
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005. 01/06/2005Beatas deítanse con sacerdote por medo ó diaño Ser cura ten as súas vantaxes, que llo digan a Carlos Romeiro de 59 anos que confesou ter dito a tres mulleres da súa congregación de San Diego que se non tiñan relazóns sexuais con el, o diaño faríalles moito dano. A unha delas contoulle que tivera unha revelación divina, e que ela xa fora atacada polo diaño. Por suposto, a única forma de detelo era deitándose con el. Agora o pastor, que pode ser condenado a cinco anos e oito meses de cárcere, recoñece que o que fixo estaba mal e prometeu non facelo nunca máis. Profesor acusado de cobrar diñeiro por aprobar A Ricardo Abastos, profesor de literatura dun instituto de Ponte Pedra, pódenlle caer de tres a seis anos de cárcere por un delito de colleito propio de funcionario. Unha das alumnas contoulle ó seu pai que debia pagar 60 sois (uns 14 euros) para aprobar, e este comunicoullo á policia. Os investigadores seguiron o rasto dos billetes da menor ata o peto de Ricardo. Os pais están indignados porque non entenden que en realidade o profesor lles estaba a dar unha clase avanzada de Economía e Mundo Real. (na Faculdade de Periodismo da Universidade Complutense de Madridhabia un profesor de Ética e Deontología Profisional que facia uns exames absurdos e despois subía a nota medio punto por cada filme de vídeo que lle regalaban ou cada artigo que lle traducisen gratis. E a ninguén lle estrañou nunca, ó fin e ao cabo, o que mellor forma de aprender a ética do periodismo). Esta é a ética que están a deprender os alumnos. 02/06/2005O tamaño si importaUn home de 50 anos que tiña oito esposas sofreu un drástico troco no seu pene por culpa da sua primeira muller. Aklina Banu creia que o tamaño do pene era o que obrigaba ó seu home a casarse con tantas mulleres, polo que decidiu cortar polo san, literalmente, e cunha folla de afeitar amputou a parte do membro do seu esposo, mentres este durmia. Non se sabe se Aklina pudo confirmar a súa teoría. A Caza de Bruxas segue vixente na India. As anciáns da Indiaestán en perigo permanente. Ser muller vella na India ten o problema engadido de que cando pasa algunha desgraza na túa aldea, matante. Cada vez que morre máis dunha persoa nunha poboación ou que se rexistra un andazo de algunha enfermidade acúsase ás anciáns do lugar de bruxería. En Siliguri dous xoves mataron a golpes a unha muller de 70 anos en novembro porque crían que era unha meiga. Segundo o diario Hindustan Times, nos últimos cinco anos 93 persoas foron asasinadas no distrito de Jalpaiguri por crer que se adicaban á bruxería. O GALEGO NO SÉCULO XX. A continuación, unha breve síntese da historia do galego durante o século XX.Dende 1900-1936. 1-O proceso de recuperación da lingua iniciado no Rexurdimento, limitado case exclusivamente á literatura, rexistra un forte impulso no primeiro tercio do século XX. Por unha banda extendese o uso oral a ámbitos cultos dos que antes estaba excluído (mitins, conferencias...) e o uso escrito a todos os xéneros literarios e a todos os campos de cultivo, coma o xornalismo ou o ensaio científico e filosófico. Por outra, esta extensión de usos favorece certa recuperación do prestixio social do galego. Pero a pesar deste avance, a situación do galego continuará sendo diglósica: a lingua máis prestixiada e a do ascenso social é o castelán, mentres que a lingua da gran mairia, o galego, segue a perder falantes; o incremento dáse nos ámbitos da cultura e da literatura, así como da politica galeguista, pero a nosa lingua segue ausente nos ámbitos fundamentais: administración, ensino, Igrexa, ... 2-Os logros fundamentais ( novos usos no ámbito da cultura, estension a todos os xéneros literarios e da escrita, loita pola dignificación e o prestixio, e reivindicación –frustrada- do seu uso como lingua cooficial) foron protagonizados polas organizacións nacionalistas, xurdidas ó remate da segunda década: -As Irmandades da Fala: Xurdidas a partir de 1916 baixo o impulso de A. Vilar Ponte teñen como principal obxectivo a defensa, dignificación e expansión do idioma a todos os ámbitos. Na primeira asemblea (Lugo 1918) decláranse nacionalistas, deixando atrás a etapa rexionalista do galeguismo, e fundamentando na lingua a esencia de Galiza e o argumento clave da definizón da nazón. O seu labor cultural foi dunha enorme importancia durante a década dos vinte (dirixida nesta etapa polo sector menos político e máis culturalista, o de V.Risco): editaron desde 1916 o periodico galeguista e monolingue en galego A Nosa Terra potenciaron o teatro como vehículo espallador da linguae da cultura a través do Conservatorio Nacional da Arte Galega, fixeron proxectos para a galeguización do ensino e doutros ámbitos; o impulso normalizador lévaos a usar o galego en ámbitos reservados en exclusiva para o castelán (conferencias, ciencia,...); fúndanse editoriais para dar sobre todo a coñecer a nova prosa: Lar, Celtiga, Nós. -Os membros do Grupo Nós (integrantesdas Irmandades e formado por Risco, Pedraio, Cuevillas, Losada Diéguez e Castelao) convertéronse en realidade nos verdadeiros artífices do nacionalismo tanto na elaboración teorica coma na practica politica. Foron a máis grande xeración da nosa literatura: levaron á madurez e modernizaron os xéneros menos desenvolvidos: o relato ¡, a novela, o teatro, e foron os verdadeiros creadores do ensaio galego (os seus discípulos da xeración do 25 farían unha posta ó día da nosa poesía). Non usan só o galego na literatura ou no ensaio, senón que o estenden a todas as formas de relazón que ata entón o excluiran: mitins, anunzos comerciais, correspondencia privada, conferencias,...: o primeiro exmplo plenamente normalizador da nosa historia contemporánea. A súa empresa máis significativa foi a publicación da revista Nós (1920-1936) onde publicaron traballos de gran altura intelectual, tanto literarios como doutras temáticas culturais. Os obxectivos da revista viñan sendo os da propia xeración: crear para sempre a cultura galega, fornecedora dun espírito propio, nacional, modernizándoa en contacto coa europea e espallándoa polo mundo sen intermediarios. Así, demostraron na práctica a validez do galego para o tratamento deste tipo de temas. O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) fundado no ámbito universitario por alumnos e profesores e no que se integraron para dirixir algunhas das seccións os membros do grupo Nós, foi unha especie de universidade paralela (tentaba superar o papel atrasado e desgaleguizador da Univeersidade) co obxectivo de estudar cientificamente Galiza en todos os aspectos (etnografía, xeografía, arqueoloxía, historia, arte, ciencias naturais e aplicadas,...) No seu seo iniciase tanto a incorporación do galego á ciencia, aquí nace verdadeiramente o ensaio en galego. -As angueiras e desexos deste amplo movemento nacionalista conflúen ó inicio da República no Partido Galeguista (1931) no que se integran os membros máis coñecidos das Irmandades e o grupo Nós. O seu obxectivo fundamental era a consecución do autogoberno a través da elaboración e aprobación dun Estatuto de Autonomía. No que a cidadanía aprobou en referendo en 1936, días antes do inicio da Guerra (razón pola que nunca entrou en vigor) promulgábase a cooficialidade do galego, introducíndoo no ensino e na administración. 3-Malia a fundación da Real Academia Galega en 1906 e a pesar dos febles intentos do SEG, que chegou a publicar nos anos trinta unhas normas para unificar a escrita do galego, non se acadou na época, unha normativa fixa ou unha forma estándar do galego. De todos os xeitos, o esforzo dos escritores fixo que se acadase un galego culto supradialectal (superando as etapas dialectista e interdialectista do Rexurdimento): eliminando os numerosos castelanismos que enchían o galego popular botando a man do galego medieval, do latín e do portugués. Tamén se elaboraron algúns diccionarios e gramáticas de certo interese. Dende 1936-1075. 1,Consecuencias da Guerra e da Dictadura. O réxime dictatorial franquista xurdido da Guerra Civil leva a cabo a meirande represión do galego da historia contemporánea (así como das outras linguas periféricas) e provoca o meirande proceso de castelanización da historia. Deruba os logros da etapa anterior:asáñase contra a elite cultural e politica galeguista (algúns dirixentes son fusilados, moitos teñen que exiliarse e os demais son castigados e silenciados.); prohiben as empresas e as organizacións galeguistas: o xornal A Nosa Terra, a revista Nós, as editoriais, o S.E.G., o Partido Galeguista... A enorme desfeita economica de Galiza provoca nos primeiros anos miseria e fame, logo a saída de grandes masas para a emigración. Xa nos sesenta a consolidación da dictadura e o desarrollismo (coa instalación dalgunhas industrias na Coruña, Vigo ou Ferrol) provoca unha progresiva emigración interna cara as cidades (co conseguinte cambio ó castelán). Isto xunto co aumento aumento da escolarización, só en castelán, e o medre dos medios de comunicación de masas (prensa, radio e TV) provoca a meirande perda de falantes da historia e devólvenos a unha situación de forte diglosia: o castelán volve ser a lingua valorada (única dos ámbitos formais da educación, administración, medios de comunicación...) e o galego queda reducido ó ámbito familiar e rural e torna a infravalorarse e empobrecerse. 2.A resistencia cultural:pouco a pouco, con enormes dificultades por mor da censura, comezarán a agromar as manifestacións culturais en galego tentando o tempo e os ámbitos perdidos: 2.1.Ata a década dos cincuenta en GAliza a penas se publican media ducia de libros e ningunha revista. Só o exilio, sobre todo o bonaerense, mantén acesa a chama do galeguismo, e da producción cultural en galego: crean editoriais, manteñenb a creación literaria e ensaística en galego, publicacións periodicas, emisoras de radio, representacións teatrais, tec... convertendo Bos Aires na capital cultural de GAliza (ver gal. exilio). 2.2.Na década dos (por mor dunha certa apertura forzada da Dictadura) iniciase certa actividade cultural e editorial. O máis salientable foi a creación da editorial Galaxia (1950) levada a cabo por un grupo de intelectuais galeguistas (Ramón Piñeiro, Fernández del Riego, Otero Pedraio...) nun intento de recuperar funcionalmente o galego e o seu prestixio literario e cultural, seguindo a pautado grupo e da revista Nós: reeditan os clásicos, recuperan escritores obrigados ó bilingüismo reeditan os clásicos, recuperan escritores obrigados ó bilingüismo (Cunqueiro, Blanco, Amor...) crean unha colección, Illa Nova, para as novas promocións, promoven a edición de revistas, como Grial. 2.3.A partir dos anos sesenta prodúcese un reavivamento da vida cultural galeguista, baixo os seguintes elementos dinamizadores: A creación de aociacions culturais (O Galo, O Facho, A.C. de Vigo...) que promoven a defensa do galegodentro dunha loita galeguista e democratica máis ampla. A R.A.G. Falsos soldados rouban un millón de euros Un día antes de que os soldados da OTAN abandonasen Saraxevo, un grupo de ladróns disfrazados de soldados da OTAN roubaron un millón de euros dunha furgoneta dunha empresa de seguridade. Os impostores puxeron un control facticio nunha autoestrada, onde pararon ó vehículo.A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 1-NORMALIZACIÓN. Nunca situación de conflicto lingüístico a lengua dominante, o castelán, provocará a substitución ou desaparición do galego se non se lle enfronta unha actuación social que o impida, isto é, un proceso de normalización lingüística.Entendemos, pois, por normalización lingüística un proceso polo que unha lingua propia, subordinada a outra allea nun contexto de conflicto lingüístico, se desenvolve ata se converter en lingua de uso normal na comunidade. O obxectivo é recuperar falantes e gañar novos ámbitos de uso (usar a lingua dominante normalmente en todo e para todo). Para levar isto a termo cómpre unha toma de conciencia da sociedade e a adopción dunha política lingüística decidida e orientada a facer do galego o idioma de uso habitual en todas as situacións. E para isto a lingua ha de gañar prestixio, ha de ter estatus legal e ha de ser adquirida e transmitida de maneira natural. Outro aspecto necesario deste proxecto é o que atinxe á normativización que consiste na formación da variedade estándar ou culta de lingua a través da fixación da ortografía, da fonoloxía, da morfosintaxe e do léxico. Isto é imprescindibole para termos un modelo codificado, necesario para a comunicación formal, o ensino, a administración e os medios de comunicación. A normativa oficial foi fixada en 1982 coa publicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, da Real Academia e do Instituto da lingua, e que recentemente forn levemente modificadas. A normativización ocúpase polo tanto, das cuestións formais e internas da lingua mentres que a normalización fai referencia ó uso, á extensión social da lingua. 2-ESTADO ACTUAL E PERSPECTIVAS DE FUTURO. Nas dúas últimas décadas, malia estarmos nun momento de forte tensión dialéctica entre un proceso de substitución (sobre todo pola perda de falantes) e outro de normalización, déronse sen dúbida importantes avances no proceso normalizador: 1. Un novo marco legal a través da Constitución, do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüísticas. Isto permitiu mudar o estatus, convertendo o galego en lingua cooficial, impulsar unha politica de planificación lingüística e iniciar a recuperación do prestixio provocando a superación de boa parte dos prexuízos negativos cara a lingua. 2.Galeguizacion das institucións autonómica e municipais. As institucións públicas teñen un importante papel como axentes normalizadores, tanto por se gañaren novos ámbitos de uso para o galego, como polo que respecta a gañar prestixio. Neste aspecto cómpre salientar o uso público maioritario do galego por parte da Xunta de Galicia e a galeguización de boa parte da Xunta de Galicia e a galeguización de boa parte dos concellos, amais do labor normalizador que algúns deles fan entre a cidadanía. Os maiores avances rexístranse nas administracións autonómicas e local, aínda que a primeira adopta políticas pouco decididas e nos concellos os comportamentos lingüísticos son bastante desiguais. 3.Desenvolvemento desequilibrado nos diferentes ámbitos da vida social: -Situacion próxima á plena normalización no mundo da cultura (literatura, teatro, outras artes...) por se tratar dun sector especialmente sensibilizado coa problemátican cultural do país. De todos os xeitos é unha realidade anterior ó actual proceso. -De enorme importancia foi a creación dos medios de comunicación públicos en galego, Radio e TV de Galicia. Pero a maior parte dos medios de comunicación (prensa, radio e TV) seguen en castelán. -Avances significativos no ensino, pero sen se acadar os obxectivos marcados pola lei. -O castelán segue a ser con moito a lingua minoritaria nos ámbitos sanitario e xudicial. -Resistencia ó uso do galego por parte dos organismos da administración central presentes en Galiza (Administración de Costas, Delegación do Goberno...) -Presencia minoritaria do galego na empresa privada. As empresas de tamaño mediano ou grande galeguizadas son escasas, a pesar do importante labor da Fundación Galiza-Empresa. O mesmo pasa co comercio e na publicidade. -Tamén é minoritaria a presencia do galego na Igrexa, que historicamente foi un importantísimo axente castelanizador. 4.Colectivos normalizadores non institucionais: Amais das institucións e das iniciativas promovidas por universidades, algúns partidos, sindicatos, etc., o labor dun bo número de asociacións que interveñen en diferentes ámbitos é bastante máis decidido que o das administracións. Destacan neste sentido a Mesa Pola Normalización Lingüística, a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, a Fundación Galiza-Empresa, Nova Escola Galega, a Plataforma polo Galego na Información... que desenvolven campañas a prol do galego en xeral ou nos seus propios ámbitos, amais de exámbitos, amais de exerceren unha practica galeguizadora permanente. 5.O aumento do prestixio do galego maniféstase, segundo as enquisas, en que a maioría do galegos son partidarios dun incremento do uso da lingua propia ó tempo que agoiran un futuro esperanzador. Isto tamén se concreta nalgúns aspectos importantes como: -hai menor desgaleguización e maior presencia do galego en sectores sociais urbanos e instruídos, contrariamente ó que sucedía antes; -abunda a regaleguizacion de persoas que eran castelán-falantes en orixe; amplas capas da sociedade practican un monolingüísmo en galego consciente. E como aspectos negativos máis importantes salientariamos: -a perda continuada de falantes; -a ruptura da transmisión xeracional (de pais a fillos) do galego, que leva a un descenso do uso do galego como lingua habitual na xente nova; -a febleza da politica normalizadora da administración autonómica, que non acomete as actuacións precisas para acadar os obxectivos da lexislación vixente; -as conductas lingüísticas hostís ou pouco comprometidas co galego en numerosos ámbitos, conforme vimos máis arriba, nos que seguen presentes rutinas e prexuízos de vello. En definitiva, o éxito do proceso normalizador dependerá do grao de conciencia da cidadanía e do compromiso e eficacia da políticca de normalización lingüística. O GALEGO NOS MEDOS DE COMUNICACION DE MASAS. No século XIX aparecen as primeiras mostras de revistas galegas, coma O tío Marcos da Portela. No primeiro tercio do século XX xorden algunhas revistas bilingües de orientación literaria e cultural ( Ronsel, Resol, Alfar) pero sobre todo da revista monolingüe Nós e o periódico A Nosa Terra. A principios dos 60 de século pasado comezaron a aparecer algunhas publicacións en galego, como a revista de cultura Grial, e o galego apareceu timidamente na prensa a partir da década dos 70.Os medios de comunicación –sobre todo TV; radio, prensa e ultimamente todo o relaciona coas ferramentas informaticas- son un sector estratéxico de cara a normalización do idioma, pola crecente importancia que teñen nas experiencias lingüísticas diarias dos cidadáns. Pero o galego é, con moito, lingua minoritaria nos medios de comunicación a que temos acceso os galegos, revelándose este sector como un dos axentes castelanizadores máis eficaces. En xeral, podemos dicir que a presencia do galego é escasísima nos medios de escritos e un chisco mellor, pero minoritaria, na radio e na TV. Tamén, en xeral hai máis presencia do galego nos medios públicos ca nos privados. 1.Na prensa só temos un diario de información xeral en galego, Galicia hoxe (antes O Correo Galego) de moi cativa tirada. O resto da prensa diaria que se le en Galicia divídese entre os diarios que chegan de Madrid, integramente en castelán, e os editados en Galicia. Nestes a presencia do galego non supera o 5% (maiormente artigos, colaboracións culturais e viñetas humorísticas). Amosan pouca vontade normalizadora e mesmo traducen sistematicamente ó castelán informacións recibidas en galego. Toda ela é prensa privada e a estas alturas non vale a desculpa do analfabetismo de moitos galegos na propia lingua. Tocante a certo tipo de publicacións periódicas especializadas (prensa deportiva, revistas do corazón...) a presencia do galego é practicamente igual a cero. Respecto á prensa non diaria contamos cun semanario de información xeral, A Nosa Terra, moitas publicacións de carácter local pouc omarcal, varias revistas de información e debate (Tempos novos...) e de carácter cultural (Grial, Encrcillada...) e outras de información especializada (temas de natureza, etc..) Na radio e na televisión o galego recibiu un forte pulo coa creación en 1986 da Compañía da RTVG, coa programación case totalmente en galego, aínda que con fortes eivas (publicidade maioritariamente en castelán e nunha corrección lingüística discutíbel). De todos os xeitos, contribuíron a mellorar a imaxe da lingua, a consolidar a variedade estándar e a erradicar prexuízos diglósicos. Por imperativo legal un dos seus obxectivos é a normalización lingüística. Hai presencia do galego, pero moi escasa e era maior anos atrás noutras emisoras de radio publicas e privadas. TVE mantén algunha presencia do galego en programas territorios para Galiza. É especialmente magoante a existencia de programas destinados para os emigrantes galegos espallados polo mundo que se emiten en castelán. De todos os xeitos, a proporcionalidade é abismal na radio e na TV a favor do castelá, co agravante no caso da TV de que futuro se presenta moi preocupante por mor da invasión dunha grande cantidade de canles privadas só en castelán. E a administración galega, ó contrario do que acontece noutras comunidades, non toma medidas a prol do galego (coma o impulso da técnica do dual con dobraxes a galego, a creación dunha segunda canle de TV coma en Cataluña ou Euskadi...; o mesmo acontece verbo dos novos instrumentos de comunicación, como internet). AS LINGUAS NO ESTADO ESPAÑOL. A Constitución de 1978 fronte a unha vella tradición de séculos de monolinguismo oficial en castelán e de persecución das outras linguas, ó tempo que declara o castelán como “la lingua oficial de España” e lle outorga preeminencia, engade que serán cooficiais as demais linguas nas súas respectivas comunidades autónomas.A seguir, os respectivos Estatutos de Autonomía desas comunidades estableceron a cooficialidade da lingua propia: o catalán en Catalunya, Illas Baleares e Valencia; o basco no País Vasco e o galego en Galiza; nestas comunidades vive arredor dom 40 % da poboación total do Estado. Amais disto, Navarra recoñece o vasco como lingua propia dunha parte do seu territorio. O Estatuto asturiano recomenda a protección do bable (que perde falantes e ámbitos de uso) pero sen outorgarlle a cooficialidade. O Estatuto aragonés fai referencia ás “peculiaridades lingüísticas de Aragón” por mor dos restos da vella lingua aragonesa (o aragonés está en franca regresión e só pervive a nivel coloquial en pequenas áreas da provincia de Huesca) e do catalán que se fala nunha franxa lindante con Catalunya. E o dialecto gascón-occitano empregado polos habitantes do Val de Aran, un val pirenaico de Lleida lindante con Francia. Logo, durante a década dos oitenta as comunidades con lingua propia aprobaron cadansúa Lei de Normalización Lingüística cuns propósitos semellantes: definir a cooficialidade como igualdade xurídica de linguas, afirmar o dereito dos cidadáns a usaren a lingua propia en todo tipo de actividades privadas ou públicas e desenvolver medidas para a promoción das súas linguas, sobre todo nos ámbitos da administración publica, ensino e medios de comunicación. Pero, malia estaren dotada as distintas comunidades dunha lexislación semellante, actores históricos e prácticas políticas dun maior ou menor compromiso determinaron situacións e logros distintas. 1-CATALÁN:Fálano uns sete millóns de persoas en Catalunya, Baleares, Valencia e zonas limítrofes. Tamén é de vello a lingua oficial de Andorra. Fóra do estado español fálase en Alguer, cidade da illa italiana de Sardeña, e na Cataluña norte, onde sofre a política hostil do estado francés. a)En Catalunya .... 2-BASCOS:Fálano máis de seiscentas mil persoas en Esuskadi, no norte de Navarra e no País Vasco francés. É lingua cooficial no País Vasco e en Navarra, pero non no País Vasco francés. En Euskadi..... 3-GALEGOS: Secta desarticulada en Valencia Doce persoas pertencentes á secta chamada "A Congregación da Oliveira" foron detidas, acusadas de asociación ilícita, estafa e abandono de menores. O seu líder, que se facía chamar Jehuda e era natural de Zaragoza, escollía ós seus adoradores entre persoas de nivel adquisitivo medio alto, como médicos e profesores (non ten sentido converter a xente que está na ruína) e obrigábaos a darlles o dez por cento dos seus ingresos. A secta planeaba construír doce vivendas xunto á igrexa que tiña en Beninmantel. A idea era facer un complexo relixioso dedicado á congregación (e así ter máis vixiado ao rabaño). Pero Jehuda, ó que consideraban un deus, non se conformaba con iso e ademais recomendaba abandonar ós fillos. Os nenos saen moi caros e requiren unha atención que impide "centrarse na secta". De feito, un dos denunciantes é un neno que foi abandonado polos seus dous pais, a instancias da secta. 03/06/2005Fraga promételle traballo a todos os fillos de inmigrantes Ante unha case que segura derrota, o candidato á Xunta de Galicia, FragaIribarne deixou dito:“Prometo un acceso privilexiado e sen obstáculos ao mercado laboral español de todos os descendentes de galegos que opten por retornar á terra dos seus pais e avós”. Con estas cómicas palabras o avó da política galega, dirixíase ós fillos dos emigrantes en Arxentina e Uruguai, á vez que o PP criticaba duramente en Madrid o “efecto chamada” que supón, segundo eles, o proceso de regularización proposto polo Goberno central. Hai que votar, hai que botalos!! 07/06/2005Dvdmuros segue "güeblogueando"!! Hoxe día 7 de xuño, logo de 8 días dende que rematase o plazo para incluir novas no "güebló", xa que este debía estar a punto para o análise.Agora, gustaríame recordar outra vez máis que dendemurosparaomundo vai seguir colgando noticiais durante o verán, e vai seguir operativo, tentando recoller (manténdose na liña precedente) noticias de actualidade e otros sucesos que deben ser recordados. A todos os compañeiros de "güebló" e visitantes da páxina, espero seguir en contacto con vós!! 08/06/2005Se suspenden eles, aprobas ti!!elecciónsO vindeiro día 19, presentasenos ó galego unha oportunidade histórica que nos poden brindar as eleccións. O 19 de xuño son as eleccións, e o 20 de xuño hai exames. Se suspenden eles, aprobas ti!! Vai botar, e non deixes que xoguen cos teus dereitos 09/06/2005O PP practica a contracampaña. Ola, xa queda menos para as eleccións autonómicas de Galiza, máis en concreto, quedan 10 días para saber se se vai optar por un cambio ou se vai seguir a monotonía popular; as últimas enquisas decántanse pola primeira opción, xa que se formaría un goberno en coalición entre os socialistas e o bng.Ante esta hipótese, don Manuel Fraga Iribarne, afirma que un goberno "social-nacionalista" odería facilitar que se adentrase o terrorismo en Galiza. Está visto que todo vale, "o fin xustifica os medios"; xa que dende un punto de vista racional esta teoría so pode ser considerada unha aberración. Hai que botalos!!! 11/06/2005Canción de berce para Minia Este é un relato tirado da Voz de Galiza, trata o tema da igrexa cristiana católica apostólica romana e as súas "cárceres", que estuveron presentes tamén aquí en Galiza, este relato trata iso. Espero que vos guste: GALICIA anos sesenta, unha parella nova atopa traballo na Suiza, como tantos outros para limpar o país máis limpo do mundo, vivindo en sórdidos barracóns miserentos. Territorio comanche, reserva emigrante. Así son as cousas dos pobres na Suiza dos ricos, dos bancos, dos reloxos puntuais, do chocolate agridoce, tal vez... Teñen unha nena de a penas dous anos e como non lles quedan parentes na aldea, déixana a cargo das monxas do asilo da vila. Alí acollen os fillos dos que van traballar pola Europa. É o «boom» da emigración. Minia está asustada, apoucada de verse tan soa. Iso si, tamén ben coidada polas monxas- hermanas. Non entende por qué os seus pais non están... Todo é extraño para ela, o cuarto do asilo, as toucas e as caras tan brancas, os rezos continuos, os falares das monxas que son castelás, rioxanas, navarras, andaluzas cecáis. Minia apenas puido durmir esta noite, e moi cedo chama desconsolada, coa mirada cautiva entre os altos barrotes de madeira do berce que a protexen para que non poida caer. As monxas van acodindo unha a unha pé dela. Amables, arrodean o berce de Minia. Pregúntanlle se está enferma, se se acorda dos pais, se ten sede-fame-frío cecáis. A todo responde que non e repite unha frase moi curta de dúas palabras magoadas que ningunha das monxas sabe entender. A superiora manda chamar pola cociñeira Dorinda, que sí naceu nestas terras onde a orde leva un cento de anos ou así. Ordénalle «que mire lo que quiere la niña, que lleva llorando desde el alba y no sabemos que hacer». A cociñeira dilixente achégase ó berce de Minia e diríxese a ela no idioma de seu. E mentres a nena responde co mesmo S.O.S., pedras conxugadas que ninguén soubo entender, Dorinda acóllea nos brazos, chántalle un bico na cara e pona de pé. A pequena tan só repetía: —Quéromergher, quéromergher, quéromergher...! 12/06/2005As enquisas son como se lle preguntas a unha muller.... Xosé Manuel Fraga Iribarne volve ó ataque, o actual presidente da Xunta e o candidato da refundada alianza popular para estas seleccións autonómicas de Galiza, volveu a deixarnos unha desas frases celebres ás que os nosos oidos xa están acostumados:"As enquisas en Galicia son como se lle preguntas a unha muller con cantos homes se acostou un ha noite", esta frase súmase a outras como: "Se gobernan os socialista e os nacionalistas farán que ETA veña a Gaicia" e outras moitas burradas que o ex-ministro de información do asasino Franco deixou ditas durante o seu lonxevo mandato. Tan sequera esta última afirmación, ten a súa parte de razón, no sentido de que as enquisas en Galiza, que non Galicia, non teñen un porcentaxe elevado de veracidade, xa que as enquisas na súa maioría son feitas nas cidades, e as que son feitas nas pequenas aldeas, non son respostadas pola xente maior na que permanecen o escurantismo da etapa caciquil e o medo a expresarse libremente; agora na súa afirmación sobre as mulleres non sei se será verdade, pero o que si é certo que non se lle debe facer moito caso a unha persoa que na súa xuventude, fai 50 anos, firmou sentencias de morte e defendeu publicamente ó dictador Mussolini. Esperemos que este vindeiro 21 de xuño, http://www.haiquebotalos.com/ pois debemos de botar fora de Galiza os restos do franquismo e da igrexa pois teñen demasiado poder aquí con este goberno. 12/06/2005 20:50 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 23/06/2005ENORABOA GALEGOS!!!!!!!!!!!!!!!!!! ENORABOA GALEGAS E GALEGOS DE TODOS OS RECUNCHOS DE GALIZA, PORQUE TODOS XUNTOS VAMOS A SER QUEN DE BOTAR FORA A UN GOBERNO FASCISTA!!! NECESITAMOS OS VOTOS EMIGRANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ENTRE TODOS VAMOS A ACADAR UN GOBERNO PROGRESISTA DE COALICIÓN QUE NOS AXUDE A SUPERAR UNHA RECESIÓN ECONÓMICA QUE O PARTIDO CONSERVADOR DO PP VEU ELABORANDO DENDE HAI 20 ANOS. PONTEVEDRA DEBE DICIR UN NON Ó FASCISMO!!!! 23/06/2005 20:56 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |