
|
AS LINGUAS NO ESTADO ESPAÑOL. A Constitución de 1978 fronte a unha vella tradición de séculos de monolinguismo oficial en castelán e de persecución das outras linguas, ó tempo que declara o castelán como “la lingua oficial de España” e lle outorga preeminencia, engade que serán cooficiais as demais linguas nas súas respectivas comunidades autónomas.A seguir, os respectivos Estatutos de Autonomía desas comunidades estableceron a cooficialidade da lingua propia: o catalán en Catalunya, Illas Baleares e Valencia; o basco no País Vasco e o galego en Galiza; nestas comunidades vive arredor dom 40 % da poboación total do Estado. Amais disto, Navarra recoñece o vasco como lingua propia dunha parte do seu territorio. O Estatuto asturiano recomenda a protección do bable (que perde falantes e ámbitos de uso) pero sen outorgarlle a cooficialidade. O Estatuto aragonés fai referencia ás “peculiaridades lingüísticas de Aragón” por mor dos restos da vella lingua aragonesa (o aragonés está en franca regresión e só pervive a nivel coloquial en pequenas áreas da provincia de Huesca) e do catalán que se fala nunha franxa lindante con Catalunya. E o dialecto gascón-occitano empregado polos habitantes do Val de Aran, un val pirenaico de Lleida lindante con Francia. Logo, durante a década dos oitenta as comunidades con lingua propia aprobaron cadansúa Lei de Normalización Lingüística cuns propósitos semellantes: definir a cooficialidade como igualdade xurídica de linguas, afirmar o dereito dos cidadáns a usaren a lingua propia en todo tipo de actividades privadas ou públicas e desenvolver medidas para a promoción das súas linguas, sobre todo nos ámbitos da administración publica, ensino e medios de comunicación. Pero, malia estaren dotada as distintas comunidades dunha lexislación semellante, actores históricos e prácticas políticas dun maior ou menor compromiso determinaron situacións e logros distintas. 1-CATALÁN:Fálano uns sete millóns de persoas en Catalunya, Baleares, Valencia e zonas limítrofes. Tamén é de vello a lingua oficial de Andorra. Fóra do estado español fálase en Alguer, cidade da illa italiana de Sardeña, e na Cataluña norte, onde sofre a política hostil do estado francés. a)En Catalunya .... 2-BASCOS:Fálano máis de seiscentas mil persoas en Esuskadi, no norte de Navarra e no País Vasco francés. É lingua cooficial no País Vasco e en Navarra, pero non no País Vasco francés. En Euskadi..... 3-GALEGOS: 02/06/2005 03:33 Comentarios » Ir a formulario |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |