
|
Frases célebres de George W. Bush. Estas son algunhas frases do presidente estadounidense, recollidas pola rede, espero que vos guste o artigo, e sobre todo que vos riades con él, porque a verdade non é para menos. Son unhas risas...Todas elas foron pronunciounas realmente por Bush, non é coña; así que non as pasar por alto: - "Marte está esencialmente na mesma órbita. Marte está mais ou menos á mesma distancia que o Sol, o que é moi importante. Temos fotos onde existen canais, pensamos, é auga. Se hai auga, iso significa que hai osíxeno. Se hai osíxeno, significa que podemos respirar (11/08/1994). - "Nós temos un firme compromiso coa OTAN. Nós formamos parte da OTAN. Nós temos un firme compromiso con Europa. Nós formamos parte de Europa". - "Se non temos éxito, corremos o risco de fracasar". - "A grande maioría das nosas importacións veñen de fora do país". - "Falei con Vicente Fox, o novo presidente de México, para ter petróleo que enviar a Estados Unidos. Así non dependeremos do petróleo estranxeiro" (10/03/2000). - "Desde entón é un orzamento: ten unha morea de cifras" (05/05/2000). - "Non sei se vou gañar ou non. Creo que si. Non sei se estou preparado para o posto. E se non o estou, que máis dá?" (21/08/2000). - "Sei que os seres humanos e os peixes poderán coexistir en paz" (29/09/2000). - "O gas natural é hemisférico. Gústame chamarlle hemisférico na natureza, porque é o producto que podemos atopar no veciñanza" (20/12/2000). - "Sei que en Washington hai moitas cobizas. É natural. Pero espero que os cobizosos se dean conta de que é mais fácil triunfar con un éxito que con un fracaso" (18/01/2001). - "Estou atento non só a preservar o poder executivo para min se non tamén para os meus predecesores" (29/01/2001). - "Estamos empeñados en traballar con ambas partes para levar o nivel de terror a un nivel aceptábel para ambas partes" (02/10/2001). - "A miña viaxe a Asia comeza en Xapón por unha razón importante. Comeza aquí porque desde fai século e medio América e Xapón formaron unha das maiores e máis duradeiras alianzas dos tempos modernos. Desta alianza saíu unha era de paz no Pacífico" (Tokio, 18/02/2002). - "¿Vostedes tamén teñen negros?" (ó presidente brasileiro Fernando Cardoso, Sao Paulo, 28/04/2002). - "Como saben, estes foros son abertos, poden vir e escoitar o que teño que dicir" (28/10/2003). - "Quen non está con nós, está contra nós" (09/2003). - "Teño unha misión que realizar e axeonllado pido ó bo Señor que me axude a cumprila con sabedoría" (26/04/2003, entrevista con The New York Times). - "Penso que a guerra é un lugar perigoso" (07/05/2003). - "Lembren simplemente que son os paxaros os que se supón que sofren, non o cazador" (22/01/2004). - "Mais de 3.000 sospeitosos terroristas foron arrestados en moitos países. E moitos outros tiveron un destino diferente. Digamos o deste modo: eles deixaron de ser un problema para os Estados Unidos" (05/05/2004). - "Son o tipo que fai a Historia" (29/08/2004)." Se vós apetece, e sodes sabedores de algunha outra frase celebre do actual presidente estadounidense, ou de algún acto curioso de seu, gustaríame que o comentarades. Un saúdo. 06/04/2005 02:15 Comentarios » Ir a formulario
La verdad es que no entiendo cómo no te había dejado un comentario antes, David. ¡¡Tienes un blog genial, tío!! Y este post... ¡¡que risas!! En fin, que no sé a ciencia cierta si es así, pero me parece que el sr. Bush dijo algo así como "Para que no haya incendios, vamos a talar todos los árboles". EnUn hombre con deficiencias, que se le va a hacer... Bueno niño, un besazo y sigue así!!
Fecha: 30/04/2005 00:20. |
dendemurosparaomundoOla benvidos ó meu "güevló", David Vázquez Fernández. Nel, tento tratar algúns temas de actualidade (e non), que son do meu interese. Espero que vos agraden, e que por favor, participedes coas vosas valiosas opinións e suxerencias.
Temas
ArchivosEnlacesO fútbolGalizaO galegoA políticaCuriosidadesMúsicaMichael MooreNunca Máis!Diarios de información nacionaisDiarios de información españoisEstudos sobre o galego
Diarios de información internacionaisSalvador AllendeChe GuevaraHAI QUE BOTALOSFlipa!!Pancho VillaOtros |