Cooperativa de Consumidores "Arbore, Consumo Consciente"
Asociación Iniciativas e Estudios Sociais
Plataforma Cidadá pola Supresión da Peaxe de Rande
Comunidade Cristiá "Cristo da Victoria" de Vigo
Clube Espeleolóxico "Maúxo" de Vigo
Clube de Adictos a Deeo Purple
Asociación de Mulleres "Dorna"
Asociación de Produtores de Mexillón da Póvoa do Caramiñal
Coordinadora Democrática Independiente de Laborais
Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras "Gamela" de Cabo de Cruz
Asociación Cultural "Mistura Teis"
"A Macuca" de Pontedeume
APA de E.I. "Carricanta" da Coruña
Peña Celtista "Alakearre"
Comité de Empresa de Corporación Voz de Galicia S.L.U
Liga Celtica Galaica
Asociación Cultural "O Caracol de Pascal"

NUNCA MÁIS!!!!

A constitución animal

A constitución animal

Ola! Estes son os 5 mandamentos da constitución Animal (que aparecen no video da obra de George Orwell). Simplemente comentar que na obra son 7. Aquí tedes os 5, se queredes podedes comparalos cos da George Orwell´s, que están resumidos noutro artigo do "güevló":


A Constitución animal está formada por cinco postulados ou normas básicas:

- "Ningún animal poderá durmir nunha cama"

Esta lei facía referencia principalmente ó luxo que supuña para os animais ter un espazo individual onde durmir, pero estes non querían luxos que proviñesen dos seres humanos, de aí a lóxica desta norma.

Máis tarde coa chegada de Napoleón ó poder, esta norma foi modificada pola seguinte:
"Ningún animal poderá durmir nunha cama con sabas". Deste xeito, os porcos e Napoleón comezaron a facer uso da casa do señor Jones para o seu beneficio propio, sen dar permiso para que o resto dos animais empreguen este luxo.

- "Non se poderá beber alcohol".

Esta norma chégase a cumprir durante un breve período de tempo.

Xa que coa chegada de Napoleón ó poder, vólvese a incumprir, aínda que de novo, incúmprense por parte da elite dominante: os porcos.

- "Catro patas: bo. Dúas pernas: malo."

Esta frase soe ser reiterada en múltiples ocasións polas ovellas. As galiñas non estaban moi acordes con esta norma, xa que por unha parte elas eran excluídas. O razoamento para que elas entraran foi o seguinte: as ás delas tamén contan como patas. Deste xeito tódolos animais eran de catro patas. En inglés non se reflexa unha distinción entre pata e perna, xa que se emprega o mesmo termo para as dúas expresións: leg.

Os porcos volven a quebrantar esta norma ó final da novela, xa que na festa que celebran eles van a dúas patas, xusto no momento que o burro Benxamín os imaxina a eles igual que os humanos. Este feito de que anden a dúas patas fai máis doado que os imaxine coma persoas.

- "Ningún animal pode matar a outro"

Volve a ser quebrantada polos porcos, como tódalas regras que foran elaboradas polo primeiro goberno da rebelión, liderado polo porco Snowball.

O goberno de Napoleón trocou tamén o plantexamento desta norma: "Ningún animal pode matar a outro sen motivo algún". Napoleón e os seus secuaces deciden eliminar a aqueles que se mostran en contra do réxime, e así desata o terror e o caos na granxa.

- "Tódolos animais son iguais"

Esta norma é a que establece a igualdade entre tódolos animais coma se de camaradas na revolución soviética se tratase. É a lei básica e principal que resume e sintetiza o resto. Cumprindo esta lei, respectas a tódolos animais por igual.

Pero esta lei ía ser modificada de novo por Napoleón e os seus porcos pola seguinte:
" Tódolos animais son iguais pero uns máis que outros". Con esta norma acabouse a igualdade e o que representaba a verdadeira revolución. Os cochos son os verdadeiros traidores da revolución xa que a súa revolución de igualdade converteuse nun estado dictatorial, que dá máis importancia a uns cidadáns cá outros.
A constitución vai evolucionando, e favorecendo ós cochos, có que se apreza que o poder é o que corrompe ó líder e o leva a traizoar os principios que xurara. Napoleón nunca buscou o benestar xeneral, só pretendeu o ben dos porcos. Ó igual que a Nomenclatura rusa vivía moi ben mentres o resto dos obreiros estaban na miseria. O poder e a avaricia fixo que os cochos se convertesen no que máis odiaban, seres humanos.

Que opinades, que constitución é máis racional?, a dos animais de granxa?, ou a do dos animais humanos?...
Un saúdo.

O vídeo de debuxos animados. Un resumo

O vídeo de debuxos animados. Un resumo

Este artigo é un resumo do video de debuxos animados "A Revolta dos Animais",unha fantástica obra de George Orwell, se vos apetece saber de que vai... Son 10 minutos de lectura, que lle quitedes proveito:

O vídeo é unha representación audiovisual na súa forma cinematográfica da obra de George Orwell´s “A revolta dos animais”. O vídeo presenta a historia do “impredicible”, unha hipotética revolta de animais de granxa fronte ós seus autonomeados donos e unha posterior asimilación destes de lingua, costumes e ideoloxía humanas.

No seu comezo aparece un granxeiro malhumorado que visita de xeito agresivo ós animais da súa granxa. Os animais amósanse amedrentados e permanecen quedos ante o caracter agresor do único animal humano presente ata agora na historia. Esta situación desagradable, unha constante na vida de animais propios dunha granxa provoca que decidan unha reunión na que o máis vello, o porco Maior de considerables dimensións e aspecto avellentado, fala en ton de irmán de cara ós seus compañeiros. Este, fai ver ó resto a desoladora función vital de cada un dos animais, ante o que responden cun xesto de temor e preocupación que se converte en alboroto. Como culminación da xunta o porco propón unha revolta que os conduza ata unha ansiada liberdade, os compañeiros responden con cánticos ata que estes son interrompidos polo falecemento do porco xefe Maior.

Trala morte do ideólogo, o granxeiro interrompe a tráxica escena lanzando un par de disparos ó aire. Ó día seguinte, os animais érguense e non teñen alimento algún que levarse á boca, xa que o granxeiro non se levantou para proporcionar enerxía en forma de comida ós seus “peóns”. Os animais buscan unha alternativa para poder comer algo, e diríxense cara as reservas de comida existentes na ganxa. O granxeiro erguese malhumorado, pois percatarase da xogada dos animais, e diríxese cara eles cun látego, estes en lugar de escapar atemorizados, enfróntanse ó granxeiro. O home non ten reparo en empregalo látego para espanta-los animais, aínda que mediante a unión o superan en forza. O granxeiro fuxe aterrado, escondéndose nunha taberna da vila chamada Red Lión, onde se atopa con outros granxeiros do lugar.

Mentres os animais celebran a súa victoria fronte ó humano opresor e manipulador das súas vidas, o granxeiro Jones pide axuda ó resto dos habitantes da vila para recuperar o terreo perdido. Nembargantes, os animais deféndense das acometidas dos humanos, quen empregan tanto ferramentas para o tratamento da terra como armas de fogo, e teñen que abandoar o territorio pertencente ós animais, tal como planeara o porco Maior (traducido ó galego, alcalde). Os animais desfánse das ferramentas empregadas polo granxeiro, tanto para tratar aterra como para someter ós animais, lanzando algunhas ó pozo e queimando outras. Mentres contemplan ó lume, os animais entoan cánticos, festexando a súa total independencia. Posteriormente, entran na casa do campesiño e observan cabezas de animais disecadas, e outros adornos no antigo fogar do granxeiro, que fan que os animais desaten toda a súa ira contra os alimentos e prendas que son feito grazas ás súas labores ou á súa matanza, bando claramente a función que cumprían nunha sociedade na que prevalecían os intereses humanos. Deciden abandonar a casa e formar eles mesmos o seu propio fogar lonxe do que por moito tempo foi o seu opresor; paralelamente á marcha dos animais dáse un feito que marcará o desenlace da historia, un dos cochos, chamado Napoleón, decide permanecer alí, negándose a acompañar ós seus compañeiros, e realizar o seu propio plan. Os animais póñense dacordo en que poden desenvolver a súa actividade perfectamente nunha granxa deles á que chamarán Maior (en honra ó porco líder, ideólogo da revolta) sen a axuda do granxeiro, e redactan en conxunto unha serie de normas comúns, entre as normas destaca: “ Catro pernas ben, dúas pernas mal”, norma que fai que as galiñas non se vexan identificadas, pero despois póñense dacordo en que as alas son consideradas como pernas ou patas. Outro dos mandatos que é importante destacar é: “ Un animal nunca debe matar a outro”, declarando o dereito á vida como un principio fundamental.

As pombas (animal que en diversas obras é o encargado de expander mensaxes) fai o propio na obra de G.Orwell´s, e diríxense á vila a comentarlle a animais doutras zonas o que está a acontecer na granxa Manor. Estes, non dubidan en dar un xiro radical e seguir a proposta plantexada, abandonando a escravitude e dirixíndose cara un xeito de vivir basado na cooperatividade e igualdade entre eles, provocando unha transformación no mundo animal.

De seguido amósanse os diversos avances dados na granxa Maior, agora os animais toman por súas, accións “propiamente” humanas como por exemplo o aprendizaxe das letras e dos números que lles garante unha comunicación máis “desenvolta” e a capacidade de levar a contabilidade das tarefas que deben realizar. Mentres, Napoleón continua a forxar unha relación férrea cos cans abandonados polo granxeiro. A humanización dos animais é inminente, xa que toman por seus actos considerados só de seres humanos ( empregan roupa, dispoñen de servicios antes inexistentes como a luz).

Napoleón continua intentando liderar os animais, pero estes prefiren o criterio que establece Snowball, o porco que tomou o liderado logo da morte de Maior. Coa colaboración dos cans, Napoleón faille fronte a Snowball, líder da utopía animal, quen se ve acurralado e acaba fuxindo da granxa, mediante un “golpe de estado” acádao poder e somete ós membros da anterior sociedade.
O novo líder plantexa as súas teses coas que a comunidade será próspera e acusa a Snowball de querer o regreso dos humanos a granxa. Napoleón leva a cabo a iniciativa de construír un muíño, antes proposta por Snowball, pero que non foi posta en marcha debido ó desconcerto que provocaba e a falta de aceptación por algúns dos membros da sociedade alí establecida debido á dureza que suporía a construcción desta. O novo réxime establecido presenta un talante diferente, apreciado polos habitantes, xa que Napoleón decide os horarios de comida (momento no que poden descansar do traballo feito), cun toque de corneta e establece a seguinte norma: “Os animais non deben durmir nas camas dos humanos”. Asemade variou outras normas, que diverxen das dictadas por Snowball, para aumentar o seu poder e a súa capacidade de decisión e influencia sobre a nova sociedade, consolidando así seu modelo.

Nesta liña, variou unha das normas que prevalecía antes da súa chegada: “Ningún animal pode matar a outro animal”, senteciando: “Ningún animal pode matar a outro sen causa xustificada.” Esta nova norma escribiuse logo de que Napoleón asasinase a algúns dos membros da comunidade, tras mostrar unha actitude repúdiante de cara o trato recibido.

Dáse un feito curioso que sorprende a algúns dos animais: Un home aparece na granxa, entra na casa onde habita a elite dominante e sae cun saco cheo de moedas. De volta á taberna, o home ponse a contabilizar a recadación, de xeito que o resto dos granxeiros móstranse asómbrandos e conversan con el para tentar descubrir de onde procede o diñeiro.

A continuación, os campesiños xúntanse e ármanse en armas e valor para dirixírense cara a granxa. Os animais camúflanse ante a predicibel chegada dos “seres racionais”, e mediante unha serie de estratexias e unha boa planificación e organización, os animais saen dos seus respectivos refuxios premeditamente establecidos de xeito ordenado, sorprendendo ós humanos que permaneceran estáticos ó non veren a ninguén e non foron capaces de resistir ás acometidas dos animais, escapando de novo cara a vila. Paralelamente, Napoleón reúnese co resto dos porcos para condecorarse, momento no que explota a dinamita que anteriormente colocaran os seres humanos, derrubando a granxa por completo; polo que os animais, a maioría deles malparados e feridos trasládanse cara outro emprazamento.

O proceso de humanización segue o seu curso, agora os líderes dispoñen de espectáculos para o disfrute e ocio. Mentres, o traballo non cesa, e coa chegada dun temporal dáse un accidente laboral, a lesión do membro máis capaz do grupo, o cabalo Boxer, debido ás pésimas condicións nas que se traballaba: unha xornada de traballo moi extensa que desencadeou nun descenso do rendemento e falta material (precariedade laboral). O día seguinte chega un automóbil á granxa que leva a Boxer, xa que agora xa non supón un beneficio económico, e constitúe un atranco para a construcción do “imperio”. Os traballadores enfróntanse ante unha situación de desacougo e inoperancia ante o que o dictador impón respecto taxantemente e xustifica o acto que os conmovera.

Nesta situación remátase o muíño de vento, proxecto primordial de Napoleón, e que significa o comezo dunha industria en crecemento, as industrias Napoleón son xa un feito. Os animais, proseguen coa súa humanización, comezan a empregar vestimenta, e deprenden a escribir a máquina... Séguese a desenvolver a cultura e actos de ocio ós que asisten somentes os gobernantes, é dicir, aqueles que non traballaban. Este feito plasmase nunha nova regra que modificaba a anterior: “ Tódolos animais son iguais”, ó que se lle engadiu “... pero uns son máis iguais que outros”. Esta norma afirma a dictadura, e a existencia de clases, colocando a algúns porcos por riba do resto dos animais, dándose unha contradiciion dentro do sistema que nun comezo se pretendía forxar.

O burro Benxamín, doído especialmente pola retirada de Boxer da granxa, tenta investigar sobre as novas intencións da elite dominante, a cal estaba reunida nunha cea; Boxer, axexa a sesión detrás dunha fiestra. O autor establece unha comparación a través do pensamento do burro, o cal non observa diferencia entre os antigos mandatarios e os porcos, xa que mentres espía á elite está a ver ós granxeiros. Dáse unha transformación que é susceptible de ser debatida, xa que nun comezo os porcos son quen de establecer normas equitativas, pero co aprendizaxe de calidades atribuídas ós humanos ou co desenvolvemento da sociedade; esta, perde valores positivos como o igualitarismo e o cooperatrivismo e convertese nunha dictadura comunista.

Benxamín volta á granxa e coméntalle o sucedido ó resto dos compañeiros, quen enfurecidos diríxense cara a casa, afastada, onde se estaba a celebrar a cea. No acto soa unha música que semella ser tirada dunha película de Stanley Kubrick, e deixase entrever unha hipotética sublevación dos traballadores contra os gobernantes...

Se considerades oportuno realizar algún comentario, calquera que sexa, será ben recibido... Grazas.

O PP practica a contracampaña.

O PP practica a contracampaña.

Ola, xa queda menos para as eleccións autonómicas de Galiza, máis en concreto, quedan 10 días para saber se se vai optar por un cambio ou se vai seguir a monotonía popular; as últimas enquisas decántanse pola primeira opción, xa que se formaría un goberno en coalición entre os socialistas e o bng.

Ante esta hipótese, don Manuel Fraga Iribarne, afirma que un goberno "social-nacionalista" odería facilitar que se adentrase o terrorismo en Galiza.

Está visto que todo vale, "o fin xustifica os medios"; xa que dende un punto de vista racional esta teoría so pode ser considerada unha aberración.

Hai que botalos!!!

Fraga promételle traballo a todos os fillos de inmigrantes

Fraga promételle traballo a todos os fillos de inmigrantes

Ante unha case que segura derrota, o candidato á Xunta de Galicia, FragaIribarne deixou dito:

“Prometo un acceso privilexiado e sen obstáculos ao mercado laboral español de todos os descendentes de galegos que opten por retornar á terra dos seus pais e avós”.

Con estas cómicas palabras o avó da política galega, dirixíase ós fillos dos emigrantes en Arxentina e Uruguai, á vez que o PP criticaba duramente en Madrid o “efecto chamada” que supón, segundo eles, o proceso de regularización proposto polo Goberno central.

Hai que votar, hai que botalos!!

dsdsd

dsdsds

DSDSDSD

DSDSDS

rgregtre

gregre