
|
Matar ou morrer Cando o Imperio dos Estados Unidos de Norteamérica decidiu invadir ó Iraque, iniciou un proceso de reclutamento que non debe pasar desapercibido.A pregunta que realizaron, se ben dun xeito indirecto, foi: “Prefires matar para nós ou seguir loitando contra un sistema adverso con oportunidades moi limitadas”... Un grupo de embaucadores foron percorrendo as zonas máis pobres de EEUU, para recoller a xente sen recursos económicos e indecisos, que aínda que non estivesen dacordo coa causa, sería probábel que se alistasen para sobrevivir. Asemade, visitaron campus universitarios e institutos co mesmo fin. O fin xustifica os medios: Un xeito de atar persoal militar. Se logo de estar no inferno, decides non volver pasar por el, debes cumprir unha pena de cárcere. Todo é valido para seguir saindo victorioso das guerras imperialistas. Cabe mencionar A chaqueta metalica grande filme do grande Standley, onde se reflexa o ambiente vivido nunha guerra. 12/04/2005 16:53 Comentarios » Ir a formulario
Os EEUU cando ían quedando sen efectivos en Iraq pensaron... Eh, e se agora collemos a todos aqueles rapaces xovenes que están en vilas onde chegou a nosa crise económica logo da era Reagan, e os alistamos para o exercito? Poñemos dous marines, en plan testemuñas de Gehová, e que recluten a tódolos rapaces que poidan. Aqueles que son víctimas do sistema, son o mesmo tempo, víctimas da guerra. Non van mandar a un rapaz que está estudando en Jale ou en Harvard a loitar contra a guerra, nin tampouco ó fillo dun congresista, xa que á guerra tan só foi un, dos 65 congresistas que hai. Aínda por riba, adiviñen cal é a raza maioritaria de soldados na marina, que se alistan porque non teñen outra opción... Si amigos, a verdade é moi dura... pero o problema é que o noso "goberno" non depende de nós mesmos, senón dos votos dos estadounidenses... Se houbo reelección, e que non hai outra cousa millor?
David noraboa polo blog, e que eu con isto envelenome... Veña un bico chaval! Fecha: 17/05/2005 01:27. |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |